El comienzo del tiempo é o grande triunfador no OUFF

O filme levou tres dos galardóns do festival de cinema ourensán

Premio Carlos Velo ao mellor director, premio do público e premio especial do xurado para o actor protagonista. A película El comienzo del tiempo dirixida por Bernardo Arellano converteuse na grande triunfadora do XX Festival Internacional de Cinema de Ourense que entregaba o pasado sábado os seus galardóns. Faltoulle a Calpurnia á mellor película, que obtivo Techo y Comida, de Juan Miguel del Castillo. Canda a ela, o xurado valorou como mellor interpretación a de Marta Belaustegui en La decisión de Julia e como mellor guión o de Pablo Bardauil para La vida después. O xurado tamén lle outorgou unha mención especial a Hannah Murray por Bridgend.