Camila Bossa / Actriz

Camila Bossa

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Camila Bossa
Camila Bossa
Actriz
Nome completo: Camila Bossa Pereira
Bogotá, Colombia 1973   



Actriz especialmente vencellada ao noso teatro e televisión, coprotagonizou moitas das máis coñecidas series e telefilmes que se realizaron en Galicia desde finais dos 90. Comezara no mundo da interpretación co grupo EIS de teatro universitario de Santiago. O seu papel de Belinda en Mareas Vivas supúxolle a popularización na pequena pantalla. Desde daquela tamén tén participado en diversas curtametraxes.

Premios e recoñecementos: Mellor actriz protagonista por A Mariñeira (Bragacine 2010). Mellor actriz secundaria por Matalobos (Mestre Mateo 2009). Mellor actriz protagonista por A Xinecóloga (Festival 13, Nova York 2008). Mellor actriz protagonista por A Xinecóloga (Festival corto In Sabina, Mompeo, Italia 2008). Mellor actriz secundaria por O ano da carracha (Mestre Mateo 2004). Premio Mestre Mateo 2011 (entregado en 2012) á Interpretación feminina de reparto, por Matalobos.


Formación específica: Entre outros, fixo cursos con profesionais como Paco Pino, Luís Gimeno, Eva Lesmes, Mariano Barroso, Coté Soler(interpretación en cine), Helena Pimenta, Andrés Lima, Martín Adjemián (teatro), Vicente de la Fuente, Ramón Bermejo (voz).

FILMOGRAFÍA

Videos | Ver 14 videos de Camila Bossa

Documentos

CV de Camila Bossa
Experiencia audiovisual e teatral desta actriz

Galería de imaxes | ver As 14 fotos de Camila Bossa

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Camila Bossa (18)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org