Xavier Bermúdez / Dirección

Xavier Bermúdez

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Xavier Bermúdez
Xavier Bermúdez
Dirección
Nome completo: Xavier Bermúdez
Ourense 1951   



Ten traballado en prensa, radio e televisión. En 1980 realiza a súa primeira curtametraxe en formato profesional, “La hija del anarquista”. En 2000 publica un libro sobre Luís Buñuel, “Buñuel : espejo y sueño”. Ese mesmo ano asina para Canal Plus o vídeo “Peregrinos”, incluído no proxecto “Seis olladas de Compostela”. É co-guionista das longametraxes de Manane Rodríguez “Retrato de mujer con hombre al fondo” e “Los pasos perdidos”.

Premios e recoñecementos: Por “León e Olvido” recibiu o premio ao mellor guión no Festival de Cine Español de Toulouse (2004) e ao mellor director no Festival Internacional de Cine de Ourense (2004). Gañou o premio do xurado FICC jury award-Don Quijote pola realización do filme, no festival internacional de cine independente PÖFF 2004 (Tallinn, Estonia 2004).


FILMOGRAFÍA

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Xavier Bermúdez (16)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org