O Festival Internacional de Series [Serializados] celebrado en Barcelona, Madrid e a través da plataforma FilmÃn, ven de premiar á webserie "A arte de ser (mal) pai", dirixida por Jorge Boquete para Miraveo co galardón do xurado DAMA ao "Mellor episodio piloto", de xeito ex aequo coa produción 'Trippieconte', de Santa Penya. A webserie de Jorge Boquete, gravada integramente en galego suma este recoñecemento aos acadados na pasada edición do Carballo Interplay, onde resultou a elixida polo público do Carballo Interplay e tamén recibiu o recoñecemento do xurado que a distinguiu como mellor serie en galego, de xeito ex-aequo tamén nesa ocasión con Pringadas. 'A arte de ser (mal) pai' narra os tres últimos dÃas que pasa un home coa súa filla de 10 anos antes de separarse para sempre, ofrecendo unha perspectiva conmovedora sobre os desafÃos da paternidade e a complexidade da adolescencia no mundo actual. Westá protagonizada por Xosé Manuel Esperante e Jacoba de Llano.