culturagalega.org

inicio / colaboradores / Puntadas do Xastriño por Xastriño Puntadas do Xastriño
Puntadas do Xastriño

por Xastriño

Guía para visitar a cidade de Masereel

O artista belga reta as preconcepcións sobre a BD

Puntadas do Xastriño
10 / 10 / 2012
Chuza   del.icio.us   technorati      Imprimir   Escoitar   Enviar  
A primeira nova que tiven do artista belga especializado enxilografías, Frans Masereel, foi entre as páxinas do estupendo cómicteórico de Scott McCloud, Como se hace un cómic (1995, edicións B)agora reeditado por Astiberri baixo o título de Entender el cómic e,grazas á editorial Rinoceronte, tamén se pode conseguir a súa ediciónen galego: Entender o cómic (2011)

En calquera das tres edicións preséntase a Frans Masereel comaun innovador da linguaxe do cómic que, porén, no tivo case cabidano seu tempo debido á afogada definición do cómic na altura,considerados os seus traballos como meras novelas sen palabras.Como exemplo, McCloud presenta catro viñetas de Un viajeapasionado (Mon libre d’heures, 1919) e desde daquela, de formainvoluntaria, agardei para ler algo sobre este autor (como procedeucon case todas as obras que se mencionan ao longo do tomo deMcCloud).

E, por fin, 17 anos despois, a editorial Nørdica Libros empaqueta nunatractivo volume a súa máis importante obra: La ciudad (La cité,1925). Así que, alentado pola promesa de Art Spiegelman de estarposuíndo "unha parte importante da historia secreta dos cómics",bulo a devorala...

As impresionantes pranchas de Frans Masereel farían as deliciasde calquera expresionista convencido e mesmo espertaría aadmiración de alguén dedicado á fina arte da estampación. A pesardisto, non encontrei historia por ningures. Si, apenas un albisco deinicio, pero non contén nó nin desenlace. Nada que ver coas catroviñetas presentes na monografía de McCloud onde si se apreciadesenvolvemento secuencial. Se acaso, volvo lelo, tratando de veralgunha conexión entre os xilogravados pero non puiden por máisque ollar unha serie de airosas estampas, sen nada que indiquecontinuidade como por exemplo un personaxe característico presenteen cada viñeta. E mesmo tratei de atopar algunha relación de causa-efecto dunha viñeta para outra. Ren de ren.

Daquela ¿non nos atopamos diante dunha novela gráfica senóndunha fermosa colección de ilustracións que versan sobre as ditase desditas urbanas? ¿A promesa de Spiegelman non era máis quevulgar marketing? Ou, sen máis, ¿é que son parvo?

Teño que recoñecer que me custou chegar a entendelo pero se aalgo ou a alguén lle hai que botar a culpa é a min e á miña malahabituación ás historias propiamente ditas. Aquelas que che contan algo, o que sucede e cómo se resolve, á miña aclimatación a escenashistoriadas sen me decatar que o poder da banda deseñada vai aléndiso. Así que volvo a apresar o libro de Masereel para confirmar oque xa intuía. Non estamos perante unha historia senón diante dunhadescrición.

Porque, a arte secuencial non se limita só a contar historias.

Do mesma xeito que lemos unha guía turística sobre unha cidadeque pensamos visitar, non se nos conta unha historia senón unhadescrición puntualizada do que nos imos encontrar. Ou de que xeitoun periodista descrebe o ambiente da enésima cidade bombardeadade oriente medio. Ou de como un arquitecto fai unha recensióndetallada dos aspectos arquitectónicos sobre a cidade en cuestión.

A cidade de Masereel non é máis que unha descrición urbana feitacómic, coa particularidade de que esta desenvólvese sen palabrase baseándose no impacto visual do debuxo. E a cidade que retrataMasereel é, de principio a fin, unha calada descrición. Non hai historiasenón un inventario mudo dos sensabores da metrópole modernaque vai brincando dun aspecto noutro da mesma, ensamblandosecuencias que, agrupadas, dannos unha impresión global de Lacité.

É que eu sonvos da aldea.
Ligazóns
unha completa biografía de Frans Masereel en dúas partes

Completa páxina sobre Frans (en alemán)

Outras colaboracións

Atrapade o mensaxeiro
por Jose Lens
Entre as viñetas
por Henrique Torreiro
Puntadas do Xastriño
por Xastriño
A banda de La Opinión
por Diario La Opinión
Os dados do reloxeiro
por Xurxo Mariño
Melodixit
por Melo

anteriores colaboracións

Agardando as lagarteiras
por Rosa Aneiros
Novenoscopio
por Miguel Porto
Cartas Marcadas
por Xavier Queipo
Zona RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org