Cela 211 |

de AVG | O soportal do audiovisual galego

Cela 211
Juan é un novato funcionario de prisións que, cando se ve inmerso nun motín dos internos máis perigosos, se ten que facer pasar por un prisioneiro máis, para salvar a vida. Historia baseada na novela homónima de Francisco Pérez Gandul. Estrea 6/11/09. Editado en DVD con pista de audio en galego (2010).

Palmarés: Premio do público no festival de cine Les Arcs European (2009). Premios EP3 (suplemento de El País), mellor película, Cela 211, e mellor actor, Luís Tosar (2009). Premio Naece da Asociación Española de Exhibidores Independientes, mellor película (2010). Premios de cine da Asociación de Críticos latinoamericanos de Nova York (2010), mellor actor protagonista, Luís Tosar, e mellor actor de reparto, Carlos Bardem. Premio á mellor película na XV edición dos Premios José María Forqué (2010). Foi a grande vencedora dos premios Goya de 2010, con oito categorías galardoadas: Mellor montaxe, guión adaptado, actor protagonista, actor revelación, actriz secundaria, mellor dirección, mellor película e mellor son (Burmann, Fernández e Faruolo).
Gran vencedora nos Premio Mestre Mateo 09 recoñecida como mellor película, actor protagonista, actor de reparto, dirección, son, montaxe, dirección de produción, marquillaxe e perruquería, deseño de vestiario, guión e dirección.

Ficha artística
Dirección: / Daniel Monzón
Guionista: / Jorge Guerricaechevarría / Daniel Monzón
Intérpretes: / Alberto Ammann / Carlos Bardem / Ricardo de Barreiro / Jesús Carroza / Xavier Estévez / Marta Etura / Suso Lista / Manuel Morón / Antonio Resines / Vicente Romero / Manolo Solo / Fernando Soto / Luís Tosar / Luís Zahera / Roberto “Luna” Sánchez / Antonio Durán “Morris” / Xosé Manuel Olveira “Pico”
Maquillaxe: / Raquel Fidalgo
Montaxe: / Mapa Pastor
Produción: / Álvaro Augustin / Juan Gordon / Emma Lustres / Borja Pena

 

Ficha técnica
Produtora / Morena Films / Telecinco / Telecinco / Televisión de Galicia (TVG) / Vaca Films, S.L.
Representación e xestión de dereitos / Legalarte
Subvención ou axuda pública / Consellería de Cultura (Xunta de Galicia) / ICAA (Ministerio de Educación, Cultura e Deporte) / Media Desk Spain

Titulo orixinal: Celda 211
Tipo: Longametraxe
Xénero: Suspense
Coprodución
Realizada a cor
Duración: 100'
Orixe: Galicia
Ano: 2009
Idioma V.O.: Castelán
Dobrada: Galego (só para TVG e DVD)
Orzamento: 4.000.000 €
Recadación: 8.723.484 €
Porcentaxe subvencións: 0.075 %
Importe subvencións: 300.000 €

vIDEOS | VER todos os videos de Cela 211  (3)

Audio

Galería de imaxes | VER AS 10 fotos de Cela 211

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org