Dirección
Nome completo: Xosé Abad
Figueres (Xirona) 1956
Web propia
En 1979 inicia o seu labor como fotógrafo profesional, desevolvendo nun principio tres actividades: O xornalismo, traballando con diversas axencias e medios de comunicación; a fotografía artística, con traballos e exposicions individuais; e a fotografía publicitaria que ocupa grande parte da súa produción. No ano 1987 arranca a súa traxectorio no audiovisual con cinco programas para TVE en Galicia. Desde entón compaxina a súa actividade fotográfica coa audiovisual. En 1990 participou durante dous meses como foto-fixa en "Urxa", unha das primeiras longametraxes do cine galego contemporáneo.
Premios e recoñecementos: Premio Mestre Mateo 2004 á mellor produción de publicidade.
Formación específica: Autodidacta. En 1987 participou no taller de video Universidade Internacional Menéndez Pelayo, na Coruña.
FILMOGRAFÍA
- A pegada dos avós (2013)
- (m)2 (2009)
- O segredo da Frouxeira (2009)
- Isaac (2007)
- Uña de gato (2002)
- Monte Alén, paraíso salvado (2001)
- Murguía na memoria (2000)
- Asháninka. A recuperación dun territorio (1999)
- Asháninkas, en defensa do seu territorio (1998)
- Territorio Asháninka (1998)
- Gris púrpura (1991)
NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Xosé Abad (4)
Data: 9 / 4 / 2014
A pegada dos avós é premiado no Encontro Hispanoamericano de Cine Independiente
Data: 3 / 6 / 2013
Arrinca o I Festival de Cine e TV Camiño de Santiago
Data: 9 / 3 / 2009
Mulleres ao cadrado
Data: 30 / 10 / 2003
Dez documentais competirán na nova sección do VIII Festival de Cine Independente de Ourense