O soldadiño de chumbo |

de AVG | O soportal do audiovisual galego

O soldadiño de chumbo
Adaptación animada do conto clásico. A historia, baseada no coñecido conto de Hans Christian Andersen, ten como escenario o Museo do Xoguete de Allariz e incorpora nesta versión revisada personaxes de tradición galega como son o Cigarrón e a Castañeira. Estrea CGAI 9/1/09. Estrea TVG 25/7/09.

Palmarés: Premiada en 2009 nos festivais Rec 09 (Ribadedeva en Corto), celebrado na localidade asturiana de Llanes e no Festival Pata Negra que tivo lugar en Guijuelo (Madrid). Premio FNAC á mellor curtametraxe española, por votación do público infantil, no festival Filmets (Cataluña, 2009), ex aequo con A flor máis grande do mundo. Premio á mellor curta de animación no FestivalON (Ribadeo, 2010). Premio á mellor curta de animación no III Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (2010).

Ficha artística
Dirección: / Tomás Conde / Virginia Curiá
Dirección artística: / Alfonso Costa
Intérpretes: / Manuel Manquiña / Luís Piedrahita
Música: / Emilio Aragón
Produción: / Pancho Casal
Produción Executiva: / Chelo Loureiro

 

Ficha técnica
Emisión ou proxección / Televisión de Galicia (TVG)
Produtora / Algarabía Animación / Continental Producciones, S.L.
Subvención ou axuda pública / Consellería de Cultura (Xunta de Galicia)

Titulo orixinal: O soldadiño de chumbo
Tipo: Animación
Xénero: Drama
Coprodución
Realizada a cor
Duración: 12'
Orixe: Galicia
Ano: 2008

vIDEOS | VER todos os videos de O soldadiño de chumbo  (1)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org