Non son poucos os que pensan que a actividade cultural galega dos anos cincuenta estaba restrinxida ao ámbito de bibliotecas, despachos de editoriais, pequenas xuntanzas e discretas homenaxes. É por iso que pode sorprender a presenza dunha boa parte dos nomes máis destacados da nosa cultura daquela nunha actividade das que hoxe se denominan "deporte de risco". Pero foi así: Otero Pedrayo, Cunqueiro, Parga Pondal ou José María Castroviejo foron algúns dos nomes que participaron no nacemento da espeleoloxía galega, coa primeira expedición á Cova do Rei Cintolo, en Modoñedo, en 1954.
Está claro que non todo era literario na cultura da Galicia de 1950. O interese polas lendas, a Xeoloxía, a Xeografía e a Historia levou a un bo lote de destacados estudosos do noso sistema a se achegar á primeira expedición espeleolóxica moderna do noso país. A iniciativa naceu no seo do Club de Montañeiros Celtas de Vigo, que desenvolvera ata aquela a súa vertente subterránea en covas foráneas e en pequenas furnas coma as do Pico Sacro. A aparición de restos arqueolóxicos no interior da mindoniense Cova do Rei Cintolo, a grande cantidade de lendas que circulaban ao seu redor e a consciencia de que se trataba dunha formación moi pouco explorada que anunciaba ter un grande tamaño, animou o colectivo. A busca de apoios e de proxección para a proposta foi enleando as cousas, e comezaron a aparecer por alí os grandes nomes da cultura galega do momento.
A chamada da caverna
O enganche para esta implicación foi en moi grande medida Álvaro Cunqueiro. Daquela o mindoniense traballaba no "Faro de Vigo" e estaba ao tanto de todo o que se movía na cidade. "As covas sempre foron e son pasto de lendas, en todas, sexan grandes ou pequenas, hai unha lenda de mouros, de reis de princesas... e Cunqueiro non podía pasar por alto a posibilidade de toparse coa princesa oculta na cova do Rei Cintolo ", explica Lourdes Castiñeira, membro do Club de Montañeiros que estivo a recompilar abondosa información sobre esta experiencia. "Isto foi incitando outros persoeiros da cultura. En plena época de represión neste campo, a montaxe deste campamento supuña un descubrimento de algo totalmente novo en Galiza e tamén no resto do Estado, pois os segredos das cavidades en poucos lugares se descubriran aínda", sinala. A expedición coincidiu ademais nun momento en que a espeleoloxía contaba con certa presenza nos xornais polo recente rescate do corpo dun dos máis importantes exploradores de cavernas, Marcel Loubens.
Máis cultura na cova
O interese do mundo da cultura pola cova xa tiña antecedentes ben ilustres. O propio Murguía preocupárase deste espazo e do seu misterioso nome, que na súa opinión podería ser "un bo xenio gardador da cova que como rei outorgaba mercés" ou ben podía responder "á importancia das xentes que moraban nas cavernas, e aínda das súas riquezas". Alén del, Joaquín Costa facía derivar Cintolo do nome celtibero Ancetolu, mentres outros encontran resonancias ao visigodo Suintila ou ao suevo Hermengario. E é que, alén das lendas, o lugar ten as súas implicacións históricas.
Patrocinios e apoios
Foron o xornal "Faro de Vigo" e mais Chocolates Viso o encargados do patrocinio íntegro da expedición, grazas en boa medida, segundo recoñecen os Celtas, ao labor e os contactos do seu presidente de entón, Navarro Laxe. "Faro de Vigo patrocina a exploración da Cova do Rei Cintolo por Montañeiros Celtas, coa colaboración de Chocolates Viso. Los espeleólogos levarán ‘Chocola’, alimento enerxético de gran poder alimenticio, que é unha nova especialidade de chocolates Viso especialmente preparado para deportistas, montañeiros, esquiadores, etc.”, rezaba a mensaxe publicitaria que se reproducía ó final de cada texto sobre a visita. Canda a eles, fíxose imprescindible a colaboración do exército á hora de fornecer material coma cascos de aceiro e teléfonos de campaña que permitían a comunicación desde o interior da mina. Debemos pensar que naquel momento os atrancos para exploracións deste tipo eran moitos. Desde os problemas para se desprazar ás diferentes covas, ata a falta de mapas ou o control sobre a información que establecía a ditadura franquista, as dificultades acumulábanse. Hai que pensar ademais nos custes que supuña a instalación dun campamento completo nas proximidades da cova o tempo suficiente para facer unha exploración a fondo.
Equipos
O dezaseis de agosto de 1954, día da expedición, saíron para Mondoñedo desde Vigo nada menos que trinta persoas, entre espeleólogos, historiadores, prehistoriadores, fotógrafos, escritores, algún médico ou xornalistas. Destes últimos José María Castroviejo e Álvaro Cunqueiro eran os "cronistas especiais" que remitía "Faro de Vigo". Canda a eles, José Díaz Jácome, redactor xefe, encargábase do servizo informativo ao tempo que achegaba a súa vocación de arqueólogo á experiencia. A este grupo aínda se incorporou despois outro desde A Coruña con investigadores coma o xeólogo Isidro Parga Pondal. "Daquela era unha viaxe para planificar ben, sabías que che ía levar moitas horas chegar alí", lembra Lourdes. E hai que ter en conta que de Mondoñedo a Supena, a aldea máis próxima á cova, a viaxe fíxose a pé, con cabalarías a levar o material para a exploración. En todo este grupo, unha única muller, Luz Navarro, estaba encargada de manexar os teléfonos de campaña.
Visitas ao campamento
Unha vez en Supena, nas proximidades da cova, montouse un grande campamento para albergar toda esta xente. "A expedición durou toda unha semana. Durante todo ese tempo estiveron Díaz Jácome, Cunqueiro, Lence-Santar, Pedro Díaz e pensamos que tamén Parga Pondal, que facía os estudos xeolóxicos", lembra Lourdes, e engade un persoeiro inédito á aventura. Chito Veiga, un dos espeleólogos que artellaron aquela aventura, "insiste en que Celso Emilio Ferreiro estivo alí case toda a semana, e mesmo o identifica nunha das fotos, pero nunca houbo referencias a que estivese alí, eu non sei, non consigo saber se é ou non é". Dos demais persoeiros, a memoria e a documentación que se conservan semellan indicar que só estiveron un tempo, como foi o caso de Otero Pedrayo. "Moitas personalidades da cultura sen cometido específico visitaron o campamento, o que dá idea de que se debía estar marabillosamente alí. Íanse chamando uns a outros, como todos se coñecían e había moi bo ambiente coa xente da aldea, fóronse comunicando e aparecía alguén coñecido de cando en cando", apunta Lourdes. Destes persoeiros, aínda que pode parecer curioso, foron moitos os que visitaron a cova. "A maioría entraron. Cunqueiro mesmo estivo dentro, e tamén Isidro Parga, Pedro Díaz e Ángel Llanos",
A primeiras imaxes da cova
Alén das crónicas que nos deitaron os dous enviados especiais, teñen unha grande importancia as imaxes que tirou o fotógrafo do xornal que os acompañaba, Ángel Llanos. "As fotos son de moita calidade. Ata hai dous anos coñecíanse como unha ducia delas, pero estivemos falando con el e cedeulle ao club unhas dúascentas que conservaba en papel e que eu mesma escaneei", lembra Castiñeira. "Nin antes nin despois fixo fotos en covas. El insiste en que quería tomar fotos bonitas dos recantos e que non se preocupaba moito polo risco. O importante, segundo el, era que a cámara non se estragase e poder tirar máis fotos". O recente I Congreso Galego de Espeleoloxía amosou unha mostra deste traballo, que conseguiu a admiración de moitos coñecedores das covas.
O factor local
A tarefa de exploración desenvolveuse en estreita colaboración con xentes do lugar que coñecían a cavidade, segundo recoñece Lourdes. "A cova do Rei Cintolo era coñecida de moi atrás por xentes da zona, un dos primeiros que debeu entrar con fins de investigación científica debeu ser José Villa-Amil", que ademais de historiador, tamén era natural de Mondoñedo, e que fixo a súa exploración xa no século XIX. Sen chegar a ese nivel científico, foron varios os veciños de Supena os que colaboraron no evento, entre eles espeleólogos do lugar coma José María González-Redondo que se integraron no grupo. Tamén en representación local o cronista de Mondoñedo, Eduardo Lence Santar participou no evento. En xeral, a convivencia cos habitantes de Supena foi do máis destacado que lembran os expedicionarios. "O máis importante foi a convivencia coa xente de alí. Os veciños de Sopena estaban moi ilusionados, e aínda hoxe cando se achega algún dos membros do club por alí recíbennos sempre cos brazos abertos", apunta esta espeleóloga. De feito, e segundo lembra Veiga, mesmo se organizou unha visita á cavidade para eles.
Os achados
"Descobren galerías, fotográfanas, observan e analizan a xeomorfoloxía da cavidade, analizan augas, estudan restos arqueolóxicos e residuos sedimentarios... ", resume Castiñeira. Quizais a descuberta máis importante da expedición foi o establecer que curso de auga que había no interior da cova era un río. "Fixéronse probas e viuse que rexurdía nun par de lugares algo máis adiante e comprobouse que era un curso activo". Tal achado deu en que se lle nomease Celtas ao curso en homenaxe aos montañeiros, nome que conserva aínda hoxe. "Logo o que fixeron, fundamentalmente, foi percorrer todos os ocos. Coñecíase algo da galería principal e una zona cara as galerías onde hai as salas de órganos e de cirios, pero non había levantamentos topográficos e faltaban moitas cousas por se ver. O primordial foi levantar un primeiro plano da cova", sinala Castiñeira. Para a espeleoloxía galega foi este un auténtico fito fundacional, que deu a coñecer a disciplina por todo o alto. "Tivo moito eco, supoño que tamén pola época na que se vivía. Nunha cidade coma Vigo, con todas estas persoas vencelladas á cultura apoiaron o proxecto conseguiuse unha transcendencia que chegou a nivel estatal", lembra esta espeleóloga. Foi un momento estelar no que a cultura baixou á cova.