10/12/2015
Nace o web Novo Cinema Galego
Acaba de saír ao público Novo Cinema Galego, un web que quere compilar producións audiovisuais que se afastan dos criterios comerciais e apoiar a investigación desta tendencia creativa. Segundo anuncia, a páxina "ten a prioridade de servir como base de datos e punto de encontro na rede de todas aquelas maneiras de entender o cinema de xeito diferente ao tradicionalmente establecido. Este arquivo pretende dar conta de cineastas e creacións fílmicas incardinadas na Galiza, que teñen como denominador común a disidencia cos procesos institucionalizados do cinema". Ademais de artigos e documentación, no web poden atoparse fichas de máis de cen filmes que se adscriben a este movemento. O proxecto está promovido por Álex Bragaña, Xurxo González, Beli Martínez, Alberte Pagán e Bárbara Primo aínda que se declara aberto a colaboracións.
.
Amplía a nova>>
09/12/2015
Vigo acolle a segunda edición do festival Con Secuencias
Naceu como unha evolución de Secuencia Cero e agora chega á súa segunda edición. O Festival Con Secuencias ocupa entre o 10 e o 12 de decembro o Auditorio Municipal de Vigo para amosar algunhas das últimas novidades no campo das curtametraxes, os documentais e a animación do panorama estatal. En total serán trinta filmes, cun máximo de 20 minutos de duración, os que fan parte do programa. Ademais, o auditorio acollerá tamén unha videoinstalación do artista Julio J. Jiménez e na noite do día 12 entregaranse os premios Nécora..
Amplía a nova>>
04/12/2015
Trinta persoas participan no wikimaratón do audiovisual galego
A Wikipedia é o principal repositorio de contidos do mundo, e o máis visto. Por iso mesmo, trinta persoas fixeron medrar onte o número de entradas sobre o sector audiovisual galego na wikimaratón organizada pola Galipedia e a Academia Galega do Audiovisual na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo, en Pontevedra. No traballo práctico, actualizáronse algunhas entradas e iniciáronse outras novas con nomes relacionados co sector audiovisual en Galicia.
.
Amplía a nova>>
02/12/2015
O documental galego Frankenstein-04155 gañou o público de Cineuropa
Compostela fechaba o pasado domingo 29 as portas de Cineuropa. Feito reconto, o festival deu a coñecer os seus premios. Desta volta foi un filme galego, o documental
Frankenstein-04155, dirixido por Aitor Peña e producido por Boneca Lareta, quen levou o Premio do Público. As votacións que realizaron os asistentes outorgáronlle ao filme unha nota de 9,53 sobre dez entre as máis de 300 películas que se puideron ver no festival. Na sección oficial foi a comedia francesa
Le Nouveau quen levou o premio, mentres na sección panorama internacional a máis valorada polos asistentes foi
El botón de Nácar, cun 8,35..
Amplía a nova>>
25/11/2015
Cinemas de Galicia amplíase a dez concellos
O programa
Cinemas de Galicia, que da man da Axencia Galega das Industrias Culturais leva proxeccións audiovisuais a concellos sen salas de cinema, medra na súa terceira edición.
Allariz, Celanova, Cedeira, O Grove e Cariño incorporaranse a esta rede destinada, na que repiten os concellos do Carballiño, As Pontes, Foz, Ortigueira e Redondela. Descólganse da proposta, no entanto Sanxenxo e Verín, que estiveran presentes en anteriores edicións. Segundo anunciou esta mesma semana a AGADIC, a iniciativa contará cun novo catálogo de películas "cunha presenza destacada do cinema galego xunto a producións españolas e europeas avaladas pola crítica e por importantes premios e festivais"..
Amplía a nova>>
23/11/2015
El comienzo del tiempo é o grande triunfador no OUFF
Premio Carlos Velo ao mellor director, premio do público e premio especial do xurado para o actor protagonista. A película
El comienzo del tiempo dirixida por Bernardo Arellano converteuse na grande triunfadora do XX Festival Internacional de Cinema de Ourense que entregaba o pasado sábado os seus galardóns. Faltoulle a Calpurnia á mellor película, que obtivo
Techo y Comida, de Juan Miguel del Castillo. Canda a ela, o xurado valorou como mellor interpretación a de Marta Belaustegui en
La decisión de Julia e como mellor guión o de Pablo Bardauil para
La vida después. O xurado tamén lle outorgou unha mención especial a Hannah Murray por
Bridgend..
Amplía a nova>>
18/11/2015
Preséntase o catálogo Films from Galicia 2016
A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) daba a coñecer onte, no marco do Festival Internacional de Cinema de Ourense, a edición deste ano do catálogo
Films from Galicia. O volume que representará o noso audiovisual en diferentes feiras e eventos internacionais recolle nesta nova xeira un total de 57 producións divididas nas seccións
Pics para longametraxes de ficción,
Toons (animación),
Docs para os documentais e
TV a recoller todo tipo de produtos televisivos. En total son 19 longametraxes, sete propostas de animación, 19 documentais e 12 títulos para a TV os que se poden atopar no catálogo, dispoñible en liña. .
Amplía a nova>>
09/11/2015
Dez películas competirán na sección oficial do Festival de Cine de Ourense
Unha das grandes citas do audiovisual galego é o Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF), que se celebrará na cidade das Burgas entre o 14 e o 22 de novembro. Xa se coñece a programación e a dez películas que competirán na sección oficial. Son
La vida después (Arxentina),
Bridgend (Dinamarca),
The Sinking of Sozopol (Bulgaria),
Dark Horse (Reino Unido),
La novia (España/Alemaña),
Bambanti (Filipinas),
El comienzo del tiempo (México),
La decisión de Julia (España),
Techo y comida (España) e
Killing Time (Francia/Bélxica). Por primeira vez, dous documentais participan canda as cintas de ficción:
Dark Horse e
Killing time. Ademáis, o festival concederá ao director Enrique Urbizu o seu premio de honra. .
Amplía a nova>>
04/11/2015
Xa dispoñible o programa de Cineuropa 2015
Xa podes consultar no web de Cineuropa a programación de 2015, aínda que mañá será presentada a explicada por José Luis Losa en rolda de prensa, co alcalde Martiño Noriega. O programa do festival abrirase co filme Le Nouveau, unha comedia vital sobre a preadolescencia que lle valeu ao seu director, Rudi Rosenberg, o Premio Novos Realizadores do Festival de Cinema de San Sebastián. Cineuropa celébrase nesta 29ª edición do 6 ao 29 de novembro en cinco salas da cidade: Teatro Principal, Salón Teatro, CGAC, Sede Afundación e Auditorio de Galicia.
Amplía a nova>>
03/11/2015
Ourense acolle I Encontro de Coprodución Audiovisual Portugal-Galicia
O vindeiro mércores 4 péchase o prazo para as compañías que queren solicitar participar I Encontro de Coprodución Audiovisual Portugal-Galicia, amparado polo Instituto do Cinema e do Audiovisual de Portugal (ICA) e da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). O I Encontro de Coprodución Audiovisual Portugal-Galicia terá lugar o venres 20 de novembro, a partir das 10.00 horas, no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense. As produtoras que acudan con proxectos en fase de desenvolvemento terán a oportunidade de facer unha presentación pública na sesión de 'pitching' coa que arrancará o evento. A continuación, darán comezo as roldas de reunións bilaterais entre compañías galegas e portuguesas, previamente concertadas pola organización..
Amplía a nova>>