29/06/2012
Arquitectura dixital, animación e novas oportunidades na nova edición de Mundos Dixitais
O Centro Sociocultural Novacaixagalicia da Coruña acollerá entre o 4 e o 7 de xullo da XI edición do Festival Internacional de Animación, Efectos Especiais, Videoxogos e Arquitectura Dixital. Manuel Meijide, director do Festival, salientou que "dentro do programa desta undécima edición son salientables as numerosas presentacións, en primicia, das tecnoloxías máis innovadoras desenvolvidas en producións nacionais e internacionais". Material inédito de
Brancaneves e a lenda do cazador,
Prometheus, alumando o mundo dos aliens ou
Zombeer serán algunhas das producións das que se poderán ver primicias. .
Amplía a nova>>
25/06/2012
Igualdade e o Consello da Cultura colaboran para visibilizar a creación das mulleres
Conseguir unha maior visibilidade da presenza da muller na creación artística. Este é o obxectivo do acordo que asinaban esta mañá a secretaria Xeral da Igualdade, Susana López Abella e mais o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, na sede desta institución. O documento contempla a coordinación para celebrar a II edición, o vindeiro mes de novembro, do ciclo
Creadoras galegas de imaxe, que se celebrará en Ourense e Ferrol e amosará o traballo de dez cineastas..
Amplía a nova>>
21/06/2012
Unha campaña reclama a recuperación das Axudas ao Talento
A non convocatoria, este ano, das Axudas ao Talento que convocaba a Axencia Galega das Industrias Culturais no ámbito audiovisual, está a motivar protestas. Logo de publicar o pasado mes de marzo un manifesto asinado por 41 dos creadores que se beneficiaran en anos anteriores esta liña, algúns dos afectados convocaron para o vindeiro 28 de xuño unha xuntanzan en Compostela con vistas a coordinar accións. Os promotores reivindican a importancia destes apoio, que deron pé a traballos de grande proxección. Segundo recolle
Praza, AGADIC anunciou a súa intención de convocar a finais deste ano estas axudas, aínda que a situación de crise e a redución xeral de orzamentos para o sector fai que o xeito no que se realice a convocatoria sexa aínda incerto..
Amplía a nova>>
19/06/2012
Os filmes que nos retratan
O cinema etnográfico ten boa saúde en Galicia. Malia á crise que afecta o sector audiovisual e á relativa debilidade deste tipo de investigación no país, non son poucas as producións nas que os nosos creadores abordan esta temática. Á hora de as amosar ao público, téñeno máis difícil. A xa consolidada Mostra de Cinema Etnográfico que organiza o Museo do Pobo preséntase como a cita fundamental para se achegar a este xénero..
Amplía a nova>>
15/06/2012
O Concello de Ourense prevé a continuidade do OUFF
O Festival de Cine de Ourense (OUFF) terá continuidade. O Concello prevé iniciar os traballos para artellar unha nova edición sen o concurso da Deputación, segundo publica hoxe
La Región. A concelleira de cultura ourensá, Isabel Pérez, ten previsto manter hoxe unha xuntaza co presidente da Deputación, Manuel Baltar, para acordar o xeito no que se concreta a disolución do Consorcio, participado polas dúas entidades, que ata o de agora corría coa organización do evento..
Amplía a nova>>
13/06/2012
Retorno a Pacios
Un fotógrafo (Antonio López) que volta a Pacios, a súa aldea natal do Incio, logo de anos, para retratar os seus habitantes. Este é o eixe de
Pacios. As fotos da memoria, un documental que segue este proceso de traballo e reflexiona sobre a arte e a recuperación do pasado. Uns días intensos tanto a nivel de traballo como emocionalmente para López e mais para os veciños da aldea..
Amplía a nova>>
12/06/2012
Engurras leva premio no Festival de Annecy
Engurras o filme de animación producido por Perro Verde Films a partir da banda deseñada homónima de Paco Roca, acaba de levar o Premio Especial do Xurado no Festival de Annecy. É a primeira vez que un filme realizado en España, e por suposto, por unha produtora galega, resulta premiado neste evento, considerado a principal cita do mundo no cinema de animación. Perro Verde anunciou tamén que o propio Roca será o encargado de dirixir a vindeira adaptación de
Memorias de un hombre en pijama, outra obra súa. Canda a el, repetirá boa parte do equipo de realizou
Engurras.
Amplía a nova>>
12/06/2012
Drácula na Coruña
Drácula. Un monstro sen reflexo. Cen anos sen Bram Stoker (1847-1912) é o título da mostra que presenta, ata o vindeiro 7 de outubro a Fundación Seoane na Coruña. O proxecto aproveita o centenario de Bram Stoker para analizar a pegada do seu máis célebre personaxe na cultura popular. Carteis de filmes, fotografías e obras de arte combínanse nun proxecto no que tamén se proxectan películas e se inclúen concertos. Ademais, da man da Universidade Internacional Menéndez Pelayo, un encontro de dous días indagará a fondo sobre a figura do personaxe e mais do seu autor..
Amplía a nova>>
12/06/2012
Cen anos de cinema nos ollos de adolescentes
Armar os rapaces e rapazas con cámaras e lanzalos a filmar o mundo. Este é o xeito no que Manuel González, profesor no IES Concepción Arenal de Ferrol, lles explicou Cultura Audiovisual aos seus alumnos este último curso. Preto de 180 filmacións que se poden contemplar nunha canle de Yotube e que nos permite seguir a historia do cinema, nos ollos de adolescentes galegos. Achegámosche unha mostra destes traballos..
Amplía a nova>>
06/06/2012
O Museo do Pobo acolle a VII Mostra de Cinema Etnográfico
Un ano máis, o Museo do Pobo acolle unha selección de traballos de cinema vencellados á etnografía. Entre outras obras, poderá coñecerse o traballo de Jean Rouch ou o palmarés do Festival Internacional de Documental Etnográfico de Sobrarbe (Huesca). As proxeccións desenvólvense entre o 11 e o 19 deste mes na sede do Museo..
Amplía a nova>>