Belén Montero / Dirección

Belén Montero

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Belén Montero
Belén Montero
Dirección

 1970   
Web propia



Cofundadora, creativa e socia da empresa Esferobite desde 1998, nela codirixe e coproduce con Juan Lesta. Ambos comparten o proxecto DSK de imaxes para a música e proxectos multidisciplinares. Realizou videoclips entre outros para Fangoria, Astrud e La buena vida. Produciu pezas de videocreación para o INJUVE, CGAC, Fundación Luís Seoane, Museo do Mar e Caixa Galicia, entre outros. Os seus traballos foron expostos en centros como o Musée Pompidou-Metz, CGAC, La Capella, Fundación Luís Seoane, Festival VideoLisboa e Kasseler dok fest. Pezas súas atópanse na colección do CGAC, Artium-Injuve, Deputación da Coruña e Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. Tamén ten experiencia docente no seu eido de especialización, traballando para escolas de deseño e facultades.

Formación específica: Licenciada en Historia da Arte pola Universitat Autònoma de Barcelona, especialidade en Xestión Cultural (2010). Técnica Especialista en Medios Audiovisuais e tamén en Operacións de Imaxe e Son polas escolas de Zamora e máis A Coruña, con dúas especialidades: montaxe e posproducción, realización e produción (1996).

FILMOGRAFÍA

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Belén Montero (7)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org