20/03/2012
Morris é o novo Pedigree do Festival de Cans
Antonio Duran
Morris foi distinguido pola organización do Festival de Cans co premio Pedigree'12. O galardón recoñece a súa traxectoria como "actor de cine, televisión e teatro" e destaca "o seu apoio constante aos novos realizadores de curtametraxes". Canda a el, na vindeira edición do festival que se celebrará o vindeiro mes de maio, outorgaránselles os chimpíns de prata ao xornalista e
presentador Gonzo e mais aos veciños Carme Fernández e Alberto Davila polo seu apoio ao festival..
Amplía a nova>>
13/03/2012
Xavier Villaverde estrea O sexo dos anxos
O Festival Internacional de Miami acollía o pasado día 4 de marzo a estrea mundial de
O sexo dos anxos, o novo filme de Xavier Villaverde. O proxecto, que chega da man de Continental Producións e de Stop Line, é unha comedia sobre un trío amoroso protagonizado por Astrid Bergès-Frisbey, Llorenç González e Álvaro Cervantes. O filme foi xa seleccionado para a sección oficial do vindeiro Festival de Cine Español de Málaga. Dentro da campaña de promoción, o director convida ao público a participar nun concurso creando o seu propio trailer da película a partir e 70 planos e 3 cancións da mesma..
Amplía a nova>>
12/03/2012
Perro Verde leva o premio á mellor produtora no Cartoon Movie
A empresa coruñesa Perro Verde Films impúxose nos premios do XIV Cartoon Movie de Lyon. O seu traballo co filme
Engurras valeulle á firma facerse co premio European Producer of the Year, un dos tres que se entregan anualmente no coñecido festival de animación de Lyon. A produción de Perro Verde foi tamén a encarga de abrir o evento o pasado día 7 de marzo. Os coruñeses competían coas firmas francesas Blue Spirit Animation e Moonscoop, e anunciaron que están a traballar nun novo filme de animación, tamén con Ignacio Ferreras de director..
Amplía a nova>>
06/03/2012
Matalobos encabeza os finalistas aos Premios Mestre Mateo
A Academia Galega do Audiovisual daba a coñecer esta mañá o candidatos aos Premios Mestre Mateo que recoñecen as mellores producións galegas de 2011. A serie
Matalobos, con 15 nominacións, encabeza a listaxe, seguida pola longametraxe
Doentes, que suma trece. A longametraxe de animación
Engurras opta a oito, seguinda de
Tralas luces, con 6, empatada co filme para televisión
Eduardo Barreiros, o Henry Ford galego. En total, concorreron aos premios un total de 132 obras, 85 produtoras e 385 profesionais, o que para a Academia verifica que "o talento en Galicia non está en crise", segundo afirmou Emma Lustres, da xunta directiva desta entidade..
Amplía a nova>>
06/03/2012
AGADIC abre Canle.tv con 120 títulos
A longamente agardada web Canle.tv, da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), botaba a andar hoxe. O espazo que substitúe a Flocos.tv, que pechara ai un ano, recolle producións cinematográficas galegas organizadas en seis categorías principais: ficción, animación, documental, experimental, videoclips e adiantos. O proxecto conta polo momento con 122 títulos, menos das metade dos 350 que ofertaba Flocos.tv no momento do seu feche. Segundo AGADIC, isto se debe a que foron estas producións ás únicas que os seus propietarios permitiron reproducir no marco deste proxecto..
Amplía a nova>>
05/03/2012
A Deputación de Lugo pon en marcha Cinemalugo.tv
A área de Cultura da Deputación de Lugo presentaba esta mañá Cinemalugo.tv. O web pretende facilitar "promoción e difusión do cinema galego" e para isto permite ver en rede obras que realizadas por creadores lugueses. O apoio aos novos valores e mais e a dixitalización de traballos do patrimonio audiovisual son outros dos obxectivos do proxecto. Polo momento, o web conta cos documentais
Un viaje por Galicia, Riquezas Lucenses e mais
Marcha de Xove de Carlos Varela. En ficción pode verse
O documento de Enrique R. Baixeras,
O labirinto Ario,
Vivindo en Lugo e mais
33.
Amplía a nova>>
02/03/2012
A Deputación de Ourense convoca dez bolsas para estadías en Angoulême
O Boletín Oficial da Provincia de Ourense recolle hoxe a convocatoria do concurso público para a concesión de dez bolsas para estadías formativas en Angoulême (Francia). As axudas están destinadas a profesionais da animación e da banda deseñada que poderán visitar durante catro días esta esta localidade, onde terán encontros con directivos do Polo de Imaxe Magelis, visitas a empresas e escolas de animación, así como á Maison des Auteurs e ao Museo da Banda Deseñada. .
Amplía a nova>>
28/02/2012
O Clúster audiovisual achégase ao mercado brasileiro
Desde mañá e ata o vindeiro 2 de marzo, as empresas galegas Continental Producciones, Ficción Producciones, Moonbite Games&Animation e Zoa Media participan no Rio Content Market. A iniciativa fai parte do programa de internacionalización do Clúster Audiovisual en colaboración do Instituto Galego de Promoción Económica. No evento, as empresas galegas explorarán as posibilidades de se introducir no mercado de Sudamérica e mais as tendencias no mesmo. Canda a isto, Mar Varela, xerente do Clúster, reunirase coa directora de Brazilian TV Producers, para explorar vías de colaboración entre ambas entidades e abrir canles de cooperación permanentes entre produtoras dos dous países..
Amplía a nova>>
22/02/2012
A débeda da CRTVG sitúase en 3,6 millóns
Alfonso Sánchez Izquierdo, director da CRTVG asegurou esta mañá no Parlamento que a compañía reduciu a súa débeda un 88% nos últimos tres anos, pasando de 88 a 3,6 millóns de euros en 2011. Segundo el, a compañía conseguiu o equilibrio orzamentario e está entre as televisións publicas europeas que menos custan por cidadán, con 35,9 euros ao ano. Malia a estas cifras. Sánchez Izquierdo sinalou que cómpre corrixir a porcentaxe do orzamento que se dedica a gastos de persoal, o 47,9 % do total, xa que considera que supón un "peso excesivo"..
Amplía a nova>>
20/02/2012
Os Bolechas estrean programa na TVG 2
Esta mesma mañá de luns de Entroido, os Bolechas, coñecidos personaxes infantís creados por Pepe Carreiro, dan o salto á televisión. A TVG emite, na súa segunda canle e no marco do Xabarín Club o primeiro programa protagonizado por esta familia, na que os irmáns collen forma mediante monicreques. Unha historia sobre o Entroido, karaoke, un espazo de aprendizado e mesmo unha pequena clase de inglés compoñen este espazo de media hora, que se emitirá ata o vindeiro mércores e que inicia esta nova etapa dos personaxes. canda ao programa, os Bolechas estrean web e perfil en Facebook..
Amplía a nova>>