culturagalega.org

inicio / colaboradores / Puntadas do Xastriño por Xastriño Puntadas do Xastriño
Puntadas do Xastriño

por Xastriño

Alberto Breccia, un mestre irrepetible

Dono dun estilo gráfico inconfundible, Breccia (1919-1993) é un dos autores máis importantes do cómic latinoamericano, creador de obras mestras da novena arte como "Mort Cinder" ou "El Eternauta".

Puntadas do Xastriño
13 / 9 / 2006
Chuza   del.icio.us   technorati      Imprimir   Escoitar   Enviar  
Debuxante por necesidade para non acabar de matachín nun mercado, Alberto Breccia conservou na súa retina impresións de masas informes e sanguinolentas das vísceras, por entre as que discorre unha gran mancha de sangue que adopta formas irreais e estrañas, como dotada de vida propia. E iso é o que acontece no marabilloso grafismo deste autor uruguaio pero arxentino de adopción. Como tódolos debuxantes primeirizos destacouse por un excelente dominio do debuxo, dentro dos termos realistas esixidos no mercado. Sen embargo, ao remate dunha conversa con Hugo Pratt, o cal concluíu chamándolle puta barata da historieta, podendo facer cousas mellores é cando empezamos a albiscar ao auténtico Alberto Breccia, o Breccia experimental que fai de cada contacto sobre o soporte un espectáculo visual único. O Breccia que perde a fe no academicismo gráfico da historieta e se converte ao credo da imprevisión pictórica.

A miña paixón por Alberto Breccia xurdiu nunha das edicións de Viñetas desde o Atlántico, onde tiven ocasión de admirar os marabillosos orixinais dunha historia curta titulada Dibujar o no, con guión de Juan Sasturáin, que condensa, nas súas escasas oito páxinas, unha lección mestra de cómo facer unha boa BD e, desde entón non podo deixar de admirar, sobre todo, os seus derradeiros traballos. Certo que El Eternauta e Mort Cinder, ámbalas dúas con guión de Oesterheld non deixan de ser obras mestras do xénero, emporiso non son senón a xénese do que haberá de ser o máis interesante da súa produción, entre os que salientan as adaptacións de Lovecraft (Los mitos de Cthulhu) e Poe (El corazón delator), entre outros mestres do susto, interpretacións da lenda de Drácula (¿Drácula, Dracul, Vlad? ¡Bah…!) e os contos clásicos (atención ao de Hansel e Gretel) e, sobre todo o Informe de ciegos, de Ernesto Sábato. Tódolos mencionados están dotados dun carácter único e irrepetíbel en cada unha das súas viñetas, nas que nada semella estar sometido ás ríxidas directrices da pluma senón que dá libre albedrío a unha mancha esvaradía e aceitosa disposta con man nerviosa para que se arrastre por onde máis lle apeteza da superficie do papel sen perder de vista o seu cometido, a figuración, a construción dunha viñeta na que suxire o terror máis ateigado a través de borróns postos estratexicamente ou o expresionismo máis esaxerado e colorista coa deformación das figuras deica límites abraiantes pero perfectamente lexibles.

Alberto Breccia soubo destronar á liña da súa condición de suprema e tiránica maxestade sobre o reino de papel e unha vez perdidas as súas facultades de encerrar á mancha de tinta, antes relegada a unha mera función de recheo, ésta coróase como principal artífice da figuración, creando unha sociedade multicultural na que teñen cabida toda sorte de materiais e técnicas co principal obxectivo de crear un mundo de sensacións interpretables de mil maneiras distintas, derrocando á antiga ditadura de visión unidireccional da liña. E para os máis ávidos de referencias biográficas ou bedegráficas do mestre, recoméndolles que se dirixan aos enlaces da marxe.
Ligazóns
Historieteca. Albeto Breccia / Sitio oficialAlberto Breccia. ReportaxeBuchmesse. Mostra da sua obra

Alberto Breccia

Outras colaboracións

Atrapade o mensaxeiro
por Jose Lens
Entre as viñetas
por Henrique Torreiro
Puntadas do Xastriño
por Xastriño
A banda de La Opinión
por Diario La Opinión
Os dados do reloxeiro
por Xurxo Mariño
Melodixit
por Melo

anteriores colaboracións

Agardando as lagarteiras
por Rosa Aneiros
Novenoscopio
por Miguel Porto
Cartas Marcadas
por Xavier Queipo
Zona RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org