Un neno orfo consegue sobrevivir a fame negra de 1853 coa axuda de Rosalía, unha moza escritora de clase social acomodada, quen lle proporciona alimento e roupa ó rapaz. Esta é unha obra de animación con personaxes de plastilina, na que se ensalza a figura de Manuel Murguía con motivo do día das Letras Galegas de 2000. A historia baséase no relato orixinal homónimo escrito por Murguía e publicado en "Los Precursores" (1853). DVD dispoñible no CGAI. Palmarés: Gañador do Premio Galicia no Certame Audiovisual do Casino de Vilagarcía (2000) e o Premio á mellor curtametraxe de animación da Asociación Galega de Productoras Independientes (AGAPI, 2001). Tamén obtivo unha mención especial do xurado no Festival Internacional de Cine Inédito de Islantilla 2000, á parte de ser seleccionado noutros catro festivais. |
Ficha artística
Deseño de decorados:
/
Vicente Roura Gómez
Dirección:
/
Tomás Conde
/
Virginia Curiá
Dirección fotografía:
/
Virginia Curiá
Guionista:
/
Daniel Domínguez
Música:
/
Gastón Rodríguez
Produción:
/
Emilia Neira
/
José María Suárez
Ficha técnica
Emisión ou proxección
/
Cartoon Network
/
Televisión de Galicia (TVG)
Préstamo
/
Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)
Produtora
/
Algarabía Animación
/
Lúa Films, S.L.
/
Televisión de Galicia (TVG)
Subvención ou axuda pública
/
Consellería de Cultura (Xunta de Galicia)
Titulo orixinal: Ignotus
Tipo: Animación
Xénero: Comedia
Prevenda
Realizada a cor
Duración: 16'
Orixe: Galicia
Ano: 2000
Idioma V.O.: Galego
Orzamento: 60.103 €