De orixe humilde, o pioneiro empresario ourensán Eduardo Barreiros chegou a ser o sexto empresario máis importante de Europa en 1964. Daquela case a metade dos camións que circulaban por España levaban o seu nome, o dun rapaz de aldea que comezara coa xenial idea de converter motores de gasolina en diésel, creando un imperio industrial de case 25.000 traballadores. Mais, após perder o control da súa propia empresa a mans da multinacional estadounidense Chrysler, Barreiros abandonou e a marca desapareceu. Preestrea 17/6/2011 no compostelán Teatro Principal. Palmarés: Premio Platino á Mellor Película para TV, na 45ª edición do Festival Internacional de Cine Independente WorldFest de Houston (EEUU, 2012). Premio Mestre Mateo 2011 (entregado en 2012) á mellor película de televisión. |
Ficha artística
Dirección:
/
Simón Casal
Dirección artística:
/
Antonio Pereira
Dirección de produción:
/
Carlos Amoedo
Dirección fotografía:
/
Iñigo Zubicaray
Guionista:
/
José Luís Acosta
Intérpretes:
/
Tamara Canosa
/
Christian Escuredo
/
Denís Gómez
/
Darío Loureiro
/
Julio Pereira
/
Manuel Regueiro
/
Manolo Solo
/
María Tasende
Montaxe:
/
Chuchi Alonso
Música:
/
Antonio Meliveo
Produción:
/
Regina Álvarez
/
Pancho Casal
/
Pancho Casal
Produción Executiva:
/
Regina Álvarez
/
Paula Cons
Ficha técnica
Emisión ou proxección
/
Festival de Cine Internacional de Ourense
Produtora
/
Continental Producciones, S.L.
/
Setemedia
Subvención ou axuda pública
/
Agadic
/
Consellería de Cultura (Xunta de Galicia)
Tipo: Longametraxe
Xénero: Película feita para TV
Realizada a cor
Orixe: Galicia
Ano: 2010
Idioma V.O.: Galego
Orzamento: 897.670 €
Porcentaxe subvencións: 13,92 %
Importe subvencións: 125.000 €