Actor
Nome completo: Santiago Prego Cabeza
Vigo (Pontevedra) 1962
Web propia
Intérprete iniciado no teatro a finais dos oitenta, representou coa Escola Dramática Galega e con Ollomol Teatro Submariño e Ollomoltranvía, das que ademais foi cofundador. Desde 1990 participa en numerosas longametraxes de produción galega e foránea. En televisión, combina traballos na TVG (encarnou Lito en "Rías Baixas")con papeis en series das canles privadas españolas (“Compañeros”, “Hospital Central”), ademais de aparicións en programas de entretemento. Tamén ten experiencia en dirección de teatro, como narrador oral e como contacontos.
Premios e recoñecementos: Premio ao mellor actor nos festivais de curtametraxes de Alcalá de Henares e Zaragoza en 2001.
Formación específica: Cursos de interpretación con Ernesto Caballero, Antonio Fava e Philippe Gaulier. Participou en diversos proxectos da Escola de Imaxe e Son da Coruña con Antoni Chic Escola e Paco Pino. Asistiu a cursos de escritura de comedias e dirección de actores.
FILMOGRAFÍA
- Luci (2013)
- Piratas (2011)
- Os mortos van ás présas (2009)
- O Camiño (2009)
- Voltar á casa (2009)
- Baseado en feitos que... puideran ter acontecido (2006)
- Chapapote... ou non (2005)
- A vida que che espera (2004)
- Para que non me esquezas (2004)
- Máxima audiencia (2004)
- Ollos que non ven (2003)
- Cota vermella (2003)
- Autopsia (2003)
- Secuestrados en Xeorxia (2002)
- O lapis do carpinteiro (2002)
- Ilegal (2002)
- O rei da comedia (2002)
- O alquimista impaciente (2001)
- Entre bateas (2001)
- Terra de Miranda (2001)
- Jalisco (2001)
- Lena (2000)
- O río tén mans (2000)
- Galicia Exprés (2000)
- Sei quen es (1999)
- Rías Baixas (1999)
- Apaga a luz (1999)
- Décimo aniversario (1998)
- Mareas vivas (1998)
- A familia Pita (1997)
- Pratos combinados (1995)
- A metade da vida (1994)
- Aldán e Eva (1990)
- Procedemento A-3 (1988)
Videos | Ver 1 videos de Santi Prego
Galería de imaxes | ver As 3 fotos de Santi Prego
NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Santi Prego (11)
Data: 20 / 3 / 2023
'Matria' encara a súa estrea en cines co premio a María Vázquez en Málaga
Data: 23 / 5 / 2022
Dúas historias da costa vencen no XIX Festival de Cans
Data: 30 / 10 / 2020
O Festival Atlántica de narración oral retoma a súa programación interrompida pola pandemia
Data: 14 / 10 / 2020
O Festival Atlántica de Narración Oral retoma a súa edición interrumpida pola pandemia
Data: 23 / 9 / 2020
O CDG anuncia as tres coproducións previstas para esta temporada