David Seijo / Actor

David Seijo

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 David Seijo
David Seijo
Actor
Nome completo: David Seijo Sanmiguel
Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) 1983   



Desde 2002 leva facendo teatro ininterrompidamente, desde actuacións na rúa até entremeses do Século de Ouro español. Os seus inicios no cine veñen da man do director Xavier Villaverde, e ademais de actuar en máis de media ducia de curtametraxes, ten experiencia en publicidade. Participou na longametraxe No hay hombres de Julio González. En 2008 traballou para a canle Antena3 Neox, na serie Eva y kolegas. En 2010 tivo un papel na serie de Antena3 El barco.

Formación específica: Diplomado na Coruña en Pedagoxía Teatral. Estase a formar no Estudio Juan Carlos Corazza (Madrid, 8 anos de formación). Seminario de roles e rexistros, con Catalina Lladó. Seminario de técnica, con Manuel Morón. Seminario ante Cámara, con Manuel Morón, Juan Carlos Corazza e Ana Gracia. Curso de Comedia dell´Arte en Avignon (Francia), impartido por Carlo Bosso. Curso de pantomima e esgrima en Avignon (Francia), impartido por Josef Markocki. Taller de teatro con José Leis Martínez. Curso de clown.

FILMOGRAFÍA

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de David Seijo (1)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org