Actriz
Nome completo: Tamara Canosa Ferrío
A Coruña 1983
Comezou na pequena pantalla en teleseries e telefilmes autonómicos a finais dos noventa, actuando de adolescente. Así, encarnou o papel de Laura en "Mareas Vivas" dos capítulos 54 ao 150 e fixo roles de reparto en diveras producións, que lle abriron as portas ao debú cinematográfico da man de Gerardo Herrero en "Heroína". Outro seu papel importante ten sido como secundaria da teleserie "Valderrei", con 95 episodios. Desde mediados da década de 2000 combina papeis televisivos episódicos coa interpretación na grande pantalla, sen esquecer o protagonismo en curtas como "Bechos Raros" ou "Juan Marante".
Premios e recoñecementos: Nos Premios Mestre Mateo 2008 da Academia Galega do Audiovisual (entregados en 2009) recibiu o galardón de mellor interpretación feminina protagonista por “Pradolongo”.
FILMOGRAFÍA
- Vilamor (2012)
- Vermello (2011)
- A Residencia (2010)
- A síndrome Cacareco (A verdade na cara) (2010)
- Eduardo Barreiros, o Henry Ford español (2010)
- Un día normal (2010)
- O espello (2008)
- Oculta identidade (2008)
- Pradolongo (2007)
- Valderrei (2007)
- Días azuis (2006)
- Bechos raros (2006)
- A vida por diante (2006)
- Heroína (2005)
- As leis de Celavella (2003)
- Entre bateas (2001)
- Mareas vivas (1998)
Videos | Ver 3 videos de Tamara Canosa
Galería de imaxes | ver As 2 fotos de Tamara Canosa
NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Tamara Canosa (11)
Data: 6 / 11 / 2024
Quiosco: Táboas Nº5
Data: 9 / 4 / 2024
O CDG estrea 'Os actos e as profecías' de Tamara Canosa e Xacio Baño
Data: 13 / 6 / 2023
O CDG celebrará o 40 aniversario cunha gran produción propia e a reposición de 'Terceiro acto'
Data: 21 / 2 / 2023
Teatro contra o estigma dos menores tutelados
Data: 18 / 2 / 2022
O proxecto 'Es ti que cantas' presenta os audiolibros coa obra completa de Rosalía