Novas | 11 a 20 de 4159

<< Anterior Siguiente >>

01/08/2025
A Xunta licita por un millón o proxecto e obras do Teatro Cine Fraga

A Xunta de Galicia ven de licitar por 1 millón de euros (IVE incluído) a redacción do proxecto básico e de execución, así como a dirección das obras do Teatro Cine Fraga de Vigo. Así o anunciou o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, quen explicou que, en coordinación coa Deputación de Pontevedra, acaba de iniciarse o trámite por exclusividade do contrato para que sexa o arquitecto César Portela, autor e propietario intelectual do proxecto orixinal e director da actuacións xa executadas, quen asuma esta responsabilidade de rematar os traballos do inmoble adquirido por ambas as dúas administracións.. Amplía a nova>>

31/07/2025
Agadic convoca axudas para dinamización das salas cinematográficas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe as bases e abre convocatoria das subvencións para o desenvolvemento de actividades en salas cinematográficas de carácter comercial. Estas axudas teñen como finalidade contribuír á permanencia e consolidación dos espazos cinematográficos como lugares de exhibición do audiovisual, recoñecendo a súa importancia como espazos culturais representativos, socializadores e integradores, particularmente ás salas situadas en poboacións de carácter rural. A Axencia Galega de Industrias Culturais destina a este fin 465.000 euros do seu orzamento anual. O orzamento destas axudas incrementa notablemente o das convocadas o pasado ano baixo o epígrafe máis amplo de " Proxectos de innovación, funcionamento dixitalizado e sustentable, creación e fidelización de públicos e adaptación aos novos hábitos de consumo audiovisual para salas de exhibición cinematográfica", que contaban con 380.000 euros dos que repartiron 132.160 euros.. Amplía a nova>>

28/07/2025
O Festival de Cans puntuará para os premios Goya

O Festival de Cans volve formar parte do listado de certames audiovisuais do Estado que puntuarán para a selección de finalistas dos Premios Goya, na vindeira edición de 2026, neste caso na categoría de curtametraxes. A Academia de Cine Español comunicou esta decisión á organización do certame pontevedrés. Cada curta seleccionada na competición oficial de Cans sumará 1 punto e cada curta premiada sumará 3 puntos ata completar un listado cunha preselección de 15 curtametraxes entre os que os académicos elixirán aos finalistas. Dáse a circunstancia de que o Festival de Cans fora incluído entre os festivais cualificadores para os Goya entre 2010 e 2016. Nese ano foi sorprendentemente excluído por considerar a directiva daquela Academia que Cans tiña "criterios demasiado específicos ao aceptar a concurso unicamente obras de produción galega". Desde aquela, a organización de Cans loitou para que o certame volvese ser incluído neste listado e que desaparecese esa argumentación que consideraba excluínte ao respecto das e dos cineastas galegos.. Amplía a nova>>

24/07/2025
Ignacio Vilar doa libros e películas ao Instituto de Estudios Valdeorreses

O cineasta e guionista Ignacio Vilar, natural de Petín (1951) e responsable de filmes como Pradolongo (2008); Vilamor (2012); A esmorga (2014); Sicixia (2016) ou María Solinha (2020), entre outros, ven de realizar unha doazón de máis de mil libros da súa biblioteca así como de documentos audiovisuais da súa colección ao Instituto de Estudios Valdeorreses (IEV) da súa comarca natal. O director agarda que este sexa o primeiro paso cara a creación dunha escola de cinema e fotografía no propio centro, segundo recolle o medio local Valdeorrasdecerca.com O 26 de xullo, ás 12,30 da mediodía, Ignacio Vilar recibirá unha homenaxe do Instituto de Estudos Valdeorreses no salón de actos da Casa Grande de Viloira.. Amplía a nova>>

24/07/2025
Roberto Vidal Bolaño entra no Álbum de Galicia

Roberto Vidal Bolaño (Santiago de Compostela 1950-2002) só chegou a cumprir 52 anos, pero como di Xosé Manuel Fernández Castro no texto que asina para o Álbum de Galicia, tivo moitas vidas. As súas circunstancias vitais e o seu percorrido humano e profesional, así como documentación sobre el en varios formatos incluídos os audiovisuais, veñen de incorporarse ao Álbum de Galicia, a colección en liña de biografías do Consello da Cultura Galega (CCG). A súa pegada no contexto cultural galego foi tan profunda e definitiva que aínda se deixa notar. . Amplía a nova>>

22/07/2025
As axudas á produción audiovisual subvencionaran 26 títulos

A resolución da concesión de subvencións da Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia para a produción e coprodución de longametraxes, curtas e series apoiará cos seus 3.000.000 de euros de orzamento a realización de 26 novos títulos de cinema e televisión. Entre os proxectos subvencionados, 10 corresponden á modalidade para longametraxes cinematográficas, dous á de longas en coprodución internacional minoritaria, 12 á de curtametraxes e dúas á de series de televisión ou plataformas de vídeo baixo demanda. . Amplía a nova>>

16/07/2025
A Xunta achega fondos ao Museo do Videoxogo

O Consello da Xunta deu luz verde á sinatura dun convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Fundación Museo do Videoxogo para a identificación, difusión e preservación do patrimonio vencellado a este eido en Galicia. O Museo do Videoxogo (Muvi), de Cangas incorporouse en outubro do pasado ano ao Sistema galego de centros museísticos, a súa colección conta con 2.256 xogos e máis de 400 elementos de hardware e dispositivos. . Amplía a nova>>

14/07/2025
Falece o director e produtor Enrique Nicanor

O pasado día 8 de xullo morría aos 80 anos de idade o produtor de cine e televisión Enrique Nicanor (A Rúa de Valdeorras,1944-2025). Recoñecido coa Medalla de Ouro da Academia Galega do Audiovisual en 2005 pola súa traxectoria, dirixiu o Ourense Film Festival (OUFF) na súa provincia natal, entre os anos 2007 e 2010, contribuíndo á súa apertura internacional. Nicanor foi un recoñecido director y produtor de cine e televisión, pioneiro na animación en España. Formado na Habana, onde emigrou cos seus pais en 1950, a súa traxectoria profesional levouno por Francia e volveu a España nos primeiros anos de democracia, por convite do entón presidente Adolfo Suárez. En TVE dirixiría a Segunda canle entre os anos 1983 e 1988, tras do que foi designado Comisario para Europa en audiovisual, en representación de España. No seu traballo en TVE participou en numerosas producións, como a adpatación española do programa infantil 'Barrio Sésamo'. Tanto desde a Academia Galega do Audiovisual como desde o OUFF manifestaron as súas condolencias polo pasamento de Nicanor, recoñecendo nel unha referencia indispensable do sector.. Amplía a nova>>

14/07/2025
Margarita Ledo, Ángela Andrada e Borja Casal, galardoados nos Premios 'José Gil' de audiovisual

A cineasta e profesora Margarita Ledo, a guionista Ángela Andrada e o documentalista Borja Casal foron os nomes recoñecidos na primeira edición do Premio "José Gil" de audiovisual, convocado pola área de cultura da Deputación da Coruña para apoiar a creación cinematográfica en lingua galega e destacar traxectorias de especial relevancia no sector e comisariado por Manolo González. Cada un dos galardoados recibirá un premio de 6.500 euros. A decisión foi tomada durante a reunión do xurado celebrada no Pazo Provincial, presidida pola deputada de cultura, Natividade González, e formada por profesionais de referencia do audiovisual galego: Pepe Coira, Manuel Castelao Mexuto, Beli Martínez, María Yáñez Anllo e José Manuel Sande García.. Amplía a nova>>

09/07/2025
O FanCine de Lemos homenaxea a Tiburón

Hoxe dá comezo en Monforte de Lemos a undécima edición do festival FanCine de Lemos, unha cita consolidada co cine fantástico e de terror que inclúe, como sempre varias actividades no programa. Este ano a inspiración e homenaxe do festival faise arredor da aclamada película 'Tiburón', de Steven Spielberg, que fai agora 50 anos da súa estrea con clamoroso impacto. Tamén celébrase o trinta aniversario da pelíucla 'Jumanji' outro clásico do cine fantástico de Hollywood. Xustamente cunha exposición na Casa da Cultura Lois Pereiro sobre un dos xigantes da produción que fixo gran parte da súa carreira en España, Samuel Bronston, inaugúrase hoxe o certame. Desde hoxe e ata o vindeiro día 12 de xullo poderase ver esta exposición e comezan as proxeccións de curtametraxes a concurso, así como de longametraxes escollidos pola súa 'débeda' coa película de Spielberg. O propgrama completo pode consultarse no sitio web do evento.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org