Novas | 201 a 210 de 4079

<< Anterior Siguiente >>

26/05/2023
Vinte e tres proxectos documentais recibirán financiamento da Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar as subvencións do departamento de Patrimonio Documental e Bibliográfico para editar -en formato papel, audiovisual, mixto e ou especial- traballos en galego sobre diversos temas relacionados coa provincia de Pontevedra. Este exercicio os 90.000 euros dispostos chegarán a 20 entidades sen ánimo de lucro e permitirán a creación de oito audiovisuais, trece publicacións, un audiolibro e unha gravación que se detallan desde o ente provincial. As temáticas son moi variadas e inclúen a recuperación dunha escolma fotográfica, a edición de novos textos dramáticos, a publicación de investigacións etnográficas, patrimoniais, históricas ou sobre flora e fauna, xa sexa en formatos de papel como sonoros ou audiovisuais.. Amplía a nova>>

25/05/2023
A Deputación de Pontevedra reparte 150.000 euros aos festivais audiovisuais

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar as subvencións para o desenvolvemento dos oito festivais audiovisuais da marca provincial Rías Baixas Film Fest que se desenvolven entre abril e decembro nos concellos de Tui, O Porriño, Vigo, Bueu, Pontevedra e Vilagarcía. Trátanse de 150.000 euros en total que chegarán ao Play-Doc de Tui (que se celebrou xa entre o 26 de abril e o 1 de maio), que recibe 28.891 euros; para o Festival de Cans no Porriño, que rematou agora a súa vixésima edición e que conta cunha axuda de 26.118 euros; o Primavera do Cine en Vigo (que terá lugar do 5-10 setembro), que se beneficiará de 7.149 euros; o Fic Bueu (9-23 setembro), que recibirá 26.118 euros; o Galician Freaky Film Festival de Vigo (22 e 23 e do 27- 30 setembro), que contará con 10.068 euros; o Festival de Cine Inclusivo de Vigo (17-22 outubro), que terá 10.214 euros; o Curtas Festival do Imaxinario de Vilagarcía (27 outubro-5 novembro), que recibirá 18.968 euros e o Novos Cinemas de Pontevedra (12-17 decembro), que contará con 22.470 euros. A marca dos Rías Baixas Film Fest da Deputación crea unha identidade corporativa única e imaxe propia e distintiva para estes eventos que se celebran na provincia. A Deputación está a darlle visibilidade a Rías Baixas Film Fest en feiras e eventos culturais e turísticos autonómicos e nacionais e a traballar para aproveitar os fluxos de público entre festivais.. Amplía a nova>>

24/05/2023
O FICBueu bota a andar unha residencia creativa

Este 22 de maio o Festival Internacional de Curtas de Bueu e mais a Axencia Galega das Industrias Culturais presentaban a primeira edición da Residencia FICBueu. Esta iniciativa, que se desenvolverá entre os días 9 e o 15 de outubro na Illa de Ons, facilitará o desenvolvemento de curtametraxes mediante accións formativas e titorías para os proxectos seleccionados.. Amplía a nova>>

22/05/2023
Falece o mergullador e director da Semana de Cine Submarino José Luis González

A noticia do falecemento este sábado do mergullador e fotógrafo submarino José Luis González, tivo amplo eco nas páxinas de sucesos e locais do sur de Galicia. O que moitos non sabían era que este desgraciado feito tiña tamén un impacto na comunidade universitaria e cultural, xa que o finado era o director da Semana de Cine Submarino da Universidade de Vigo, unha das citas cos traballos audiovisuais relacionados cos fondos mariños máis consolidadas e de referencia internacional que vai poa súa 31 edición. Segundo comunica o DUVI, González faleceu nun tráxico accidente durante unha inmersión en augas de Moaña. Asturiano de nacemento, González era un experimentado fotógrafo subacuático, obtendo en 2002 o título de campión mundial. Como un dos principais impulsores da divulgación submarina, en 1985 puxo en marcha en 1985 a Semana do Cine Submarino de Vigo, organizada pola Vicerreitoría de Extensión Universitaria e o dende Club Subacuático Ría de Vigo. Durante as súas 31 edicións traballou por converter este festival nun foro de divulgación e debate co fin de preservar a vida mariña e nunha cita obrigada para os amantes do mar e do cine.. Amplía a nova>>

22/05/2023
Ángel Santos fai historia en Cans ao levar 4 galardóns

Mellor curtametraxe de Ficción, Mellor Dirección, Mellor Guión e Mellor Protagonista Feminina. A curtametraxe Alicia fai cousas do realizador marinense Ángel Santos facía este sábado 20 de maio historia no Festival de Cans ao obter catro galardóns do palmarés desta xeira, unha acumulación nunha vista na historia do festival. . Amplía a nova>>

15/05/2023
A Agapi presenta o seu estudo anual sobre o audiovisual galego

A Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi) publicou no seu web o estudo cualitativo 2022, Ano de cambios no audiovisual galego. Este informe anual presenta un resumo das tendencias do sector ao longo dos últimos doce meses desde a perspectiva destas empresas. A publicación conta co apoio do Concello de Santiago.. Amplía a nova>>

15/05/2023
O estonio Priit Tender álzase co premio do I Festival Imaxinaria

A primeira edición do Festival Imaxinaria fechaba as súas portas na Coruña este 14 de maio logo de cinco días de actividades. O evento dedicado á animación organizado por Afundación e coordinado polo recoñecido cineasta Alberto Vázquez deu a coñecer os seus galardóns na xornada final.. Amplía a nova>>

12/05/2023
Novos documentais exploran a figura de Francisco Fernández del Riego

Cando se achega o dezasete de maio, continúan a aparecer novas propostas audiovisuais que teñen como protagonista a Francisco Fernández Del Riego, homenaxeado neste Día da Letras. Deste xeito, a Secretaría Xeral de Política Lingüística daba a coñecer esta semana no seu web o documental Fernández del Riego. Letras Galegas 2023. Esta produción de 17 minutos parte dunha proposta de José A. Vázquez Taín narrada por Luís Iglesias e elaborado pola produtora Amarola.. Amplía a nova>>

11/05/2023
Urbano Lugrís protagoniza a imaxe da XIV (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico

Figuras claves do cinema de vangarda e experimental de moi diferentes xeracións atoparanse na Coruña entre os vindeiros 26 de maio e 4 de xuño no marco da XIV (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico. A organización deste encontro presentaba este 9 de maio a súa nova xeira, na que se proxectarán 180 filmes chegados dunha ducia de países. Cunha imaxe de Urbano Lugrís como bandeira, a S(8) reivindica o pintor coruñés considerado máximo expoñente do surrealismo no noso país.. Amplía a nova>>

08/05/2023
O programa Educa Audiovisual achegará as producións galegas a secundaria

Os centros de ensino de secundario galegos terán acceso a un catálogo de 14 títulos do audiovisual galego canda a unha serie de coloquios complementarios con profesionais do sector. A Axencia Galega das Industrias Culturais, en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais Independentes poñen en marcha o programa didáctico Educa Audiovisual para a difusión do audiovisual galego e en lingua galega entre o alumnado desde ciclo.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org