Novas | 151 a 160 de 4138

<< Anterior Siguiente >>

07/12/2023
Vinte e un proxectos audiovisuais acadan axudas á preprodución

A Axencia Galega de Industrias Culturais da Xunta de Galicia acaba de facer pública a resolución de concesión das axudas ao sector audiovisual galego para o desenvolvemento de novos proxectos de cinema e televisión que se atopan na súa fase de preprodución. Tras unha ampliación o orzamento efectuada esta mesma semana, o goberno galego en colaboración co Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA) que aportou os fondos finalistas do Estado, pasou de dedicar 300.000 euros a esta liña de apoios a chegar ata o 500.000. Esta ampliación permitiu que as axudas cheguen a 21 proxectos de 20 empresas adxudicatarias, que destinarán estas subvencións a financiar diferentes traballos previos encamiñados a preparar a futura produción e rodaxe destes títulos. A pesares do aumento do orzamento quedaron fora por esgotamento de crédito ata 34 proxectos audiovisuais, que pasan á lista de garda segundo a orde de puntuación asignada no proceso competitivo.. Amplía a nova>>

07/12/2023
'O home e o can' acada o premio do CityBlue Film Festival de Vigo

A sétima edición do CityBlue Films Festival de Vigo ven de facer público o palmarés completo unha vez finalizada o pasado día 2. 'O home o can' (2023) de Ángel de la Cruz e protagonizado por Manuel Manquiña acadou o Premio do xurado á mellor longametraxe da sección oficial internacional do festival, deste xeito o realizador sae dobremente galardoado do festival tras recibir tamén o Premio Honorífico, dado a coñece4r ao inicio da cita. O premio inclúe a distribución internacional por 1 ano a cargo de CityBlue Films, a empresa viguesa distribuidora audiovisual organizadora do encontro. No relativo aos premios ás producións galegas, o documental "Tralos pasos de María Casares", asinado por Isabel Blanco e Sabela Hermida levou o galardón a Mellor Longametraxe Galicia; o premio á mellor curtametraxe galega foi para . "Morte e meu Avó", un traballo tamén documental dirixido por Gon Caride.. Amplía a nova>>

04/12/2023
Culturgal remonta a cifra de visitantes

A Feira das Culturas Galegas Culturgal fechou onte a súa décima sexta edición e hoxe presentou as súas cifras de asistencia e primeiras conclusións. Segundo a organización este ao foron máis de 10.000 as persoas que visitaron o recinto de Culturgal durante os tres días de duración do evento. Con estes datos a feira amosa unha recuperación respecto ao ano pasado, que foron de sete mil asistentes, pero aínda non volve aos números pre-pandémicos nos que a cita atraía arredor de 14.000 visitantes cada ano de xeito estable. . Amplía a nova>>

30/11/2023
Matria e O Corno presentes na carreira final aos Goya

O actor lucense Luis Tosar, xunto coa actriz Anna Castillo, foron os encargados de dar a coñecer hoxe aos nomeados desta 38ª edición dos Premios Goya do cine español, entre eles o audiovisual galego foi quen de poñer este ano algúns nomes que agora optan levar os galardóns en varias categorías. Destacan os dous nomeamentosdo filme 'Matria', un para o realizador Álvaro Gago na categoría de Mellor Dirección Novel e outro para María Vázquez, que grazas á súa interpretación entre na lista de nomeadas a Mellor Actriz do cine español este ano. Tamén no traballo de interpretación esta lista deixa un recoñecemento ao inclúir na lista de nomeadas a Mellor Actriz Revelación a Janet Novás, debutante no filme 'O Corno' como protagonista. A presenza galega entre os nomeamentos inclúe tamén ao músico Xoel López pola canción orixinal 'Eco' para a película 'Amigos hasta la muerte', do grovense Javier Veiga. Finalmente no apartado de Mellor Película de Animación, aparece entre os nomeados o filme 'El sueño de la sultana', unha produción na que participa a empresa galega Abano Producións, que tamén es´ta detrás da curtametraxe de animación 'To bir or not to bird', nomeada na súa categoría. Os galardóns entregaranse o vindeiro 10 de febreiro de 2024 en Valladolid.. Amplía a nova>>

28/11/2023
Premio para a webserie 'A arte de ser (mal) pai' no festival internacional Serializados

O Festival Internacional de Series [Serializados] celebrado en Barcelona, Madrid e a través da plataforma Filmín, ven de premiar á webserie "A arte de ser (mal) pai", dirixida por Jorge Boquete para Miraveo co galardón do xurado DAMA ao "Mellor episodio piloto", de xeito ex aequo coa produción 'Trippieconte', de Santa Penya. A webserie de Jorge Boquete, gravada integramente en galego suma este recoñecemento aos acadados na pasada edición do Carballo Interplay, onde resultou a elixida polo público do Carballo Interplay e tamén recibiu o recoñecemento do xurado que a distinguiu como mellor serie en galego, de xeito ex-aequo tamén nesa ocasión con Pringadas. 'A arte de ser (mal) pai' narra os tres últimos días que pasa un home coa súa filla de 10 anos antes de separarse para sempre, ofrecendo unha perspectiva conmovedora sobre os desafíos da paternidade e a complexidade da adolescencia no mundo actual. Westá protagonizada por Xosé Manuel Esperante e Jacoba de Llano. . Amplía a nova>>

28/11/2023
AUGAL volverá levar o audiovisual galego ás aulas da Universidade

Hoxe dá comezo na Facultade de Comunicación do Campus A Xunqueira (Pontevedra) a ´decima terceira edición de AUGAL, Máster Class do Audiovisual Galego. Esta actividade promovida pola facultade, co patrocinio da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) está dirixida tanto a estudantes como a profesionais do sector audiovisual e aberta ao público en xeral. As oito sesións que compoñen o programa desta edición de Augal, desenvolveranse entre este martes 28 de novembro e marzo de 2024, combinando a proxección dos filmes cun coloquio coas persoas responsables da súa dirección ou produción. Arranca hoxe martes, coa proxección de 'O Corpo Aberto', de Ángeles Huerta, presentada polo seu produtor, Gaspar Broullón. . Amplía a nova>>

27/11/2023
Cineuropa pecha a 37ª edición repartindo galardóns

A trixésimo sétima edición do Festival Internacional de Cinema Cineuropa, de Santiago, baixou o pano este sábado nunha cerimonia de clausura na que se deron a coñecer os ditames do Xurado Oficial e o Xurado Novo do certame sobre os mellores traballos proxectados nas seccións competitivas así como o premio do público ao mellor filme. 'Riddle of fire', primeira longametraxe do estadounidense Weston Razooli, foi distinguido co premio á mellor película, mentres que 'Inside the Yellow Cocoon Shell' (Bên trong vỏ kén vàng) lle valeu ao cineasta vietnamita Phạm Thiên Ân o recoñecemento como mellor director. No seu ditame, o xurado premiou ademais a grega Sofía Exarchou polo guión de Animal (película da que tamén é directora) e as interpretacións do actor alemán Jan Bülow, en 'A teoría universal' (Die Theorie von Allem), de Timm Kröger, e da actriz británica Mia McKenna-Bruce no filme 'How to have sex', de Molly Manning Walker.. Amplía a nova>>

24/11/2023
Ángel de la Cruz premio honorífico do 7º CityBlue Film Festival de Vigo

O vindeiro luns dá comezo en Vigo a 7ª edición do CityBlue Film Festival, un evento audiovisual organizado pola empresa distribuidora City Blue que ofrece un espazo de encontro entre público, creadores e profesionais da industria cinematográfica. O festival, que ten carácter internacional, proxectará ata o vindeiro día 2 de decembro 5 longametraxes e 30 curtametraxes de produción independente e de ámbito internacional. O Auditorio do Concello de Vigo acollerá as proxeccións, que teñen entrada de balde. O programa está estruturado en catro seccións: Longametraxe Internacional, Longametraxe Galicia, Curtametraxe Xeral e Curtametraxe Galicia. Hai tamén unha sección dedicada ao cine infantil e outra á realización de estudantes en formación, que terán lugar Auditorio do Colexio Jesuitinas Miralba e na Escola de Imaxe e Son de Vigo. O director Ángel de la Cruz (A Coruña, 1963) recibirá o Premio Honorífico do 7ºCBFF, en recoñecemento "á súa destacada contribución ao mundo cinematográfico e o seu apoio a talentos emerxentes". Dentro do festival tamén se exhibirá a súa película máis recente, 'O home e o can' e o realizador participará nunha conferencia xunto con Delia Guerra, directora de Movibeta. Na sección de longametraxes galegos tamén se exhibirán as películas "Tralos pasos de María Casares", de Isabel Blanco e Sabela Hermida (2023) e o documental "O médico dos pobres", de Federico A. Rioboo. . Amplía a nova>>

23/11/2023
Unha ampla programación presenta a longametraxe Casa do Silencio de Jon Jost

O cineasta estadounidense Jon Jost coñeceu en 2022 Galicia e botou a andar o proxecto do que sería a longametraxe Casa do silencio. O filme, rodado integramente en galego, está protagonizado por Quico Cadaval e Paula Ballesteros e aborda con ton poético os tabús dunha familia galega emigrada en Venezuela a partir dunha casa de aldea. . Amplía a nova>>

17/11/2023
Bruno Arias debuta na longametraxe con Os espazos en branco

O festival Cineuropa acolle na tarde deste 17 novembro a estrea de Os espazos en branco, unha longametraxe sobre Xela Arias que supón o debut na dirección do sobriño da poeta, Bruno Arias. O proxecto de Serea Films preséntase como "unha crónica do intento de Bruno de ir máis alá da figura pública de Xela Arias e atopar nela unha persoa: a súa tía".. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org