Evaristo Calvo / Actor

Evaristo Calvo

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Evaristo Calvo
Evaristo Calvo
Actor
Nome completo: Evaristo Calvo Valcárcel
A Coruña 1961   
Web propia



Director e autor teatral e actor de prolífica carreira. Comezou a súa actividade interpretativa a mediados dos 70 no teatro afeccionado coruñés, participando posteriormente en numerosos grupos. O dúo Mofa e Befa con Victor L. Mosqueira foi o que lle deu maior fama. No cine e TV de Galicia participa desde finais dos 80 en numerosos proxectos. A fins dos 90 colabora na serie de ficción “Manos a la obra” para Antena 3 Televisión. En cine realizou papeis variados tanto en curtas como en longametraxes.

Premios e recoñecementos: Premio AGAPI ’96 ao mellor actor co tándem “Mofa e Befa” (con Víctor Mosqueira) por "A gran liquidación". Este premio foi concedido ex aequo con R. Sánchez “Luna”.


Formación específica: Estudos na escola de Expresión Rítmica e Dramática Danthea. Ten asistido a seminarios e cursos de interpretación e arte dramático tanto en Galicia como no resto do Estado.

FILMOGRAFÍA

Videos | Ver 12 videos de Evaristo Calvo

Galería de imaxes | ver As 6 fotos de Evaristo Calvo

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Evaristo Calvo (18)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org