Novas | 1731 a 1740 de 4285

<< Anterior Siguiente >>

08/10/2013
Avelino González: “A realidade deunos co público na cara e temos que ir a por el”

Avelino González (Vigo, 1962), un profesional de ampla experiencia no cine, TV e teatro, é o novo presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia, en substitución de Toño Casais. Nesta entrevista, González revela os seus retos ao cargo desta relevante asociación e reivindica a necesidade de imaxinar novos camiños e formas para a profesión de actor ou de actriz.. Amplía a nova>>

07/10/2013
Once empresas galegas participan no MIPCOM de Cannes

A vila francesa de Cannes acolle desde hoxe e ao longo de toda a semana unha nova edición do MIPCOM, un dos principais mercados do mundo de produtos audiovisuais para a televisión. No encontro participan once empresas galegas nunha delegación comercial coa que colaboran a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e mais o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE). Galicia está presente cun espazo no pavillón Audiovisual from Spain e mais co catálogo Films from Galicia, do que a Consellaría de Cultura Acaba de publicar unha nova edición que recolle 68 producións rematadas ou en fase de desenvolvemento.. Amplía a nova>>

01/10/2013
Pedro Olea leva o premio do OUFF

O premio Cidade de Ourense, que entrega o Festival Internacional de Cine de Ourense (OUFF), irá nesta dezaoito edición a Pedro Olea. A organización recoñece así o traballo do director e o seu vencello con Galicia e con Ourense, onde rodou varios filmes. O evento recibiu xa 214 filmes (dos cales 134 son longametraxes) de 44 países para esta edición. Comeza agora a fase de selección daqueles que optarán a algún dos dez premios Calpurnia. O festival transcorrerá entre o 18 e o 24 de novembro. . Amplía a nova>>

30/09/2013
Amal celebrarase entre o 21 e o 25 de outubro

Tal e como anunciaran os organizadores, o festival euroárabe Amal muda o seu formato este ano pola falta de apoios institucionais. Así, será o hotel Araguaney de Compostela o espazo que acolla entre o 21 e o 25 de outubro as proxeccións deste evento no canto do Teatro Principal da cidade. Ademais, o programa tamén sofre variacións e pasará a ser unha escolma de filmes premiados ao longo dos dez anos do evento, canda a cinco producións novas. Mantense, no entanto o certame de curtametraxes Amal Express, para o que xa abriu o prazo de inscricións.. Amplía a nova>>

23/09/2013
Unha galega opta ao premio de Novos Directores en San Sebastián

O Festival Internacional de Cine de San Sebastián, que abría esta fin de semana as súas portas, conta cunha produción galega a concurso. El árbol magnético, o debut na longametraxe de Isabel Ayguasvives compite na seccion Novos Directores deste evento. A cinta, cofinanciada por AGADIC e ambientada en Chile, conta con banda sonora do vigués Nico Casal, e poderá verse o vindeiro día 26 no festival. . Amplía a nova>>

19/09/2013
Nace unha nova webserie desde Narón

O vídeo-diario de dúas turistas extraterrestes que viaxan ao noso planeta de vacacións. Esta é a proposta de Jolidais, vacaciones en la Tierra, a webserie que se acaba de presentar e que comezará as súas emisións semanais o vindeiro domingo 22 ás 20 horas desde Narón. O proxecto prevé lanzar un capítulo semanal das andanzas destas dúas alieníxenas que escolleron os nomes de Madonna e Yoko Ono para non chamar a atención. Con guión e dirección de José Prieto, a serie está protagonizada por Celia González e Paula Morado.. Amplía a nova>>

18/09/2013
A Coruña inaugura encontros de fotografía e de cinema

A Coruña renova a súa oferta cultural. Dous ciclos, un dedicado ao cinema e outro centrado na fotografía, celebraranse na Cidade Herculina este outono. Coruñafilm, que se presentaba onte, achegará unha vintena de actividades entre os días 4 e 6 de outubro, incluíndo encontros profesionais, obradoiros, debates ou rodaxes exprés. Jaime Chávarri, Santiago Tabernero ou Jorge Coira participarán nos encontros con directores mentres Isaki Lacuesta correrá coa realización dunha rodaxe en 36 horas. Canda a isto, representantes de diferentes ámbitos do cinema estatal debaterán sobre a situación e problemática deste medio en distintos debates e mesas redondas. . Amplía a nova>>

17/09/2013
O Teatro Colón acolle unha nova homenaxe a Manuel María

A coincidir co aniversario do falecemento do poeta a Fundación Manuel María celebra o vindeiro xoves no Teatro Colón a oitava edición de Lúas de Outono. A homenaxe anual ao autor chairego contará nesta ocasión coa presenza de Pilocha e María Manuela e mais de Uxia a cargo da música. Tamén actuará o mago Martín Camiña e presentaranse o audiovisual Andei todos os camiños e mais o DVD Danza do poema emocionado de Pixel Films. Xurxo Souto actuará como mestre de ceremonias no evento, que será de entrada libre. . Amplía a nova>>

16/09/2013
AGADIC convoca as axudas de produción e desenvolvemento

O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe a convocatoria de cadansúa liña de axudas para a produción e o desenvolvemento de proxectos audiovisuais en lingua galega. No caso das primeiras, distribuiranse 950.000 euros para longametraxes e 150.000 para documentais, o que supón unha reducion de case dous millóns de euros fronte ao pasado ano, cando se distribuíran 2.900.000 euros nesta liña de apoios. Estas subvencións distribuiranse en tres anos, a razón de 150.000 para 2013, 380.000 para 2014 e 570.000 para 2015. Pola súa banda o desenvolvemento de proxectos, que non se convocara en 2012, contará desta volta cunha contía total de 150.000 euros, dos que 50.000 corresponden a 2013 e 100.000 a 2014.. Amplía a nova>>

13/09/2013
A Coruña acolle unha nova edición Freakmacine

O MAC, o CGAI, a fundación Seoane e os os cines Filmax da Coruña acollen, ao longo da vindeira semana a terceira edición de Freakmacine. O festival de cinema fantástico repasará a produción recente do xénero e prestaralle atención á producións clásicas españolas, ademais de dedicar un ciclo á animación xaponesa. Jess Franco, Toñito Blanco ou Rodrigo Cortés estarán presentes o evento, que contará coa presenza de Javi Camino, César Strawberry, Diego López ou Carlos Aguilar entre outros. Como é habitual, o programa inclúe a celebración dunha zombie walk na cidade. . Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org