Chema Prado naceu en Rábade en 1952, estivo á fronte da Filmoteca desde 1989 ata a súa xubilación en marzo de 2016 e no ano 2020 recibiu pola súa traxectoria o Premio da Cultura Galega na categorÃa de audiovisual. O Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense acolle desde onte a súa exposición fotográfica "Series", no marco do programa de actividade paralelas da vindeira edición do Ourense Film festival, que arrancará o vindeiro 29 de setembro. O público que se achegue ao Marcos Valcárcel, poderá gozar de catro series de fotos: Polaroid, Nada que perder, Ciudades e Infraganti. A fotografÃa foi un medio de expresión para Chema Prado desde hai décadas; xa en 1993 participa nunha primeira exposición colectiva xunto a Bigas Luna, Iván Zulueta e Jesús Garay. Desde entón as súas imaxes puidéronse ver en museos e galerÃas, sempre co ánimo de explorar a capacidade expresiva dos diferentes formatos fotográficos. Viaxes e festivais, paixón pola pintura e unha extensa rede internacional de colegas do sector cinematográfico son elementos que conforman a crónica visual de Prado. O que foi director de Filmoteca Española foi testemuña privilexiada en proxectos e rodaxes internacionais, trabando amizade con cineastas como o falecido Bernardo Bertoluccci ou John Malkovich, de modo que o público de Ourense atoparase na exposición "Series" con rostros moi coñecidos da gran pantalla como o do director Jim Jarmusch ou o do actor Javier Bardem.
AsÃ, a serie Polaroid é a máis pictórica da exposición e mostra catro composicións, cada unha delas con máis de vinte imaxes, asi como corenta e nove fotos individuais, das que corenta e catro expóñense por vez primeira. Nada que perder é unha serie tomada na cidade de Madrid, con especial interese no edificio Torres Brancas de Saiz de Oiza e poderanse ver sete imaxes polaroid branco e negro ampliadas a gran formato. A serie Ciudades componse de fotos, tamén en branco e negro, de pequeno formato, tomadas cunha pequena cámara analóxica e que resultan ser unha sorte de "diario" de viaxes, de infinitos encontros e de vida. Atoparemos á xente do cinema: actores e actrices, directores, guionistas, etc, na serie Infraganti, imaxes "roubadas" xa sexa en actos públicos ou noutros de carácter Ãntimo, das que Prado trae a Ourense catorce delas. Andrés Mengs encargouse do deseño da exposición. Na apertura participaron ademais do autor o director do OUFF, Miguel Anxo Fernández, e o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor Pérez.