A rosa de Alexandría |

de AVG | O soportal do audiovisual galego

A rosa de Alexandría
Cando o cadáver de Encarna Abellan aparece esnaquizado nunha praia de Barcelona, o detective Pepe Carvalho comeza as pescudas e viaxa á Coruña. Ela estaba casada cun rico propietario pertencente a unha coñecida familia coruñesa e viaxara a Barcelona para se someter a un tratamento de fertilidade, mais antes mantivera relacións con Ginés Larios, oficial da mariña mercante e ex-mozo seu, a quen deixara para casar co rico herdeiro. O suicidio deste último parece dar o caso por pechado, non obstante Carvalho decide tentar esclarecelo todo.

Ficha artística
Dirección: / Rafael Moleón
Intérpretes: / Alfonso Agra / Jean Benguigui / Pep Cortés / Juanjo Guimarey / Luís Iglesia / Miguel de Lira / Suso Lista / Carla Maciel / Fely Manzano / Sonia Méndez / Antonio Mourelos / Juanjo Puigcorbé / David Seijo / Gonzalo Uriarte / Estíbaliz Veiga
Xefatura de produción: / Alfonso Blanco
Xefatura de son: / Fran Arcay

 

Ficha técnica
Emisión ou proxección / Televisión de Galicia (TVG)
Produtora / Institut del Cinema Catalá / Studio Internacional / Televisió de Catalunya (TV3) / Televisión de Galicia (TVG) / Voz Audiovisual S.A.U.

Titulo orixinal: La rosa de Alejandría
Tipo: Longametraxe
Xénero: Suspense
Realizada a cor
Duración: 86'
Orixe: Cataluña-Galicia
Ano: 2003
Dobrada: Galego

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org