León e Olvido son irmáns mellizos e orfos. León ten síndrome de Down. Olvido, cuxas relacións sentimentais non van nada ben, tivo que deixar os estudos e porse a traballar. León pretende acaparar as atencións da súa irmá. Os sentimentos que os unen e enfrontan son moi intensos por ambas partes até que un día aparece nas súas vidas Damián. DVD dispoñible no CGAI. Palmarés: Estreada en salas de España, Francia e Suíza. Recibiu once premios en festivais internacionais e tres en certames estatais. Dous dos premios internacionais fóronlle outorgados no festival Karlovy Vary, ao mellor director e á mellor actriz. Premio do público no X Festival Internacional de Cine de Atenas (2004). Premios á mellor actriz (Marta Larralde) e ao mellor guión (Xavier Bermúdez) no Festival de Cine Español de Toulouse (2004). Premio ao mellor director (Xabier Bermúdez) e á mellor actriz no Festival Internacional de Cine de Ourense (2004). Marta Larralde recibiu o premio á mellor actriz no festival internacional de cine independente PÖFF 2004 (Tallinn, Estonia 2004) e no mesmo certame Xavier Sánchez Bermudez gañou o galardón do xurado pola realización deste filme. O filme gañou en 2005 o premio especial do xurado no festival de Málaga. |
Ficha artística
Dirección:
/
Xavier Bermúdez
Dirección artística:
/
Rodrigo Roel
Dirección fotografía:
/
Alfonso Sanz Alduán
Guionista:
/
Xavier Bermúdez
Intérpretes:
/
Nerea Barros
/
Mighello Blanco
/
Amalia Gómez
/
Guillem Jiménez
/
Marta Larralde
/
Rebeca Montero
/
Gary Piquer
/
Laura Ponte
/
David Seijo
/
Jaime Vázquez
Montaxe:
/
Javier Alberto Correa Harley
Música:
/
Coché Villanueva
Ficha técnica
Emisión ou proxección
/
Televisión de Galicia (TVG)
Préstamo
/
Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)
Produtora
/
El Paso P.C.
/
Televisión de Galicia (TVG)
/
Xamalú Filmes, S.L.
Sonorización, locución e dobraxe
/
Son do Tagalem SLU
Titulo orixinal: León y Olvido
Tipo: Longametraxe
Xénero: Drama
Produción propia
Realizada a cor
Duración: 112'
Orixe: España
Ano: 2004
Idioma V.O.: Castelán
Subtitulada: Inglés
Dobrada: Galego
Orzamento: 1.200.000 €
Recadación: 70.727 €
Espectadores: 15.423