Virginia Curiá / Dirección

Virginia Curiá

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Virginia Curiá
Virginia Curiá
Dirección
Nome completo: Virginia Curiá Martínez
Cádiz 1967   



Animadora e directora de animación desde mediados dos anos noventa, xunto con Tomás Conde forma a produtora Algarabía Animación. Ten realizado videoclips, cortinas de continuidade e cabeceiras televisivas (Las noticias del guiñol, Canal+), anuncios comerciais, diversos programas piloto e unha ampla serie de curtametraxes de animación intervalométrica, con figuras de plastelina, inspiradas en personaxes e narracións da cultura galega. A súa produción está especialmente vencellada á Televisión de Galicia e a iniciativas apoiadas pola administración autonómica. No eido da publicidade, entre os seus clientes destaca unha coñecida marca de supermercados galegos, a UNICEF e unha empresa de seguros.

Formación específica: Titulada en Artes Aplicadas e Oficios Artísticos pola Escuela de Artes de Cádiz en 1992. Titulada en operacións de imaxe e son na EIS da Coruña en 1994. Impartiu máis de seiscentas horas en cursos e obradoiros para entidades como o Concello da Coruña, o Cefocop da Coruña, as universidades de Málaga, Vigo e A Coruña, o Consorcio Audiovisual de Galicia e o Cefore de Ferrol.

FILMOGRAFÍA

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Virginia Curiá (3)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org