Novas | 4121 a 4130 de 4285

<< Anterior Siguiente >>

17/09/2003
O PSOE únese agora ás críticas á xestión do Festival de Cine de Ourense

A semana pasada o BNG cualificaba de “nefasta” a xestión do Festival de Cine de Ourense. Hoxe, o último en sumarse ás críticas é o grupo provincial do PSOE, que anunciou na comisión informativa de Cultura constituída onte a súa oposición a que a Deputación habilite 60.000 euros para facer fronte á débeda do organismo provincial.

Máis información en La Voz de Galicia . Amplía a nova>>

16/09/2003
Pedro Almodóvar e Jorge Coira inician as rodaxes dos seus últimos proxectos

Os habitantes de Noia e de Lugo estaban onte moi pendentes do “Silencio, estase a rodar”, porque ambas as localidades convertéronse en improvisados escenarios de películas. En Noia, Pedro Almodóvar rodaba co máis estricto receo, como é habitual nos seus proxectos, "A mala educación". E, pola súa parte, en Lugo, Jorge Coira comezaba a gravar "O ano da carracha". A película é unha coproducción de Filmanova (dirixida por Antón Reixa) e Lugopress (responsabilidade de José de Cora).

Máis información sobre "A mala educación" no Faro de Vigo e sobre "O ano da carracha" na edición de hoxe de El Progreso . Amplía a nova>>

10/09/2003
Luís Tosar é o protagonista na Semana de Cine de Autor de Lugo

A 25 edición da Semana de Cine de Autor de Lugo ten un nome propio. É Luís Tosar ao que se lle dedica un ciclo en que se proxectarán algunhas das longametraxes en que ten participado. A cita será en Lugo do 21 ou 27 deste mes. E en Ourense, cando se están ultimando os preparativos do seu Festival de Cine Independente, a formación nacionalista da cidade das Burgas, denunciou o “gasto innecesario e excesivo” do festival, do que cualificou que ten unha xestión nefasta.

Máis información sobre a Semana de Cine de Autor de Lugo en El Progreso e sobre as críticas do BNG ao festival de Ourense en Galicia Hoxe . Amplía a nova>>

09/09/2003
Jorge Coira presenta a rodaxe dunha comedia sobre os mozos que será a súa primeira longametraxe

Un día de copas o director lucense Jorge Coira comezou a falar cuns amigos sobre a situación dos mozos actuais que viven cos pais eternamente. E de aí saíu o xermolo da súa primeira longametraxe. Titúlase “O ano da carracha” e é unha comedia que fala dunha xeración de fillos que viven cos seus pais. Comezarase a rodar o luns en Lugo, para evitar rodar sempre nas mesmas cidades. Trátase dunha producción de Filmanova e LugoPress que se distribuirá en galego e castelán.

Máis información en La Voz de Galicia e no web de Filmanova . Amplía a nova>>

04/09/2003
Unha curta de Lúa Films gaña o concurso de Curtametraxes Galicia Portugal

Hai uns días a Federación de Cineclubes deu a coñecer a “Bobo furcia” como mellor curtametraxe cinematográfica no II Concurso de Curtametraxes Galicia-Portugal. E no formato vídeo acaba de recoñecer a curta “Good night, mon ami” da productora coruñesa Lúa Films. O premio está dotado con 1000 euros e entregouse na Semana de Cine do Barco de Valdeorras.

Máis información sobre o premio de “Bobo Furcia” en Culturagalega.org e sobre Lúa Films no seu web . Amplía a nova>>

26/08/2003
Compostela acolle a rodaxe dun documental sobre o Camiño de Santiago mentres “Bobo Furcia” faise cun premio de curtas

O escritor Fernando Sánchez Dragó está estes días en Compostela participando como presentador na rodaxe do documental “Camino de Santiago, el origen”. Esta producción, dirixida por Jorge Algora, conta cun calendario de rodaxe de cinco semanas, e agárdase a súa estrea para o vindeiro mes de decembro. Pola súa banda, a curtametraxe “Bobo Furcia” recibiu onte o premio á mellor curta de cine no II concurso de Curtametraxes e Guións Galicia-Portugal que organiza a Federación de Cineclubes.

Máis información en El Correo Gallego sobre o documental

. Amplía a nova>>

20/08/2003
O Concello de Poio creará un museo na suposta casa natal de Cristóbal Colón

A casa na que algúns historiadores pensan que naceu Cristóbal Colón, no concello pontevedrés de Poio, será transformada nun museo. O goberno local pretende aproveitar fondos do plan Proder para restaurar as ruínas do edificio e instalar no seu interior unha pequena mostra permanente que apoie a teoría da orixe galega do navegante. O proxecto prevé tamén que parte da casa se dedique a reflectir a importancia que tivo para Galicia a emigración cara a América.

Máis información en La Voz de Galicia

. Amplía a nova>>

18/08/2003
Os galegos gastan pouco en cultura segundo o anuario da Sociedade Xeral de Autores e Editores

Unha media de cincuenta céntimos é o que gasta un galego ao ano en ir ao teatro, mentres que só visita o cine algo mais de dúas veces nos mesmo período. Estes datos forman parte do “Anuario 2003 de las Artes Escéncias, Musicais y Audiovisuais” que publica a Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE). Este mesmo estudio sinala que a asistencia a espectáculos de danza se reduciu á metade durante desde 1999, e que unhas cincuenta e nove mil persoas menos asistiron a espectáculos de teatro afeccionado no noso país. Por outra banda, Galicia mantense coma unha das comunidades cun menor consumo televisivo en todo o estado, cunha media de 191 minutos.

Máis información no Web do anuario

. Amplía a nova>>

13/08/2003
A Xunta afirma que as visitas a Galicia se manteñen mentres a oposición denuncia un acusado descenso

A afluencia turística a Galicia está a manterse este verán a “niveis semellantes” aos do ano paso, segundo sinalou onte a Dirección Xeral de Turismo. Aínda que este organismo recoñece que a porcentaxe de ocupación hostaleira é menor, aponlle esta diminución á existencia de máis prazas de aloxamento no 2003. Pola súa banda, desde o PSdeG afirman que no mes de xullo a ocupación non superou o cincuenta por cento e reclámanlle ao goberno que abandone a “política de propaganda e falsa euforia” que, segundo eles, está a desenvolver.

Máis información en Galicia Hoxe e en Vieiros

. Amplía a nova>>

13/08/2003
Porto acollerá en xaneiro o I Encontro Luso-Galaico de Animación

Un acordo entre representantes do sector audiovisual galego e os seus homónimos portugueses acaba de pór en marcha o I Encontro Luso-Galaico de Animación. Este encontro, que se celebrará en Porto os día dezaseis e dezasete de xaneiro pretende ser un punto de encontro e de debate para os profesionais do sector das dúas bandas do Miño e abrir pontes de colaboración. O programa inclúe varias mesas redondas sobre a situación da animación en Galicia e en Portugal e sesións de presentación de novos filmes e proxectos.

Máis información no Cine por la Red

. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org