As máis de cincocentas referencias que conforman o Tesouro espeleolóxico galego permiten facer múltiplos percorridos polas covas e cavidades do país. Da man de Xavier Groba e de Alba Cid, dúas das persoas que asinan este traballo, coñecemos unha selección de furados que amosan todo o que se pode atopar neste volume.
Galería de ilustracións do Tesouro Espeleolóxico Galego (aCentral Folque, 2022)
(Fotografía da capa). Furna do Porto de Laxe (ca. 1930). Arq. fotográfico Vidal do Concello de Laxe
"É un deses exemplos de furna destruída", explica Alba Cid. A construción da zona portuaria da vila acabou coa formación que ilustra a capa da obra. "Sempre penso que unha paisaxe para morrer debe desaparecer da imaxinación ou do coñecemento construído, coma un ser mítico. Ter escollido esta fotografía para a capa seméllame un indicio da ollada dos Maúxo sobre a espeleoloxía. Que canda ás covas máis coñecidas teñan cabida na obra as covas desaparecidas, as incertas e mais as galerías e corredores míticos. En moitos textos sobre castros aparecen eses subterráneos dos que non se atopou nada. Que esas covas das que só temos pegada por escrito teñan entidade propia na obra paréceme fantástico.
(Fotografía da contracapa). Sala Cirios da Cova do Rei Cintolo. Á esq. a columna desaparecida nos 70. GARCÍA GARRABELLA y Cº (ca. 1970). AHPL
Para Xavier Groba a Cova do Rei Cintolo "é das máis significativas do Tesouro. Recollemos sesenta e seis referencias desde o século XIX, entre elas as fotografías dunha compañía que facía fotografía turística, García Garrabella, que se publican por primeira vez". Como esta "o libro rescatou moita documentación que estaba ciscada e era ignorada a día de hoxe por espeleólogos e investigadores de diferentes áreas", apunta. "Esta imaxe en concreto resulta espectacular no sentido de que se ve a Sala dos Cirios e a man esquerda hai unha columna que desapareceu. Roubárona nos anos 70, como tantos espolios que se deron noutras covas", detalla este espeleólogo. "Un dos méritos do libro é recuperar cousas coma esta que se perderon. Hai aínda covas que agardamos que se investigue se existen ou non, porque alguén falou delas pero non están documentadas e en moitos casos ninguén comprobou se desapareceron".
Noroeste ibérico no mapa xeolóxico do Instituto Geológico y Minero de España baixo a dirección de Luis de la PEÑA y BRAÑA (1936).
"Está feito en Madrid en 1936. Resulta moi interesante que colle parte de Portugal. Permítenos falar dos diferentes tipos de covas", destaca Grobas, quen destaca que "a nosa perspectiva sobre a espeleoloxía non é a clásica, que só considera covas as que se dan en terreo calcario. Para nós teñen tamén importancia as outras litoloxías galegas, como reflicte o mapa. Só un 5% do noso territorio é calcario, na zona de Mondoñedo, o Courel e Rubiá, no Sil. Desde esa perspectiva clásica considérase que hai moi poucas covas en Galicia, pero se temos en conta as cavidades pseudocársticas de granito, gneis e furnas, que non se producen por disolución en auga, somos unha potencia internacional". Nese sentido "as covas de granito galegas son espectaculares. As do Avia, Trapa ou o Folón son das máis interesantes do mundo. Tamén nas paracársticas, que se dan en cuarzo e cuarcitas, somos potencia co Pico Sacro". Nese sentido "o mapa amosa esa diversidade de solos que nos permite traballar con todos os tipos de cavidades que se coñecen no mundo. E tamén temos en conta as artificiais. A espeleoloxía é a ciencia que estuda o subsolo, entón atendemos pozos, minas do que sexa, túneles de ferrocarril, de tranvía ou de coches. Ou tamén as minas de auga. Este é un mundo que non se pode deixar atrás e que ten implicacións para a cultura galega, con toda a problemática histórica de depredación do territorio e de modificación de paisaxe".
Miniaturas da Cantiga de Santa María nº CXXXI. Códice Rico, Biblioteca de San Lorenzo de El Escorial (ca. 1280-1285).
"Antes dos anos 70 case non hai topografías que representen covas, só temos fotografías, gravados ou fabulacións", explica Alba Cid. "Neste sentido é ideal observar esta miniatura, que é a representación de covas máis antiga do libro. Non é exactamente galega porque representa as minas de prata de Aleixo de Constantinopla, pero permítenos intuír a visión románica das covas e enlazar con ese antigo imaxinario e enlazar con ese antigo imaxinario". Nese sentido, "paréceme fascinante como se abre a cova con ese corte transversal que permite ver o que pasa dentro. Vese o emperador a visitar as minas cun monte de traballadores e vemos como se pecha a mina. Paréceme unha marabilla que poidamos ter unha ilustración do século XIII con aquela ollada sobre as covas".
Ilustre excursión ao Pico Sacro en 1925. Fotografía de Pedro Brei.
Na imaxe, entre outros, posan Castelao e Manuel García Barros, autor do artigo que inclúe esta fotografía de Pedro Brei. "Preto da boca, Don Manoel Sinde e o seu can; o que está espernancado é Castedo, precurador e teniente de alcalde da Estrada; o que lle sigue, Nodar Magán, doutor e médico municipal. Dos dous que están sentados, o do paraguas é Otero Abelleira, Direutor do Emigrado, o do bastón é Castelao, o dibuxante da Raza; enriba, de pé, García Barros, redautor do Emigrado e autor dista cróneca. O rapás que ten a veira é fillo d'el [...]", explica a lenda da imaxe. Segundo Groba "o Pico Sacro é a cova máis documentada do libro, con referencias desde o século XII. O Códice Calixtino xa fala do dragón que ataca aquí os discípulos de Santiago que levan o cadaleito do apóstolo. A xente bota pedras dentro para matar os tres lagartos que saíron dos ovos doutro dragón que destruíu aquí o propio Santiago. Ten un lote de mitoloxía asociada, ata Neira Vilas o menciona nas Cartas a Lelo", enumera. Sobre esta cavidade apunta que "é unha cova natural modificada polo home, por moito que haxa xente que diga que é unha mina de ouro romana. Non hai ningunha que sexa así, os romanos terían desfeito o pico enteiro se quixesen extraer ouro. Identifícase co Mons Sacer do que falaba Justino, onde só se podía coller o ouro se o levantaba o raio. Segundo os nosos estudos é unha cova tectónica, rarísima no mundo, que ademais ten vencellada toda esta cultura, un mosteiro ao carón, un castelo enriba, lendas de todo tipo e crenzas que aínda se manteñen".
Carta postal da cova do Fonforrón. Fotografía de Ramón Caamaño (1932/1933). Arq. da Casa Museo do fotógrafo Ramón Caamaño.
"Esta é unha furna de mar. O noso idioma é dos poucos que ten unha palabra propia para denominar as covas marítimas", advirte Groba. "Non se forman porque o mar rache a rocha, senón que aproveita zonas débiles doutra rocha que baleira e logo as mareas van ampliando ata que se derruban, como nas coñecidas Catedrais". De xeito máis concreto, "esta furna está documentada desde 1799, no Diccionario Geográfico de España que realizou Tomás López, que ficou inédito e que agora se pode consultar na Biblioteca Nacional. Deste lugar contábase que o ruído que se forma na cavidade cando o mar está de temporal se podía escoitar no Orzán". Coma esta do Fonforrón, no noso país "hai moitísimas furnas e están a se documentar, pero aínda queda un traballo enorme por diante".
O fotógrafo Plácido Vidal sobre a Igrexa dos Lobos, abrigueiro granítico en Cabana de Bergantiños (ca. 1930). Arq. Fot. Vidal do Concello de Laxe.
A imaxe serve como exemplo doutro tipo de cavidade moi presente na nosa paisaxe. "Un abrigueiro, refuxio ou lapa era unha pequena cavidade granítica empregada pola cultura labrega", explica Groba. "En toda Galicia e Portugal cando os nenos subían co gando ao monte empregábanos para se acubillar da choiva e facer lume no inverno e no verán para estar á sombra. Estes espazos eran coñecidos e polo xeral tiñan nome e lendas asociadas. Este de Cabana é un exemplo moi fermoso, porque ademais de estar relacionado co pastoreo e ser un lugar de encontro na zona, ten tamén unha lenda que o vencella a un castro próximo". O coñecemento sobre estes abrigueiros está en pleno auxe. "Deste tipo de cavidades hai centos, e moitas están a se descubrir agora, mediante páxinas web de xente non profesional que investiga a súa zona. Desde o ano 2000 multiplicáronse as referencias a cavidades en blogues sobre patrimonio arqueolóxico e inmaterial que agora se comeza a valorar". Entre estas destaca tamén a famosa Cova do Lobo de Barbadás, fogar do famoso San Benito, que foi retratada por Curros Enríquez nun coñecido poema.
Pedra Furada no monte de Santa Trega, A Guarda. (ca. 1935). Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación de Pontevedra.
"As pedras furadas son un tipo de cavidades moi interesantes. O nome técnico é tafone, que vén do corso. Trátase dunha forma granítica moi peculiar, son rochas que están tan ocas que abren por un lateral e forman unha especie de ventá. Esta é só unha das que aparecen no libro, e das máis coñecidas, ten vencelladas lendas de mouros tesouros e ritos de curación", lembra Groba.
Litografía de Monte Furado (infra esq.Pizº [Pizarro?]). (1851). Semanario Pintoresco Español.
Segundo explica Alba Cid, "dos textos que hai no libro, cando vexo Monte Furado lémbranme as palabras de Murguía, que di algo como que aquel que visite estes grandes traballos non poderá mais que estremecerse, a sinalar que no fondo o que estamos a contemplar son obras feitas por escravos. Isto ademais trénzase cunha historia familiar. O meu avó Ángel Cid viviu nas inmediacións do lugar porque traballou nas obras do tren a facer o túnel de Malpaso e a liña Zamora-A Coruña", lembra a poeta. "Este pulso constante entre a orografía e as vías de comunicación é outra das chaves do libro. Estas obras supoñen moitísimos ataques ao medio pero tamén abren enormes posibilidades. O maúxos din moito que cando ollamos as Médulas estamos a ollar unha cicatriz, un desastre paisaxístico. Son negativos dun territorio arrasado con método e voracidade". Do mesmo xeito, "as imaxes de Monte Furado son moi lindas pero están cargados cunha historia galega que para min se trenza con esa historia familiar aínda presente. E todo punteado por accidentes, desprendementos, explosións, enterramentos e todo tipo de feridas mortais".
"La Cueva de Covadonga". Óleo sobre lenzo de Genaro Pérez Villaamil (1850). Colección Museo de Bellas Artes de Asturias.
Esta peza é para Alba Cid "un exemplo do rebumbio de viaxeiros que comezaba no século XVIII e que facilitou o comercio de arte e de antigüidades". O caso do pintor Genaro Pérez Villamil, nado en Ferrol a comezos do século XIX, "foi unha destas historias de percorrer Francia, estudar en Bélxica ou Holanda e de inscribirse nesa xeración de pintores viaxeiros que rexistraban lugares emblemáticos". Así, "esta vista interior da cova ten esa atmosfera romántica e de ensoño. Vese un lote de personaxes que intuímos populares, e algo moi interesante, que é que el non renunciaba a denunciar o estado de algúns lugares que pintaba. Aquí amosa como quedara o santuario logo dun incendio que se dera a finais do século XVIII. Mestúrase entón esa ollada do romanticismo coa da ilustración".
Carta postal da Gruta dos espellos de Lourizán. Fototipia Thomas (ca. 1920-1930). Arq. aCentral Folque.
Desa mesma ollada fai parte este exemplo "no texto chameilles a paisaxes da imaxinación. No século XVIII non había no mundo anglosaxón unha propiedade xeitosa sen a súa gruta artificial. Intúese que esta moda estaba ligada a ese Grand Tour, a viaxe que a rapazada aristocrática británica facía durante un ano ou máis por Europa para completar a súa formación", explica Cid. "Responde á necesidade de reproducir ou alongar esas experiencias da viaxe nos territorios propios. É como dicir: 'Ollei estas marabillas do Renacemento por Europa e agora traio aquí esta especie de pastiche que nos lembra o que é a maxestuosidade milenaria dunha cova". Nese contexto é onde compre situar a gruta dos espellos de Lourizán, "a amosar esa profusión das covas como escenario, neste caso mesmo a introducir cristaliños de cores". Outras das grutas artificiais ben coñecidas en Galicia son as do Parque do Pasatempo, "coas súas estalactivas e estalagmitas. En Norteamérica téñense empregado como salóns de restaurantes ou mesmo entradas de hotel, son as covas da imaxinación, as que desexa inventar o ser humano".
Nas minas de Vilaoudriz. Fotografía de Benito Prieto (ca. 1905-1910). Arq. Fot. Museo de Pontevedra.
Outro exemplo de cavidade artificial que se retrata na obra, "estas eran unhas das minas de ferro máis importantes de Galicia, das máis longas e que hoxe pódese visitar como patrimonio", explica Cid, a incidir en que estes "son lugares de traballo", Así para ela "esta imaxe é moi interesante porque deixa ver os traballadores, neste caso, e noutra tamén aparecen os capataces desta mina".