Achegamento ao sentido de humor e a clarividencia dun dos personaxes máis fértiles e relevantes da Galicia do noso tempo: Isaac Díaz Pardo. Merecedor de innumerables premios e recoñecementos, proxectou a creación dunha serie de empresas recuperadoras da memoria histórica de Galicia, convertidas logo en realidade, como a restauración do complexo de Sargadelos e o seu Seminario de investigación, o Museo Carlos Maside, Ediciós do Castro, Seminario de Estudos Galegos, Laboratorio de Industria e Comunicación, e o Instituto Galego de Información. Neste documental fala o propio Don Isaac e mais dúas ducias de personalidades máis. Estrea 28/9/07. Comercializado en DVD con audio en galego. Palmarés: Seleccionado para participar na sección competitiva da terceira edición do Festival Europeo de Cine e Televisión Memorimage (2008). |
Ficha artística
Dirección:
/
Xosé Abad
Entrevistado:
/
Isaac Díaz Pardo
Guionista:
/
Carlos Vázquez
Montaxe:
/
Sandra Sánchez
Produción:
/
Xosé Abad
Ficha técnica
Distribuidora
/
Biblos Clube de Lectores
/
EAF Producciones
/
Ignacio Benedeti Cinema S.L.
Emisión ou proxección
/
Televisión de Galicia (TVG)
Produtora
/
EAF Producciones
/
Televisión de Galicia (TVG)
Subvención ou axuda pública
/
Consellería de Cultura (Xunta de Galicia)
Titulo orixinal: Isaac
Tipo: Documental
Xénero: Biográfico
Produción propia
Realizada a cor
Duración: 55'
Orixe: Galicia
Ano: 2007
Idioma V.O.: Galego
Orzamento: 81.379 €
Porcentaxe subvencións: 14,74 %
Importe subvencións: 12.000 €
Capital Galego: 100 %