Novas | 2011 a 2020 de 4220

<< Anterior Siguiente >>

26/04/2012
Comeza o VIII Festival Redondela en Curto

Cunha marca de participación de 545 filmes presentados, o VIII Festival Redondela en Curto comeza hoxe a súa andaina. En total serán 16 filmes os que se proxectarán no Multiusos de A Xunqueira, mais os oito filmes que farán parte da sección alternativa, que acolle a Disco Tasca. Entre outras novidades, o evento acollerá a estrea do filme 23 da galega Helena Villares Gallardo. Fronte á alta participación, a organización detectou un descenso acusado de filmes de animación e de producións galegas á hora de facer a selección.. Amplía a nova>>

24/04/2012
O IX Curtocircuíto terá a Rumanía como país convidado

Entre o 2 e o 11 de maio Compostela acolle a IX Edición de Curtocircuíto, o festival dedicado aos formatos máis breve do audiovisual. Desta volta, o evento conta con Rumanía como país convidado, que protagonizará unha mesa redonda e boa parte das proxeccións da sección pararela. A concurso, un total de 100 fitas, seleccionadas entre as 2.645 que se enviaron desde 91 países. Para alén de proxeccións, o evento acollerá actividades formativas e un ciclo de oito concertos.. Amplía a nova>>

23/04/2012
Os cineclubes incrementaron a súa actividade en 2011

A Federación de Cineclubes de Galicia celebrou esta fin de semana a súa asemblea anual e ofreceu algúns datos de balance de 2011. En primeiro lugar, a Federación acadou un convenio coa Axencia Galega de Industrias Culturais por 24.000 euros para proxectar "obras que son dificultosas de chegar á carteleira cinematográfica", segundo declarou o presidente da Federación, Manuel Precedo. A Federación actuará como central de compras para obter filmes deste tipo. Por outra banda, a Federación resaltou que no 2011 incrementáronse en 80 as proxeccións con respecto ao ano pasado e que o filme máis visto na rede de cineclubes foi 18 comidas de Jorge Coira. O cineclube que máis actividades programou en 2011 foi o Cineclube Pontevedra e o que tivo unha media de asistencia máis alta foi o Padre Feijóo de Ourense, con 330 persoas por sesión.. Amplía a nova>>

19/04/2012
As axudas á produción audiovisual manteñen a súa contía en 2012

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria de subvencións para producións ou coproducións audiovisuais en lingua galega. Un total de 2.900.000 euros distribuiranse entre os proxectos audiovisuais producidos ou coproducidos no noso país. A contía é a mesma que na convocatoria do pasado ano, e cubrirá a fondo perdido ata o 50% do investimento subvencionable de longametraxes, filmes para televisión, óperas primas ou longas documentais. . Amplía a nova>>

16/04/2012
A gala dos Premios Mestre Mateo 2011 terá a crise como eixe

A gala de entrega dos Premios Mestre Mateo correspondentes ao ano 2011 terá a crise como eixe temático. O evento, dirixido por Ángel de la Cruz e presentado por María Castro, desenvolverase o vindeiro 28 de abril no auditorio Gaivota de Palexco, na Coruña. No transcurso do mesmo, para alén dos premios nas diferentes categorías, a produtora Dolores Ben será galardoada co Premio de Honra Fernando Ben pola súa traxectoria como produtora. . Amplía a nova>>

13/04/2012
A III Mostra de Cinema Periférico contará con Michel Nyman

O vindeiro 30 de maio abre as súas portas na Ágora a 3ª Mostra de Cinema Periférico da Coruña(S8). O encontro comezará coa proxección do clásico O home da cámara de Dziga Vertov nun concerto no que Michel Nyman interpretará a banda sonora que el mesmo elaborou para este filme mudo. Canda a isto, a sección Observatorio contará coa presenza de directores de festivais de Canadá, Bélxica, Brasil, México, Portugal ou Arxentina que debaterán sobre os novos modelos de encontros arredor do cinema.. Amplía a nova>>

11/04/2012
Trece producións galegas compiten no Festival de Málaga

O XV Festival de Málaga, considerado unha das principais citas para o audiovisual a nivel estatal, conta este ano cunha masiva presenza galega. Nada menos de 17 producións, 13 a concurso e 4 en exhibición, poderán verse ao longo deste evento, que se desenvolve entre o 21 e o 28 de abril. Dos filmes participantes destaca a grande presenza da animación, con 7 producións do país entre as que se atopan as longametraxes, O Apóstolo e Holy Night, que se estrea neste evento. . Amplía a nova>>

10/04/2012
Sae á rúa o segundo DVD do programa Ben falado!

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentaba esta mañá o DVD que recolle unha escolma da segunda temporada do programa Ben falado!. No mesmo, poden verse 108 capítulos dos 230 que compoñen a segunda temporada deste microespazo da CRTVG centrado na nosa lingua e que presenta e dirixe Xesús Ferro. A obra poderá adquirise en diferentes establecementos comerciais do país e distribuirase en centros de ensino e institucións que estudan a nosa lingua. Todos os capítulos do programa están dispoñibles de xeito íntegro no web da CRTVG.. Amplía a nova>>

02/04/2012
Multiplícase a presenza de filmes galegos en festivais foráneos

O audiovisual galego está a lucir con forza en festivais foráneos estes días. O filme Crebinsky, por exemplo, vota para a casa do Festival Internacional de Cine de Boulogne-Billancourt, en Francia, co premio á mellor película (ex-aequo con Lou, de Belinda Chayko) e o de mellor director para Enrique Otero. Canda a eles, atopamos a vindeira participación de N-VI, de Pela del Álamo, no Festival de Málaga, e a do Vikingland de Xurxo Chirro na sección New Features do Bradford IFF (Gran Bretaña).. Amplía a nova>>

30/03/2012
O Gaiás acollerá un encontro galego-arxentino de industrias culturais

A Axencia Galega das Industrias Culturais asinou un convenio co Goberno Arxentino para promover a cooperación neste campo. No marco deste acordo, a Cidade da Cultura acollerá o vindeiro mes de xullo o PreMICA Europa, primeira edición no noso país deste evento das industrias culturais arxentinas. O proxecto comprenderá roldas de negocio, conferencias e exhibicións artísticas das dúas bandas do Atlántico. De xeito paralelo, representantes do sector galegos poderán participar o vindeiro ano no MICA (Mercado das Industrias Culturais) en Arxentina durante 2013. . Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org