05/05/2015
Cans completa o seu programa con José Luís Cuerda
Os responsables do XII Festival de Cans, que se celebrará entre os vindeiros 20 e 23 de maio, presentaban esta mañá o programa desta edición. Ao xa anunciado premio Pedrigree a Javier Gutiérrez, o evento audiovisual do Porriño incorpora ao seu cartel o cineasta José Luís Cuerda, que protagonizará un coloquio e verá o seu nome incorporado ao Torreiro das Estrelas. Ademais, o festival crea un novo espazo de homenaxe, o Muro dos Chimpíns, no que se recollerán os Premios Pepe Puime, que este ano foi para o veciño Juan Rivas.
.
Amplía a nova>>
30/04/2015
Gonzalo Veloso presenta o documental Contextualizando a Filgueira Valverde
A poucos días de celebrar o Día das Letras Galegas Gonzalo Veloso presenta no web da Consellería de Cultura o documental online
Contextualizando a Filgueira Valverde, un traballo divulgativo sobre a figura de Filgueira Valverde, realizado a partir de material de arquivo e conversas entre amigos, familiares, especialistas e investigadores.
.
Amplía a nova>>
28/04/2015
O filme de produción galega A Cambio de Nada triunfa no festival de Málaga
A cambio de nada, o filme dirixido por Daniel Guzmán e coproducido pola produtora galega Zircozine, propiedade de Luis Tosar e Farruco Castromán, canda La Competencia e El Niño Producciones, acaba de obter tres premios no festival de cine de Málaga: mellor película, mellor director e mellor actor secundario para Antonio Bachiller, canda o premio especial da crítica. O filme convírtese así na gran triunfadora deste prestixioso festival e chegará a todos os cines o próximo 8 de maio. .
Amplía a nova>>
20/04/2015
Fracasados por el Mundo imponse no Carballo Interplay
O xurado do Carballo Interplay, o festival de contidos dixitais que se celebrou esta fin de semana, acordou premiar
Fracasados por el Mundo como mellor webserie de imaxe real e outorgar unha mención especial a
La caída de Apolo, que tamén viu premiada a súa protagonista, Carla Pueyo, como mellor actriz.
Comaland no apartado da animación,
Future Duck na categoría internacional e Oriol Vila no premio ao mellor actor, foron tamén recoñecidos. A nivel galego,
Fame fíxose co galardón a mellor webserie V.O. Galicia mentres o público escolleu
Clases de lo social como a súa predilecta.
MELLOR WEBSERIE PREMIO DO PÚBLICO “Clases de lo social”.
Amplía a nova>>
16/04/2015
O Play-Doc proxectará sete filmes galegos
Os responsables do festival internacional de documentais de Tui, Play-Doc, presentaban esta mañá o programa da XI edición, que se celebrará entre o 22 e o 26 de abril. Para alén dos sete títulos que competirán na sección oficial, xa anunciados, o evento acollerlá a proxección doutras tantas producións galegas. Traballos de Xacio Baño, Marcos Nine, Eloy Domínguez, Xisela Franco, Álvaro Fernández-Pulpeiro e Miguel Mariño exhibiranse no festival..
Amplía a nova>>
13/04/2015
Os Fenómenos triunfa nos Premios Mestre Mateo
Os Fenómenos, cun total de 4 premios, triunfa na XIII Edición dos Premios Mestre Mateo, uns galardóns que recoñecen as mellores producións do audiovisual galego e premian o traballo dos profesionais máis destacados do sector. Un total de 111 obras que se estrearon en 2014 optaron a estes galardóns, das que once son longametraxes, con tres de animación, dezasete documentais, cinco series, sete series web, vinte programas de televisión, dezaoito curtametraxes, dezaseis anuncios publicitarios e dezasete videoclips.
.
Amplía a nova>>
13/04/2015
Once empresas galegas participan no MIPTV de Cannes
A presenza galega no MIPTV de Cannes, considerado o principal mercado de produtos televisivos de Europa, medra este ano. Se nas últimas edicións era un máximo de oito as produtoras do país presentes no evento, nesta xeira cóntanse once firmas galegas nesta feira. Areca Films, Bambú Producciones, Ficción Producións, Filmanova, Frida Films, Intuitive Productions, Maruxiña Films, Portocabo, Somadrome, Voz Audiovisual e Zenit Televisión representan o noso audiovisual no mercado baixo a marca Films from Galicia dentro do pavillón español..
Amplía a nova>>
09/04/2015
Dosier: Patrimonio audiovisual
Unha colección de filmes caseiros realizados nos anos 30 polo fotógrafo da Guarda Joaquín García Portela. Este é o legado que recentemente chegou ás mans do Proxecto Socheo, que recupera o patrimonio audiovisual do Baixo Miño, da man das netas do fotógrafo. Entre as imaxes atópanse filmacións de festas populares, traballos do campo e do mar e mais escenas familiares. Agora, os responsables de Socheo solicitan apoio para conseguir a dixitalización e conservación deste material. .
Amplía a nova>>
08/04/2015
AGADIC convoca as axudas ao talento audiovisual
Trece proxectos repartirán os 145.000 euros das subvencións para a promoción do talento audiovisual galego. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria da Axencia Galega das Industrias Culturais, que mantén a contía do pasado ano. As subvencións distribuiranse entre as dirixidas á escrita de cinco guións (25.000 euros), a produción de cinco curtametraxes (30.000 euros) e a realización de tres longametraxes por directores noveis (90.000 euros). Como novidade, e a atender propostas do sector, poderán presentarse á convocatoria creadores que xa recibisen a axuda o pasado ano. Os interesados teñen ata o oito de maio para presentar a súa solicitude..
Amplía a nova>>
27/03/2015
Seis eventos audiovisuais repartirán as axudas de AGADIC
O Play-Doc de Tui é o evento audiovisual que recibirá este ano máis apoio das axudas da Axencia Galega das Industrias Culturais para festivais deste tipo. En total, o encontro de documentais contará con 23.820 euros dos 90.000 que a AGADIC destina a estes fins. O Festival de Cans, con 22.196, é a segunda cita que recibe maior apoio, mentres S8, a Mostra de Cinema Periférico da Coruña, recibirá 18.542 euros desta liña de axudas. O veterano Cineuropa, de Compostela, con 17.463 euros, o Freakmacine da Coruña (4.925) e mais as Xociviga do Carballiño (3.052) son os outros eventos beneficiados por esta liña de axudas..
Amplía a nova>>