Despois de setenta anos, a Selección Galega de fútbol disputou de novo un partido. Galicia foi a derradeira das nacionalidades históricas en formar unha selección de seu, a pesar da demanda se ter repetido en numerosas ocasións. Este documental narrado por Carlos Blanco está protagonizado por xogadores, corpo técnico, ex-futbolistas como Marcelino e moitos afeccionados: Os familiares de Ricardo Cabanas (xogador residente en Suíza), a irmá de Salgueiro (xogador da selección uruguaia e descendente de galegos) e os presidentes das Peñas Celtista e Deportivista de Vilalba (que foron xuntos ao encontro). Todos estiveron naquel histórico partido de decembro de 2005.
|
Ficha artística
Dirección:
/
Carlos Ares
/
Diego Méndez
Dirección fotografía:
/
Juan Morgade
Guionista:
/
Carlos Ares
/
Carlos Meixide
/
Diego Méndez
Música:
/
Piti Sanz
Presentación ou locución:
/
Carlos Blanco
Produción Executiva:
/
Carlos Ares
/
Dani Méndez
Xefatura de son:
/
Pablo Raso
Ficha técnica
Produtora
/
Alén Filmes, S.L.
/
Televisión de Galicia (TVG)
/
Zopilote S.L.
Titulo orixinal: Selección galega. Setenta anos despois
Tipo: Documental
Xénero: Histórico
Coprodución
Realizada a cor
Duración: 33'
Orixe: Galicia
Ano: 2006
Idioma V.O.: Galego
Orzamento: 15.000 €