12/08/2003
Comezan as rodaxes do filme “La promesa” e da serie “Paisajes y personajes inéditos”
O pazo de Torrecedeira, en Redondela, acolle desde onte a rodaxe de “La promesa”, un filme de Héctor Carré que ten coma protagonista a Carmen Maura. Tamén durante este mes se está a desprazar por Galicia o equipo da serie “Paisajes y personajes inéditos”, unha producción de cincuenta e dous capítulos que pretende retratar tipos e lugares curiosos de todo o Estado.
Máis información no Faro de Vigo e na edición de hoxe de Atlántico Diario
.
Amplía a nova>>
11/08/2003
Filmax anuncia que centralizará en Galicia as súas produccións de animación mentres o sector audiovisual quere unha nova canle da TVG
A productora Filmax anunciou que pretende centralizar en Galicia a súa producción de animación a través da empresa filial Bren Entertaiment. Ademais, asegurou que ampliará as actividades desta empresa cara o campo dos videoxogos. Por outra banda, a Academia Galega do Audiovisual reclamou a necesidade de que a TVG cre unha nova canle e prometeu iniciar contactos neste sentido.
Máis información en La Voz de Galicia sobre Filmax; sobre a situación do sector audiovisual
.
Amplía a nova>>
05/08/2003
Comeza na Fonsagrada a rodaxe do filme sobre Manuel Blanco Romasanta, o lobishome de Allariz
A Fonsagrada, en Lugo, acolle os últimos preparativos para a rodaxe da película “Romasanta, a caza da besta” que comezará o vindeiro día doce. O filme, baseado nunha novela de Alfredo Conde, será dirixido por Paco Plaza e protagonizado por Elsa Pataky e Julian. Sands. En paralelo a productora Filmax está a traballar na gravación dun documental sobre Manuel Blanco Romasanta, o home que aterrorizou o país a mediados dos anos cincuenta cos seus asasinatos, segundo a trdición, cometidos coma lobishome.
Máis información en El Correo Gallego e no web de Filmax
.
Amplía a nova>>
31/07/2003
Francisco Campos considera a importancia da internacionalización do audiovisual
Abrirse a acordos, alianzas e mercados internacionais. Eses han de ser, segundo Francisco Campos, os retos do audiovisual galego máis inmediatos. O director xeral da Compañía de Radio Televisión de Galicia aproveitou a súa presencia no cursos de verán da Fundación Alfredo Brañas para destacar as tendencias actuais da televisión e anunciar que a TVG traballa na producción de tres novas series de ficción e que participará na coproducción de 10 longametraxes nos vindeiros dous anos.
Máis información en
El Correo Gallego
. Amplía a nova>>
30/07/2003
Rosalía Mera crea unha productora para a producción e exhibición cinematográfica
O audiovisual galego acaba de recibir cos brazos abertos a unha nova productora. Trátase de Milou Films e a promotora é Rosalía Mera a través da súa sociedade de investimentos Rosp Corunna Participacións Empresariais. Rosalía Mera investiu neste proxecto seis millóns de euros e sentará os seus piares en dous apartados: a producción e a exhibición.
Máis información en
La Voz de Galicia
. Amplía a nova>>
28/07/2003
Conferencias, coloquios, proxeccións e mesas redondas enchen a Semana Internacional de Cine de Betanzos
Manuel Gutiérrez Aragón mantén unha relación profunda con Galicia alimentada a base de filmes e de visitas. A última ligazón comeza hoxe coa Semana Internacional de Cine de Betanzos que comeza hoxe e na que se analizará a súa vida e obra. E farase cun programa monográfico de conferencias e coloquios que completará a proxección dos seus filmes no Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) na Coruña.
Máis información en Cine por la Red
. Amplía a nova>>
23/07/2003
Juan Pinzás presentará “Días de voda” en Los Ángeles, São Paulo e San Francisco
O audiovisual galego está de moda por todos lados. Para empezar, mañá comeza a aventura americana do director Juan Pinzás, que presentará “Días de voda” na sección oficial de competición do Latino International Film Festival. Continuamos con Curtas 03, o programa do Consorcio do Audiovisual destinado á promoción da curtametraxe galega, porque xa se coñece a lista de traballos seleccionados. Once curtas formarán o Catálogo 1, que se empregará en Galicia. E catro deses traballos representarán a Galicia nos festivais e foros nacionais e internacionais más importantes. E rematamos con Pedro Almodóvar que en breve chegará ao Barbanza para filmar escenas de “A mala educación”, a súa próxima película.
Máis información sobre Juan Pinzas en El Correo Gallego; a listaxe de gañadores do programa Curtas 03 en Cine por la Red e sobre o filme de Pedro Almodóvar en La Voz de Galicia
. Amplía a nova>>
18/07/2003
Sae a primeira promoción da Escola Galega de Cine (EGACI) de Vigo
Hoxe chega ás carteleiras unha nova producción. Trátase de “O regalo de Silvia” coproducida por Lorelai e que conta coa participación dos actores galegos Luís Tosar ou Adriana Domínguez. E o audiovisual ten tamén outras nomes, son os dos trece mozos que afrontan os seus traballos de fin de carreira para graduarse na Escola Galega de Cine (EGACI) de Vigo. Son a primeira promoción que obterán o título homologado pola escola Internacional de Cine e Televisión de San Antonio de los Baños de Cuba (EICTV) que se especializarán en dirección, foto, son e producción.
Máis información sobre “O regalo de Silvia” enAVG de culturagalega.org e sobre os graduados da EGACI no Faro de Vigo
. Amplía a nova>>
16/07/2003
“O soño dunha noite de San Xoán” é a producción audiovisual máis subvencionada pola Administración autonómica no 2003
“O soño dunha noite de San Xoán”, unha longametraxe en 3D que está a realizar Dygra Films, é a producción galega en desenvolvemento máis apoiada pola Administración autonómica, cun total de 595.000 euros no 2003 e 2004, segundo a resolución das axudas á producción audiovisual da Consellería de Cultura publicadas o venres no Diario Oficial de Galicia. Outras produccións subvencionadas serán “O club do bosque”, con 165.000 euros, tamén de Dygra, “Caso de corte” (150.000 euros) e "Pasarela na brétema" (120.000), ambas as dúas de Filmanova. No caso de proxectos de producción, a Xunta valorou especialmente o proxecto “Turionitas, perdidos na terra”, de Kmedia Conocimiento y Multimedia, con 62.500 euros. Filmanova, Galicia Media, Continental, Dygra e Pórtico de Comunicaciones foron as productoras con máis proxectos de producción subvencionados.
Máis información en
Cine por la red; resolución no Diario Oficial de Galicia; productoras con ficha en AVG
. Amplía a nova>>
10/07/2003
Carmen Maura é a última actriz que se incorpora ás rodaxes en Galicia
Amenábar e Bardem están estes días no Son para rodar “Mar adentro”, o filme que recollerá a vida de Ramón Sampedro. E, en menos de quince días, chegará Carmen Maura para poñerse nas mans do director galego Héctor Carré en “A promesa”, que se gravará en San Andrés de Teixido, Cariño e Santiago. Pero non son os únicos, Jose Luís Cuerda estudia repetir experiencia en Galicia co seu último proxecto, “El hereje”.
Máis información en
El Correo Gallego
. Amplía a nova>>