José María Besteiro / Produción

José María Besteiro

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 José María Besteiro
José María Besteiro
Produción
Nome completo: José María Besteiro Cabanas
Riotorto (Lugo) 1963   



Produtor televisivo, xestor de dereitos e xornalista especializado en audiovisual. Pertenceu ao equipo fundacional de Canal+ (1989-1994) como xefe de produción e director de musicais. En 1995 foi contratado polas multinacionais Time Warner e Bertelsmann para a súa división de canles temáticas latinoamericanas. Tamén traballou como consultor para Cisneros Television Group. De volta a Galicia foi director xeral da división audiovisual do Grupo Voz. Foi consellero delegado da empresa Planeta Ocio antes de se independizar coa creación da empresa de servizos televisivos Besteiro Servicios Audiovisuales (BS@). En 2006 fundou a empresa Distrivisión, canle de distribución de contidos para TDT. Despois sumaría outras tres canles para cubrir a demanda de programación de televisións locais e TDT: Locavision, Municipal.TV e Canal Finde. Tamén é distribuidor de series e programas a través da distribuidora TeleFicción.

Formación específica: Licenciado en Ciencias da Información pola Universidad Complutense de Madrid, cun Mestrado en Dirección e Produción de Radio e Televisión pola Boston University.

FILMOGRAFÍA

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de José María Besteiro (4)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org