O Festival de Cine Internacional de Ourense, OUFF, ven de facer pública a súa decisión de dedicar ao cineasta Oliver Laxe (ParÃs, 1982) o Premio Cidade de Ourense desta 21ª edición. O OUFF rende homenaxe ao cineasta recoñecendo “a súa labor de creación e difusión do cine galego fóra das nosas fronteiras. Malia a súa xuventude Oliver Laxe xa conseguiu hai seis anos coa súa primeira longametraxe, Todos vós sodes capitáns, o premio FIPRESCI do Festival de Cannes e neste 2016 conseguiu o Gran Premio da Semana da CrÃtica de Cannes polo seu segundo traballo en Mimosas. Con esta pelÃcula ademais opta aos Premios do Cine Europeo que se desvelaran en decembro en Wroclaw. Agora mesmo o cineasta está traballando no seu vindeiro longametraxe, Aquilo que arde, un proxecto ao xeito dun falso documental, una ficción feita en parte con personaxes reais e parte de actores. Unha ollada moi persoal que xurde da atracción do director pola figura dun pirómano.
Oliver Laxe naceu en ParÃs, fillo de emigrantes galegos, aos seis anos regresou coa súa familia a Galicia para instalarse na Coruña. Tras estudar cine e realización na Universidad Pompeu Fabra de Barcelona, realizou as curtametraxes E as chemineas decidiron escapar -en colaboración con Enrique Aguilar-, Soa unha trompeta, agora vexo outra cara, e ParÃs #1. As pezas proxectáronse e recibiron algúns premios, en festivais como o Festival Internacional de Cine de Gijón, o BAFICI, o Indielisboa e o Festival Internacional de Cine de Las Palmas, Festival de Cine Experimental de Granada, Filminho e o Play-Doc. Tras unha estancia en Tánxer e impartir clases de cine nunha asociación de acollida de menores, xurdiu Todos vós sodes capitáns, primeira longametraxe.