Agadic convoca as axudas ao talento audiovisual

A Xunta mantén inalterable o orzamento das dúas anteriores convocatorias

O Diario Oficial de Galicia deste 16 de decembro publica a convocatoria de subvencións á creación audiovisual para a promoción do talento audiovisual galego. Esta liña de axudas, que ten o prazo aberto dun mes, mantén o orzamento inalterable das dúas anteriores convocatorias, achegando uns fondos de 176.000 euros a dividir nas dúas anualidades que comprende. Na convocatoria anterior, unha vez adxudicado todo o rozamento quedaron fóra ata o 90 cento das solicitudes presentadas. No relativo aos posibles proxectos beneficiarios e contías asignadas, nada muda respecto á convocatoria anterior, dividíndose entre proxectos de curtametraxes e de longametraxes, todas elas gravadas en versión orixinal en galego. A previsión de alcance, de 11 producións, tampouco muda respecto á anterior convocatoria, permitindo axudas ata a 8 proxectos de curtametraxes e 3 de longametraxes. Filmes en proxecto e outros pendentes de traballos de postprodución poden acollerse a estas liñas de axuda da Axencia Galega das Industrias Culturais, Agadic, da Xunta de Galicia.