Novas | 1361 a 1370 de 4220

<< Anterior Siguiente >>

03/11/2016
O Festival de Cine de Ourense premia o audiovisual das escolas

O Festival de Cine Internacional de Ourense celebrou este ano o VII certame OUFFescola, coa finalidade de premiar aos mellores traballos audiovisuais en galego realizados por escolares. O certame repartiu nesta edición 2.600€ en premios que foron entregados esta mesma mañá no Auditorio Municipal. Máis de 500 nenos e nenas chegados de 14 centros educativos de toda a xeografía galega asistiron á gala de entrega dos galardóns en Ourense.. Amplía a nova>>

28/10/2016
Unha galega gaña o certame internacional Picture This!

Lucía Martínez, unha moza de Pontevedra, foi a vencedora do certame internacional Picture This! sobre temas ambientais que convoca Sony Pictures Television Networks. Latidos, a curtametraxe de Martínez, foi seleccionada entre participantes de 177 países. A autora fíxose cun premio de 5.000 dólares e un lote de material da marca Sony. Pola súa banda, o filme Sicixia de Ignacio Vilar, acaba de ser seleccionado para a sección oficial do Festival de Xixón entre 2.000 filmes de todo o mundo. O proxecto do galego competirá con outras 15 producións na categoría de ficción no evento que se desenvolve entre o 19 e o 26 de novembro.. Amplía a nova>>

26/10/2016
A Seminci recoñece o rabadés Chema Prado coa Espiga de Oro

O director da Filmoteca Española, Chema Prado, acaba de ser recoñecido pola Semana Internacional de Cine de Valladolid coa súa Espiga de Oro de Honra. Prado, nado en Rábade en 1952, estivo á fronte da Filmoteca desde 1989 ata a súa xubilación en marzo deste mesmo ano. Canda a el, a Seminci recoñeceu a actriz Geraldine Chaplin. A entrega dos galardóns celebrarase o vindeiro 25 de octubre no Teatro Calderón de Valladolid.. Amplía a nova>>

24/10/2016
A serie Camiño Portugués pola costa gaña o premio Art&Tur de mellor documental televisivo

A serie docushow da Televisión de Galicia, en coprodución con Media Services Pro, 'Camiño Portugués pola costa' recibiu este venres pola noite en Vila Nova da Gaia o premio ao mellor documental televisivo no International Tour Film Festival 2016, coñecido como Art & Tur, organizado pola Associação Portuguesa de Turismologia para galardoar as mellores producións audiovisuais que fomentan o turismo. O xurado do festival, composto por 21 profesionais internacionais nos eidos audiovisual e turístico, recoñeceu o traballo que este programa realiza a prol do turismo en Portugal e Galicia a través da filmación das paisaxes lusas e galegas. O 'Camiño Portugués pola costa' conta a historia de dous peregrinos interpretados por Fátima Mella e Héctor Carballo que emprenden a súa viaxe cara Compostela dende Oporto coñecendo os atractivos turísticos desta ruta en 13 episodios-etapas. A serie emítese actualmente na tvG2 os sábados ás 15.00 h. e pódese ver tamén a través da web da CRTVG. Na sección de documentais televisivos competía un total de 35 producións de chegadas de todo o mundo.. Amplía a nova>>

21/10/2016
O FKM programa unha "semana fantástica" para A Coruña

A oitava edición do FKM, Festival de Cinema Fantástico da Coruña, comezará o vindeiro luns, 24 de outubro, cunha video regueifa entre Manel Cráneo e John Tones e rematará cun paseo zombi o luns, 31 de outubro. Por vez primeira o FKM durará toda unha semana. Entre medias esta crecida edición do festival encherá a cidade cun completo programa de actividades no que se atopan mesas redondas, conferencias e obradoiros con algúns dos representantes do panorama nacional e internacional deste xénero cinematográfico. A Fundación Seoane, o CGAI, o Fórum Metropolitano, O MAC ou os Cantóns Cines, acollerán actividades e proxeccións. Dende o martes ata o domingo, ás 11:30 horas da mañá ofreceranse no MAC proxeccións de referentes destes xéneros, e o sábado e o domingo achegarán títulos infantís para cativas e cativos como Dragon Ball Z. Pola tarde, en horarios de 18:00 horas e 20:30 horas, o CGAI albergará proxeccións de grandes nomes cinematográficos do ano 2016 e algún clásico dos xéneros. Ademais proxectaranse as curtametraxes participantes no Concurso Internacional FKM. Cabe destacar que nesta sección de competición estrearase a curtametraxe Four | Three | Four | Zero das irmás coruñesas Sonia e Miriam Albert Sobrino. . Amplía a nova>>

21/10/2016
Psiconautas aumenta o seu palmarés en Italia

A longametraxe de animación Psiconautas, codirixida e coguionizada polo galego Alberto Váquez e baseada nunha novela gráfica do mesmo autor, continúa a sumar galardóns. Os máis recentes, os que obtivo no ToHorror Film Fest de Turín, onde se fixo co premio do xurado e mais o do público. Estes súmanse a outros recoñecementos recentes como foron os premios á mellor longametraxe no Festival Macabro e o de mellor filme de animación do FIC Monterrey, ambos en México, o obtido do Imaginaria, tamén en Italia, ou o do festival Fantasía de Canadá.. Amplía a nova>>

19/10/2016
O 21º OUFF reestrutúrase e amplía o seu radio de alcance

O director artístico do Ourense Film Festival, Fran Gayo, debullou onte polo miúdo gran parte da programación desta 21ª edición, con especial atención nas dúas competicións da Sección Oficial -Iberoamericana e Óperas Primas-, e na deslocalización do OUFF, que tamén contará con espazos de proxección en lugares da provincia como Xinzo, Carballiño ou o Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar. O festival se desenvolverá do 28 de outubro ao 5 de novembro. Este ano como novidade apóstase por unha nova estrutura de contidos con dúas novas seccións competitivas (Iberoamérica e Óperas Primas) e especiais temáticos nos que o cinema galego estará representado por 17 títulos. Entre os datos a destacar desta edición -que conta cun orzamento total de 198.000€– atópanse a maior presenza feminina nos postos de dirección dos filmes da Competición de Óperas Primas fronte á masculina (indicando un cambio de tendencia coas novas xeracións), ou o feito de que todas as películas que aspiran aos premios serán estreas en España. Ademais, Gayo tamén desvelou os nomes dos integrantes do xurado que serán: Manu Yáñez, Miriam Reyes e Luis López Carrasco na Competición Iberoamericana, e Maialen Beloki, Felipe Lage e Miguel Valverde na Competición de Óperas Primas.. Amplía a nova>>

18/10/2016
O audiovisual busca mercado en Cannes

Coa produción de series e contidos audiovisuais para televisión no seu punto álxido, caseque convertido en fenómeno, ábrese hoxe na localidade francesa de Cannes o maior mercado mundial destes contidos e alí estará presente a industria galega a través da delegación comercial ‘Films from Galicia’. Once produtoras e máis a Axencia Galega de Industrias Culturais representan alí o noso audiovisual en forma de series e películas para televisión a través do programa de promoción exterior da industria audiovisual galega que desenvolve Agadic xunto co Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) co obxectivo de favorecer a procura de compradores e socios internacionais para as producións e coproducións galegas. Calcúlase que MIPCOM move a máis de 2.400 compradores de contidos de todo o planeta. Control Z, CTV, Ficción Producciones, Filmanova, Maruxiña Films, Portocabo, Produtora Faro, R, Treeline Distribution, Voz Audiovisual e Zenit TV participan desde hoxe neste mercado promovendo as súas producións.. Amplía a nova>>

14/10/2016
Oliver Laxe Premio Cidade de Ourense do OUFF

O Festival de Cine Internacional de Ourense, OUFF, ven de facer pública a súa decisión de dedicar ao cineasta Oliver Laxe (París, 1982) o Premio Cidade de Ourense desta 21ª edición. O OUFF rende homenaxe ao cineasta recoñecendo “a súa labor de creación e difusión do cine galego fóra das nosas fronteiras. Malia a súa xuventude Oliver Laxe xa conseguiu hai seis anos coa súa primeira longametraxe, Todos vós sodes capitáns, o premio FIPRESCI do Festival de Cannes e neste 2016 conseguiu o Gran Premio da Semana da Crítica de Cannes polo seu segundo traballo en Mimosas. Con esta película ademais opta aos Premios do Cine Europeo que se desvelaran en decembro en Wroclaw. Agora mesmo o cineasta está traballando no seu vindeiro longametraxe, Aquilo que arde, un proxecto ao xeito dun falso documental, una ficción feita en parte con personaxes reais e parte de actores. Unha ollada moi persoal que xurde da atracción do director pola figura dun pirómano.. Amplía a nova>>

13/10/2016
Decorado de Alberto Vázquez competirá nos Goya tras gañar o 3d Wire

A curtametraxe de animación Decorado, de Alberto Vázquez, segue recollendo galardóns no seu camiño cara o Goya. O festival 3d Wire de Segovia outorgoulle o Premio ao mellor corto nacional na súa recente edición. Vázquez, gañador dun Goya en 2012 por , consegue a preselección directa para os Premios Goya polo galardón de Segovia. O Festival 3d Wire é é unha das máis potentes plataformas do mercado de animación, videoxogos e new media de España, con sona a nivel europeo. Decorado obtiña este días o premio de guión da asociación AGAG no Festival Curtocircuíto de Santiago e en xuño acadou o Prix Festivals Connexio. n Région Auvergne-Rhône-Alpes, en Francia. . Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org