07/07/2025
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia celebra o seu 40 aniversario
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), asociación sindical que aglutina gran parte da profesión da interpretación e da dirección de escena, conmemorará este martes 8 de xullo o seu 40ª aniversario. Para celebrar a efeméride, a AAAG reunirá nun encontro aberto a tres das súas fundadoras: Rosa Álvarez, Luma Gómez e Gonzalo Uriarte. Este trío de intérpretes reflexionarán sobre a evolución do sector escénico e mais do sector audiovisual nunha mesa redonda que moderará a actriz Anabell Gago. O encontro, que será de acceso libre tanto para os membros da profesión escénica como para o público xeral até completar capacidade, terá lugar na galería da sede da SGAE en Santiago de Compostela (Rúa das Salvadas, 2A. Parque de Vista Alegre)..
Amplía a nova>>
07/07/2025
Curtocircuíto pecha con premios para Berio Molina e Frederico Lobo
O Festival Internacional de Cinema Curtocircuíto de Santiago de Compostela clausurou a súa vixésimo segunda edición coa entrega de premios dos xurados. A gala, conducida por Nuno Pico (Grande Amore, Oh Ayatollah) puxo fin a seis días de cinema, música, encontros e sesións especiais. O xurado outorgou o Premio Planeta GZ ao realizador Berio Molina, por 'Furada negra', mentres que a película ' Quando a terra foge', de Frederico Lobo, gañou o premio Cosmos á mellor película do certame; 'Pupa', de Antía Carreira gañou o Premio Supernova e o xurado novo premiou o filme Portales, de Elena Duque, que tamén levou o Premio Cosmos de película máis anovadora. O público elixiu o filme 'El cuento de una noche de verano', de María Herrera. .
Amplía a nova>>
02/07/2025
As axudas ao talento audiovisual chegan ao 10 por cento dos solicitantes
A Axencia galega de Industrias Culturais (Agadic) ven de facer pública a resolución da concesión de subvencións á creación audiovisual para a promoción do talento audiovisual galego convocada en xaneiro deste ano. Esta liña de axudas está dotada, ao igual que as dúas convocatorias anteriores, con 176.000 euros a repartir entre 2025 e 2026 e con tres modalidades: curtametraxes sobre proxecto; curtametraxes en construción (pendentes de traballos de postprodución); longametraxes. Nesta convocatoria presentáronse en total case 110 proxectos, resultando beneficiarios, tal e como constaba nas bases, 11 entre as tres modalidades. O que supón un alcance do 10 por cento dos solicitantes. .
Amplía a nova>>
30/06/2025
'Mexillonaria' acada o premio do Festival Cine do Mar
A segunda edición do Festival Cine do Mar de Marín, pechouse esta fin de semana co seu reparto de premios. O documental 'Mexillonaria', do realizador Pablo Chouza, acadou o premio Sardiña de Ouro do Xurado do festival. O premio do público, o Polbo de Ouro foi para a curtametraxe 'Chelito' do marinense Carlos prado Pampín. O Museo do Mar de Marín organiza este festival para promover a valoración do mar como ecosistema e a concienciación medioambiental, así como a dignificación dos oficios relacionados co mar e o recoñecemento das persoas vinculadas ao mar. No mesmo acto, tamén se entregaron os premios do primeiro Certame de Fotografía do Mar, que organizou tamén o Museo do Mar de Marín. O primeiro premio foi para a obra 'Tempo só no mar', de Daniel Riobó Vázquez. O segundo foi para 'Mexilla', de Ignacio Abella Diéguez, que tamén obtivo o terceiro posto con 'Atardecer nos Parques de Carril'..
Amplía a nova>>
19/06/2025
Celanova acolle o XXI Curso de Medios Audiovisuais
Co lema
Audiovisual galego. Traspasando fronteiras, a vila de Celanova acolle entre os días 23 e 27 de xuño o vixésimo primeiro Curso de Medios Audiovisuais. A veterana cita analizará a proxección exterior do sector galego da man de nomes destacados de diferentes ámbitos. A Fundación Carlos Casares e Universidade de Vigo organizan este encontro coa colaboración de Consellería de Cultura e da Deputación de Ourense..
Amplía a nova>>
18/06/2025
Curtocircuíto premia á cineasta francesa Lucile Hadzihalilovic
O Festival Curtocircuíto, que celebra a súa 22ª edición o vindeiro 1 de xullo, dará este ano un premio especial honorífico de recoñecemento á traxectoria. O Premio Especial Curtocircuíto Atlas, que inclúe unha dotación de 3.000 euros, será este ano para a realizadora francesa Lucile Hadzihalilovic (Lyon, 1961). O festival recoñece deste xeito a súa traxectoria e proxectará parte da súa obra ademais de levar a cabo un encontro entre a cineasta e o público que estará conducido pola xornalista cultural Elsa Fernández-Santos. .
Amplía a nova>>
16/06/2025
O director Tim Miller encabeza o cartel de Mundos Digitales
Mundos Digitales, o congreso internacional de animación, celebra na Coruña a súa nova edición entre os días 3 e 5 de xullo. Co director Tim Miller como figura máis destacada, a produción virtual preséntase como eixe central desta xeira, que se presentou precisamente no novo plató virtual Coruña Estudio Inmersivo na mañá deste 16 de xuño..
Amplía a nova>>
16/06/2025
A Xunta convoca as axudas para as rodaxes
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases da convocatoria para concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para a realización de rodaxes audiovisuais en Galicia. Esta liña de subvencións contan cun orzamento de 2.200.000 euros e están cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027. Este orzamento supón un aumento en 200.000 euros respecto ao anterior e as contías máxima a recibir por proxecto oscilan entre os 300.000 e os 350.000 euros. Estas subvencións destíñanse a producións, tanto de longametraxes coma series, que teñan como destino final principal a exhibición cinematográfica comercial ou a emisión en canles de televisión ou plataformas de servizos de vídeo baixo demanda con implantación xeográfica nacional e internacional.
Amplía a nova>>
12/06/2025
O OUFF estrea residencia audiovisual
Faíscas é o nome que a organización do Ourense Film Festival lle deu á súa primeira residencia audiovisual. Esta proposta, dirixida a persoas de menos de 30 anos, permitirá ás propostas seleccionadas desenvolver os seus proxectos de filmes, para o que disporán de 5 días de rodaxe e montaxe..
Amplía a nova>>
11/06/2025
Curtocircuíto tomará espazos e rúas de Santiago o vindeiro 1 de xullo
O Festival Internacional de Cinema Curtocircuíto, organizado polo Concello de Santiago de Compostela inaugurarase o vindeiro 1 de xullo coa estrea estatal do último traballo de Lois Patiño, Ariel. Será o comezo dunha vixésimo segunda edición reformateada do evento, que cambia en canto a datas e tamén na súa formulación espacial, combinando entre o 1 e o 6 de xullo a súa programación nas sedes habituais coa presenza no espazo público da capital galega. O festival ven de dar a coñecer moitas das claves da súa programación, desde a citada película de inauguración ata os filmes participante na sección Planeta GZ, dedicada ao cinema galego. Ademais tamén deu a coñecer os filmes dos creadores emerxentes participante na sección Supernova. A sesión especial Terra estará dedicada este ano ao cineasta e artista visual Adrián Canoura..
Amplía a nova>>