30/07/2019
A actriz Luisa Merelas recibiu o premio Xociviga de Honra por ser un "referente para a profesión"
Trala proxección o dmingo da película
Sempre Xonxa, iniciáronse as xornadas Xociviga 2019 no Carballiño coa sinatura dun convenio coa Fundación Carlos Velo para desenvolver obradoiros creativos no abeiro das xornadas e coa Gala oficial das xornadas, nas que foron premiados o produtor José Sousa (in memoriam), os socios fundadores do Cine Clube do Carballiño co gallo dos 50 anos da entidade e a actriz Luisa Merelas Gómez, que recibiu o premio "por ser un referente para toda profesión actoral de Galicia tanto no audiovisual como no teatro"..
Amplía a nova>>
30/07/2019
O Premios Rebulir recoñecen á Coral De Ruada, 'Morris' e Rosa Cedrón
A Coral de Ruada, o actor Antonio Durán ‘Morris’ e a músico Rosa Cedrón fixéronse merecedores este ano de cadanseu Premio Rebulir de Cultura Galega nas modalidades de Premio Homenaxe, Artes escénicas e Música Galega, respectivamente. Os premios outorgados pola Asociación Cultural Rebulir, de Ramirás (Ourense) supoñen un recoñecemento a persoas/colectivos que contribúan á difusión e posta en valor da cultura tradicional nas súas diferentes manifestacións. A entrega do premio faise no marco da Gala central do FIR (Festival Internacional Rebulir) que este ano chega á súa XIVª edición en decembro e consiste na entrega dun diploma acreditativo e dunha estatuílla que sempre elabora algún artesán ou artista galego. Un xurado decidiu os nomes dos premiados de entre unha lista de finalistas que foi sometida previamente a votación popular entre os membros da asociación..
Amplía a nova>>
29/07/2019
Luís Zahera Premio Cinema Galego do FIC Bueu
O actor Luis Zahera, recente premio Goya, recibirá o Premio Cinema Galego no 12º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu, que se desenvolverá entre o 6 e o 14 de setembro. Ademais, o público do FICBUEU 2019 poderá coñecer en profundidade a intensa traxectoria do actor compostelán no Encontro con Luis Zahera que se desenvolverá o sábado día 7 no Centro Social do Mar, a partir das 18 horas. Alí farase a proxección de tres traballos curtos: a curtametraxe
O matachín, dirixida por Jorge Coira en 1996 e protagonizada por uns novísimos Zahera e Tosar, xa considerada un clásico do audiovisual galego;
Marina, de Álex Montoya, (2010) e un capítulo de
Entre pipas, a webserie que coprotagoniza canda Xúlio Abonjo. O acceso ao Encontro con Luis Zahera será de balde, pero debido ao aforo limitado da sala é preciso retirar no mesmo día un convite no despacho de billetes do Centro Social do Mar, que estará aberto de 10 a 12:30 horas pola mañá e a partir das 17 horas na tarde..
Amplía a nova>>
29/07/2019
Dous millóns de AGADIC para subvencionar a produción de dezasete filmes
A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) publicou a resolución das axudas a produción audiovisual, tanto para longametraxes de ficción como audiovisuais, para a que destinou un investimento de dous millóns de euros, similar á do ano anterior, aínda que este ano o número de producións subvencionadas pasa de trece a dezasete. En total serán seis longametraxes de ficción (incluída unha de animación), seis documentais, catro curtametraxes e unha serie de televisión..
Amplía a nova>>
22/07/2019
A produtora audiovisual Vaca Films premio de honra do 24º OUFF
A primeira nova da seguinte edición do OUFF chega en forma de galardón. A organización do Ourense Film Festival decidiu que o premio Calpurnia de Honra deste ano fose para a produtora Vaca Films, con sede na Coruña e dirixida por Emma Lustres e Borja Pena desde a súa creación en 2003. O máximo galardón deste encontro audiovisual seralles entregado no transcurso da 24ª edición do OUFF, que terá lugar do 27 de setembro ao 5 de outubro. O premio foi anunciado por Manuel Baltar, presidente da Deputación Provincial de Ourense, entidade que organiza e patrocina o festival desde o pasado ano no que deixou de organizarse desde o Concello. Xunto co recoñecemento, o OUFF 2019 programará un ciclo especial no que se proxectarán os títulos máis destacados de Vaca Films. Ademais, dende o festival estase a traballar nunha publicación que repasa a historia e traxectoria de Vaca Films, e na que participan unha vintena de críticos españois..
Amplía a nova>>
18/07/2019
Óliver Laxe competirá polo Premio do Público do Festival de San Sebastián
O que arde, filme do director galego Óliver Laxe, foi seleccionado polo Festival de Cine de San Sebastián como unha das producións que competirán polo Premio do Público. A vindeira edición do evento, que se desenvolverá entre o 20 e o 28 de setembro vindeiros, proxectará esta produción no marco da sección Perlak, onde competirá con traballos de Bong Joon Ho, Ken Loach, Nakache e Toledano e Wang Xiaoshuai. A organización anunciará en vindeiras datas outros filmes que participarán nesta sección..
Amplía a nova>>
15/07/2019
Eloy Domínguez leva ás salas Hamada
Logo de percorrer abondosos festivais, chega ás salas galegas
Hamada, o novo filme do galego Eloy Domínguez. Nado como unha coprodución entre Suecia, Noruega e Alemaña, o documental explora a vida nos campos de refuxiados do Sáhara Occidental a partir da experiencia dun mozo e da súa irmá. O filme, que se puido ver na última edición de Cineuropa, estreouse no International Documentary Filmfestival Amsterdam (IDFA), e participou en eventos coma o Doc Station da Berlinale ou o Visions du Réel. .
Amplía a nova>>
12/07/2019
O Fancine de Lemos outórgalle a Javier Botet o seu premio honorífico
O Festival de Cine Fantástico de Monforte
Fancine de Lemos acaba de dar a coñecer o programa da súa nova edición, que se celebrará entre o 25 e o 28 de xullo vindeiros. Entre as novidades, a organización anunciou a entrega do premio de honra do evento ao actor Javier Botet, coñecido polas súas interpretacións a nivel internacional de monstros en producións como
Rec,
A momia,
It ou
Slender Man. O programa da nova xeira conta coas proxeccións de vinte curtametraxes fantásticos e de terror a concurso, ademais de sesións de cinema ao aire libre con títulos como
Alien,
Mamá,
Summer of 84 ou
Ghostland. Durante o evento poderá verse a exposición
Batman 80th Anniversary: In Memoriam Norm Breyfogle, que achega ilustracións orixinais deste debuxante..
Amplía a nova>>
08/07/2019
Baixan espectadores e recadación de cine en 2018
O cine tradicional perdeu no último ano 100.000 espectadores en Galicia, e deixou de recaudar 900.000 euros, así o revela o último Documento de Traballo do Observatorio da Cultura Galega do CCG. O impacto do consumo nas plataformas dixitais de pagamento pode ser determinante para comprender este dato. O informe incide en que a asistencia media ao cine en Galicia (44 cines) sitúase en 1,4 películas por habitante, lonxe da media estatal de 2,2 filmes e só por riba de Asturias, Extremadura, Ceuta e Melilla. O informe estima que entre 2013 e 2018 se produciron 141 producións audiovisuais no último quinquenio. Destaca o ano 2015 con 27 películas (15 delas eran longametraxes) mentres que en 2018 se produciron 25 filmes (15 longametraxes e 10 curtametraxes). En relación ao idioma, o 38,3% das producións feitas en Galicia no período analizado están en galego. En 2018 producíronse 13 películas exclusivamente en galego e unha en galego/castelán, e son as que teñen máis apoio económico por parte da Administración. .
Amplía a nova>>
05/07/2019
Falece aos 94 anos o actor pontevedrés Eduardo Fajardo
Segundo os rexistros da base de datos de IMDB (Internet Movies Data Base) o actor Eduardo Fajardo (1924-2019) participou en 192 producións de cine ou televisión durante a súa carreira, ademais de ducias de obras de teatro. Nado en Mosteiro (Meis, Pontevedra) criouse en Haro (A Rioxa) a onde a súa familia se trasladou pouco despois do seu nacemento. A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas española comunicaba o seu falecemento, onte xoves aos 94 anos de idade. Desde a institución cinematográfica lembran a súa contribución na interpretación como “un dos máis prolíficos da nosa industria” nas súas cinco décadas de carreira. Fajardo comezou o seu percorrido profesional no cine como actor de dobraxe a principios dos anos corenta. Pouco despois aparece por primeira vez ante a cámara na película
Héroes del 95, de Raúl Alfonso (1947). Participa en cintas de éxito como
Locura de amor (1948), de Juan de Orduña,
Balarrasa (1950), de José Antonio Nieves Conde ou
Alba de América (1951), de Juan de Orduña. Nos anos 50 a súa carreira trasládase a México, onde combina aparicións cinematográficas e televisivas e faise popular, ao seu regreso a España entra de cheo na corrente dos
spaghetti westerns que se gravan en Almería conseguindo papeis relevantes de malvado en moitos deles grazas ao seu físico e a a súa, toma parte en cintas de percorrido internacional como
Django (1966) de Sergio Corbucci. Nesa época grava unha media de quince películas anuais. Na súa última etapa profesional, dedicouse ao teatro, participando en máis de 75 obras, e tamén tomou parte en teleseries de éxito como
La Barraca ou
Los gozos y las sombras, baseada na obra homónima do ferrolán Torrente Ballester e ambientada en Galicia..
Amplía a nova>>