Novas | 551 a 560 de 4220

<< Anterior Siguiente >>

28/01/2022
A serie documental Os nomes da nosa terra explora as orixes de topónimos do país

A Secretaría Xeral de Política Lingüística presentaba este 27 de xaneiro a serie documental Os nomes da nosa terra. Xosé Antón Moure foi o guionista e realizador deste proxecto, que desenvolveu a Asociación Socio-Pedagóxica Galega ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo. Segundo explica a AS-PG, esta serie pretende "difundir nas redes sociais, a través dun formato audiovisual atractivo, os feitos e historias que orixinaron os nomes de aldeas, leiras ou corredoiras que compoñen algúns dos máis de dous millóns de topónimos de Galicia". . Amplía a nova>>

25/01/2022
Agadic convoca as axudas para paquetes de proxectos audiovisuais

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe as bases das axudas da Axencia Galega de Industrias Culturais para o "desenvolvemento de paquetes de propostas audiovisuais que favorezan a recuperación económica do sector". Esta liña de subvencións competitivas para produtora independentes que conta cun orzamento de 1,2 millóns de euros foi aprobada o pasado 29 de decembro polo Consello da Xunta e é a segunda liña de axudas do novo Hub Audiovisual Galego. As bases veñen especificar o obxecto ao que se dirixen, e que consiste nos conxuntos de entre tres e cinco proxectos audiovisuais sobre os que se realizarán as accións e tarefas de desenvolvemento previas á súa fase de produción, dentro do período subvencionable (2022-2023). . Amplía a nova>>

18/01/2022
O proxecto Agromantes integra psicodiversidade e audiovisual

O pasado 16 de xaneiro o Teatro Principal de Santiago acollía a presentación das seis curtametraxes do proxecto Agromantes. Gromos audiovisuais desde a psicodiversidade. Esta proposta coordinada pola cineasta Cora Peña pretende achegar en primeira persoa a experiencia de xente que enfronta problemas de saúde mental, sexa con producións desenvolvidas por elas mesmas ou co apoio da propia Peña.. Amplía a nova>>

11/01/2022
Aumentan as axudas para os festivais audiovisuais de asociacións

As axudas da administración autonómica á celebración de festivais audiovisuais manteñen a liña ascendente e sólida dos anteriores exercicios e volven medrar neste 2022. A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) ven de publicar hoxe no Diario oficial de Galicia unha nova convocatoria que incrementa a partida anterior en 10.000 euros, marcando un novo máximo de 210.000 euros para os eventos a celebrar neste ano. En concreto, o incremento vai dirixido a aqueles festivais audiovisuais organizados desde as asociacións, ás que van destinados 170.000 euros da partida (160.000 no pasado ano), repartíndose os outros 40.000 a partes iguais entre empresas e entidades locais. . Amplía a nova>>

30/12/2021
A saga literaria Dragal dá o salto á realidade aumentada

Dragal Challenge é o título do concurso que leva á realidade aumentada o universo fantasía creado por Elena Gallego Abad no que supón unha adaptación inédita na literatura galega. O proxecto desenvólvese no marco da plataforma de vídeo baixo demanda PetisGO! que desenvolveron R, cinfo, Sixtema, Xoia e Ficción Producciones con apoio de fondos europeos FEDER.. Amplía a nova>>

30/12/2021
O HUB audiovisual convoca axudas para a preprodución simultánea de proxectos

O Consello da Xunta aprobaba este 29 de decembro a convocatoria da segunda liña de axudas do Hub Audiovisual Galego. Dotadas con 1,2 millóns de euros, estas subvencións queren "posibilitar que as produtoras independentes poidan levar a cabo a preprodución simultánea de entre tres e cinco proxectos, de xeito que se impulse a solvencia do audiovisual galego e a súa capacidade para xerar contidos cunha alta viabilidade cara á súa posterior produción e distribución".. Amplía a nova>>

29/12/2021
O Goberno concede a Antón Reixa a Medalla de Ouro das Belas Artes

O Goberno do Estado acordou conceder a Antón Reixa unha das 31 Medallas de Ouro ao mérito na Belas Artes deste ano. O Consello de Ministros reunido onte aprobou a proposta de nomes levada polo Ministro de Cultura e Deporte, Miquel Iceta, para estas condecoracións e entre as 31 personalidades distinguidas está o creador galego. O galardón distingue ás persoas e entidades que destacaran no eido da creación artística e cultural ou prestaran notorios servicios no fomento, desenvolvemento ou difusión da arte e a cultura ou na conservación do patrimonio artístico. O artista galego ve recoñecidos os méritos da súa múltiple actividade artística ao longo da súa traxectoria, como escritor, músico, poeta, guionista, produtor e director de cine. Na súa resolución o Consello de Ministros, enumera as múltiples facetas de Antón Reixa (Vigo, 1957), destacado o seu liderado da banda 'Os Resentidos' (que o Goberno dá por desaparecida en 1994, malia ter sacado un disco neste 2021). Tamén destaca a creación e dirección da serie 'Mareas vivas', que se considera un dos fitos televisivos na canle TVG. A resolución considera a longametraxe 'El lápiz del carpintero', baseada na novela de Manuel Rivas, é o proxecto máis ambicioso de Reixa ata o momento. . Amplía a nova>>

20/12/2021
'Eles transportan a morte' gaña a sección oficial de Novos Cinemas

Despois de seis días nos que o festival Novos Cinemas de Pontevedra proxectou 24 películas de máis dunha vintena de cineastas emerxentes, o festival fai públicos os premios da súa sexta edición. 'Eles transportan a morte', de Helena Girón e Samuel M. Delgado, faise co Premio Novos Cinemas á Mellor Longametraxe da Sección Oficial, o Xurado novo outórgalle o Premio á Mellor Dirección da Sección Oficial a 'Clara Sola', de Nathalie Álvarez Mesen. O Xurado da Crítica seleccionou a película 'Re Granchio', de Alessio Rigo de Righi e Matteo Zoppis, e o premio Latexos deste ano é '918 Gau', de Arantza Santesteban. A favorita do público foi 'Rendir los machos', de David Pantaleón.. Amplía a nova>>

15/12/2021
A Filmoteca de Galicia renova as súas instalacións de exhibición

A Filmoteca de Galicia, anteriormente coñecida como Centro galgo de Artes da Imaxe, será obxecto dunha renovación na súa sede coruñesa, dirixida á mellora do equipamento de proxección e as instalacións de sala. A Consellería de Cultura, Educación e Universidade ven de anunciar o investimento de máis de 110.000 euros neste proxecto de modernización das instalacións, que redundará nunha mellora das condicións de uso tanto por parte do público como do persoal da cinemateca. Tras destas obras, que se acometerán en dúas fases, a Filmoteca de Galicia retomará a súa programación de proxeccións. Esta entidade de conservación e difusión do patrimonio audiovisual segue arestora sen ter cuberto o posto de dirección desde a xubilación do recentemente falecido Guillermo Escrigas en 2019.. Amplía a nova>>

10/12/2021
Paula Mariñas faise co III Premio Daniel Domínguez de guión en galego

O guión A illa da morte, escrito por Paula Mariñas, foi seleccionado como gañador do III Premio Daniel Domínguez de guión en galego. O galardón que está organizado pola Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG), co apoio de Fundación SGAE e a colaboración de Filmarket Hub, recoñece guións orixinais e inéditos escritos en lingua galega para longametraxes de ficción.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org