O director ourensán Xavier Bermúdez fará a estrea mundial da súa nova pelÃcula, Olvido y León na apertura do 25º Ourense Film Festival. Será o 25 de setembro cando está prevista esta edición do festival que se prolongará ata o 3 de outubro. O filme de Bermúdez continúa a trama da galardoada León y Olvido (2004) do mesmo director e guionista, e comezou a rodarse coincidindo coa anterior edición do festival. A secuela mantén como protagonistas a Guillem Jiménez e a Marta Larralde aos que se xuntou Monti Castiñeiras, e foi gravada en diferentes localizacións da provincia de Ourense, como o Balneario de Laias, Cenlle, Arnoia ou Ribadavia, sendo esta a primeira vez que o realizador fai unha rodaxe na súa provincia. Este 2020 celebrase o 25 aniversario do Festival de Cine de Ourense, organizado pola Fundación Carlos Velo e a Deputación de Ourense. A pesar da situación actual, o persoal que forma parte do certame estivo traballando para sacar adiante o festival e manter as datas previstas.
En Olvido y León coñecemos a evolución da vida destes dous irmáns e como se desenvolven na actualidade. A sinopse oficial da pelÃcula resume que "despois de quince anos, Olvido aceptou que o seu mal non é o seu irmán xemelgo, León, que ten a sÃndrome Down. PoderÃa abandonalo pero aceptou que o mal está en poderes que non coñece e non identifica ben, pero que os sente. Poderes que tecen como unha araña, un cárcere de insatisfacción social e persoal." Xavier Bermúdez, que escribe e dirixe o filme, afirma que "só me interesan os personaxes e situacións que me espertan unha actitude ambivalente cara a eles, e só me interesan os personaxes que viven con sentimentos ambivalentes. Por iso me seducen tanto Olvido e León". Tamén engadiu que a gravación desta cinta foi posible despois das conversas xurdidas entre Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense, e o cineasta cando este recibiu a Calpurnia de Honra no 2018 na edición OUFF dese ano. A partir de aÃ, xestionouse o apoio da institución ata facer realidade a pelÃcula como parte tamén dun programa de estÃmulo e promoción de Ourense como plató preferencial para a industria audiovisual.