17/10/2025
O festival de cine AMAL dá voz a Palestina
O vindeiro día 20 de outubro dará comezo en Santiago de Compostela a vixésima terceira edición da Semana de Cine Euroárabe AMAL 2025 coa ollada posta, máis que nunca en Palestina como así reflicte o lema deste ano: "TODAS SOMOS PALESTINA. UNHA OLLADA A TRAVÉS DO CINE". O presidente da Fundación Araguaney-Puente de Culturas e director da Semana de Cine Euroárabe AMAL, Ghaleb Jaber Martínez, asegurou na presentación do programa a importancia nestes momentos do achegamento cultural. "Desde o Grupo Araguaney entendemos a cultura como unha das principais riquezas que podemos deixar á cidadanía. Facer AMAL é unha cuestión de principios. O mundo pódese destruír pola indiferenza. O audiovisual é unha arma para humanizar diferentes culturas. É fundamental ver cine e consumir cultura para conseguir un mundo mellor", argumentou. .
Amplía a nova>>
15/10/2025
Padrón celebra a I Mostra de Cinema Galego Foco
Entre os días 17 e 19 de outubro o Concello de Padrón acolle a primeira edición da Mostra de Cinema Galego FOCO. A nova cita nace co obxectivo de "crear un espazo estable de encontro arredor do cinema galego", e entregará á actriz Mabel Rivera o I Foco de Honra "a toda unha traxectoria dedicada ao audiovisual galego"..
Amplía a nova>>
08/10/2025
A Deputación da Coruña reparte 1,4 millóns de euros entre 60 festivais
Un total de sesenta festivais dedicados a diferentes artes reparten as subvencións que a Deputación da Coruña achega para realizar este tipo de eventos no territorio provincial. O Boletín Oficial da Provincia deste 6 de outubro recollía a resolución definitiva desta convocatoria, que distribuíu un total de 1.400.419 euros entre todas as propostas seleccionadas..
Amplía a nova>>
06/10/2025
Nelson Yeo resulta gañador do premio internacional do Intersección
O Festival Internacional de Cine da Coruña, Intersección, fechaba portas este sábado 4 de outubro coa entrega dos seus galardóns. O director Nelson Yeo, de Singapur, impúxose co filme
Durian, durian na competición internacional pola súa combinación de "experimentación estética e reflexión política". O xurado outorgou ademais nesta categoría unha mención especial para
Real Faces Leni Huyghe, que tamén foi recoñecida co Premio do Público..
Amplía a nova>>
06/10/2025
'San Simón' gaña a Calpurnia galega do XXX OUFF
O Auditorio Municipal de Ourense acolleu este sábado a gala de clausura da 30ª edición do Ourense Film Festival (OUFF), conducida por Lucía Rodríguez e Secun de la Rosa. A cerimonia combinou humor, dinamismo e momentos de emoción para recoñecer o mellor do audiovisual galego e internacional, cun total de 14 premios entregados. O filme 'San Simón' de Miguel Ángel Delgado, acadou a Calpurnia a Mellor Película na Sección Oficial Panorama Galicia, mentres que o Premio á Mellor Curtametraxe Galega foi para Hippocampus, de Xaime Miranda. Na Sección Oficial Internacional o filme croata 'Sandbag Dam' levou a Calpurnia a Mellor Película..
Amplía a nova>>
03/10/2025
Unha mostra didáctica repasa a produción de videoxogos en galego
Dar conta dos videoxogos que están dispoñibles na nosa lingua, tanto por se teren elaborado no noso país como por contar con traducións. Esta é a proposta de
O videoxogo en galego, exposición que abría as súas portas este 1 de outubro no IES Politécnico de Vigo e que percorrerá diferentes centros de ensino secundario da provincia de Pontevedra..
Amplía a nova>>
01/10/2025
'Decorado' de Alberto Vázquez obtén unha Mención do xurado en Austin
'Decorado', a nova película do premiado ilustrador e realizador Alberto Vázquez ven de obter un importante recoñecemento na súa estrea mundial no Fantastic Fest de Austin (Texas, EE.UU.). Dentro da Sección Oficial do certame internacional o xurado decidiu outorgar unha Mención Especial á longametraxe de animación. Este filme, baseado na curtametraxe homónima de 2016 de Vázquez, combina animación para adultos, comedia negra e drama fantástico. Tras o seu paso por Austin agora prepárase para novas citas en festivais europeos, incluíndo Fantastic Strasbourg e o Festival de Sitges 2025, no que terá lugar a estrea española. A chegada a salas comerciais está prevista para o 24 de outubro..
Amplía a nova>>
30/09/2025
'US-HER' gaña o premio a mellor curtametraxe galega no Galician Freaky Festival
A película 'US-HER' de David Salgado Marcote (A Coruña, 1979) ven de gañar o Premio do público á mellor curtametraxe galega no Galician Freaky Film Festival de Vigo. Esta adaptación libre do conto de Edgar Allan Poe, 'A caída da Casa Usher' é a quinta curtametraxe de David Salgado, baixo o seu propio selo creado en 2012, Dama Negra Films. O festival vigués de cine de terror, ciencia ficción e fantasía pechou a súa novena edición proclamando o seu palmarés de premiados con alcance internacional. O Gran premio desta edición vai para a curta polaca de animación 'Martyr's Guidebook' de Maks Rzontkowski. .
Amplía a nova>>
29/09/2025
A Semana de Cine de Lugo entregou o seus galardóns
Este sábado 27 de setembro fechaba as súas portas, coa concesión de galardóns, a 47 Semana de Cine de Lugo. No palmarés destaca como Premio do Público á Mellor Película da Sección Oficial a española
Las chicas de la estación, de Julieta Tobío. As votacións seleccionaron tamén
París 70 como mellor curtametraxes e
O interrogatorio como mellor curta galega..
Amplía a nova>>
29/09/2025
Morre o investigador e documentalista Carlos Fernández Santander
Con oitenta anos de idade falecía onte na Coruña o historiador, xornalista, realizador e mariño Carlos Fernández Santander (A Coruña, 1944 -2025). Fai menos dun ano que recollía na súa cidade o Premio Sellier de Cine "pola súa contribución invalorable ao cine documental en Galicia, con máis de medio ceno de títulos (avalados por premios) e a súa dedicación á preservación da nosa historia, coa intención de que o seu legado cinematográfico sexa coñecido tan ben como o literario, de forma que continúe inspirando a futuras xeracións de cineastas e historiadores". .
Amplía a nova>>