José Ernesto Díaz Noriega foi o pai do cine amateur en Galicia, mestre de cineastas como X.Villaverde, C.Amil, M.Castelo ou A.Simón, entrevistados todos, xunto coa familia do director, neste repaso da súa vida e obra. O documental, cuxo título alude ao nome da filla do cineasta, conta cunha versión abreviada ("J.E.D.N.") en curta de 35 mm para salas comerciais. A edición DVD contén, á parte de extras inéditos, obras de Díaz Noriega como a premiada “Cine Amateur” (1965), “El Festival” (1967) e “Os Suevos” (1974), todas restauradas dixitalmente a partir de orixinais cinematográficos conservados na Filmoteca Nacional. Comercializado en DVD con audio en galego. Palmarés: Premio á mellor dirección de documental, para Marcos Nine, no 11º Festival Internacional de Cine Independente de Ourense (2006). Mención especial da categoría de longametraxe no II Festival Europeo de Cine y Televisión Memorimage (Reus 2007). |
Ficha artística
Dirección:
/
Marcos Nine
Dirección fotografía:
/
Justo Guisasola
Entrevistado:
/
José Ernesto Díaz-Noriega
Guionista:
/
Marcos Nine
Música:
/
Nani García
Produción:
/
Ignacio Benedeti
Produción Executiva:
/
Xosé Zapata
Xefatura de son:
/
Claudio Canedo
/
Daniel Patiño
Ficha técnica
Distribuidora
/
Biblos Clube de Lectores
/
Ignacio Benedeti Cinema S.L.
/
La Voz de Galicia
Produtora
/
Ignacio Benedeti Cinema S.L.
Titulo orixinal: Pensando en Soledad
Tipo: Documental
Xénero: Biográfico
Produción propia
Duración: 50'
Orixe: Galicia
Ano: 2006
Idioma V.O.: Castelán
Dobrada: Galego
Orzamento: 65.978 €
Porcentaxe subvencións: 25,91 %
Importe subvencións: 17.095 €