O director da Filmoteca Española, Chema Prado, acaba de ser recoñecido pola Semana Internacional de Cine de Valladolid coa súa Espiga de Oro de Honra. Prado, nado en Rábade en 1952, estivo á fronte da Filmoteca desde 1989 ata a súa xubilación en marzo deste mesmo ano. Canda a el, a Seminci recoñeceu a actriz Geraldine Chaplin. A entrega dos galardóns celebrarase o vindeiro 25 de octubre no Teatro Calderón de Valladolid.
En paralelo, o filme Psiconautas codirixido e coguionizado polo galego Alberto Vázquez, acaba de ser seleccionado pola Academia de Cine Europeo como un dos tres finalistas ao premio ao mellor filme de animación do continente. A longametraxe compite coa suÃza La vie de courgette, de Claude Barras e con O sapoconcho vermello de Michael Dudok de Wit.