Eduardo Barreiros, o Henry Ford español |

de AVG | O soportal do audiovisual galego

Eduardo Barreiros, o Henry Ford español
De orixe humilde, o pioneiro empresario ourensán Eduardo Barreiros chegou a ser o sexto empresario máis importante de Europa en 1964. Daquela case a metade dos camións que circulaban por España levaban o seu nome, o dun rapaz de aldea que comezara coa xenial idea de converter motores de gasolina en diésel, creando un imperio industrial de case 25.000 traballadores. Mais, após perder o control da súa propia empresa a mans da multinacional estadounidense Chrysler, Barreiros abandonou e a marca desapareceu. Preestrea 17/6/2011 no compostelán Teatro Principal.

Palmarés: Premio Platino á Mellor Película para TV, na 45ª edición do Festival Internacional de Cine Independente WorldFest de Houston (EEUU, 2012). Premio Mestre Mateo 2011 (entregado en 2012) á mellor película de televisión.

Ficha artística
Dirección: / Simón Casal
Dirección artística: / Antonio Pereira
Dirección de produción: / Carlos Amoedo
Dirección fotografía: / Iñigo Zubicaray
Guionista: / José Luís Acosta
Intérpretes: / Tamara Canosa / Christian Escuredo / Denís Gómez / Darío Loureiro / Julio Pereira / Manuel Regueiro / Manolo Solo / María Tasende
Montaxe: / Chuchi Alonso
Música: / Antonio Meliveo
Produción: / Regina Álvarez / Pancho Casal / Pancho Casal
Produción Executiva: / Regina Álvarez / Paula Cons

 

Ficha técnica
Emisión ou proxección / Festival de Cine Internacional de Ourense
Produtora / Continental Producciones, S.L. / Setemedia
Subvención ou axuda pública / Agadic / Consellería de Cultura (Xunta de Galicia)

Tipo: Longametraxe
Xénero: Película feita para TV
Realizada a cor
Orixe: Galicia
Ano: 2010
Idioma V.O.: Galego
Orzamento: 897.670 €
Porcentaxe subvencións: 13,92 %
Importe subvencións: 125.000 €

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org