culturagalega.org

inicio / colaboradores / Puntadas do Xastriño por Xastriño Puntadas do Xastriño
Puntadas do Xastriño

por Xastriño

Teño unha teoría...

¿Que é a BD? Xastriño lembra precedentes antigos e compara as súas propias ideas coas do mesmísimo Scott McCloud

Puntadas do Xastriño
10 / 6 / 2009
Chuza   del.icio.us   technorati      Imprimir   Escoitar   Enviar  
Pero primeiro, temos que dar oídos á definición que fai Scott McCloud acerca do cómic que non é senón: “Ilustracións xustapostas e outras imaxes en secuencia deliberada co propósito de transmitir información ou obter unha resposta estética do lector” que se pode resumir nestas dúas palabras: arte secuencial. Esta é unha definición máis ampla que permite atopar antecedentes e orixes a través das máis afastadas épocas da humanidade, polo menos na súas vertentes artística e literaria.

Deixando de lado o intenso debate que suscita a realidade desta definición, suxiro apelar á máquina do tempo para retroceder uns séculos e observar a evanxelización de temerosas multitudes analfabetas a través de relevos de temática bíblica dispostos en secuencia, ou o goce polas clases máis altas do riquísimo tapiz de Bayeux, de lectura seguida e lineal, durante a sombriza Idade Media. Axustando unhas centurias menos no aparello transportador do tempo, os romanos mareábannos coa lectura helicoidal da Columna de Traxano, propaganda enaltecedora do emperador que narra as súas campañas contra os dacios.

É nas misteriosas areas de Exipto onde atopamos algúns dos exemplos da arte secuencial máis antigos que se coñecen, sobre todo, no interior dos mausoleos cubertos con exquisitas narracións costumistas e agrícolas como as da tumba de Menna (XVI a. C.), cuxo sentido da lectura vai en zigzag, de embaixo para enriba.

Estas mostras xa aparecen descritas nas teorías de McCloud e hai quen se atreve a afirmar que sobre as pinturas rupestres xa existen mostras de imaxes secuenciadas. Emporeso, naqueles afastados tempos, o concepto de arte secuencial atóldase, debido á carencia dunha orde lóxica, na disposición das representacións pictóricas, caracterizadas por un xeral desorde no interior dos subterráneos.

Atopámonos nunha época na que aínda non se albiscaba, nin imaxinaba a palabra escrita e que, sen embargo, válese das imaxes pictóricas sobre a rocha para gravar ritos e costumes co propósito de fixar uns obxectivos, unhas instrucións gráficas vitais para a súa supervivencia, uns preceptos que, quéirase ou non, implica a descrición de varios quefaceres sucedidos e encamiñados a un mesmo fin. Deste xeito a secuencia gráfica como representación da acción queda implícita.

Unha secuenciación que, nas pinturas prehistóricas, no posúe unha xustaposición de carácter lineal coma nos exemplos anteriormente mencionados, senón que todo quedaba ao libre albedrío do pintor, quen era o único que podía descodificar estas historietas rupestres, xa que a súa técnica inicíatica e rudimentaria impedíalles seguir unha ordenación lóxica das secuencias, cousa que aparecerá máis tarde co xurdimento da escritura. Desta maneira, o propio pintor forma parte da banda deseñada pétrea coma o guía do sentido de lectura das iconas visuais, amosándollo aos lectores da súa tribo.

Sería máis tarde, co xurdimento da escritura, cando se empecen a ordenar as imaxes. É de salientar que as palabras non son senón, unha simplificación evolutiva de debuxos recoñecibles deica formar os caracteres abstractos que hoxe coñecemos. Grafías que se ordenan para formar un conxunto con significado completo: as oracións. E, paralelamente, empezan a se colocar as imaxes en secuencia para acadar representacións con sentido narrativo. No fondo, ámbalas vertentes non son senón unha disposición ordenada de iconas “... con propósito de transmitir información ou obter unha resposta estética do lector”

Esta é a miña teoría.
Ligazóns
LIGAZÓNS:

intenso debate sobre a arte secuencial


O Tapis de Bayeux ao completo


A columna Traxana, tambén ao completo

Outras colaboracións

Atrapade o mensaxeiro
por Jose Lens
Entre as viñetas
por Henrique Torreiro
Puntadas do Xastriño
por Xastriño
A banda de La Opinión
por Diario La Opinión
Os dados do reloxeiro
por Xurxo Mariño
Melodixit
por Melo

anteriores colaboracións

Agardando as lagarteiras
por Rosa Aneiros
Novenoscopio
por Miguel Porto
Cartas Marcadas
por Xavier Queipo
Zona RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org