Novas | 3901 a 3910 de 4285

<< Anterior Siguiente >>

22/12/2004
A Consellaría de Innovación apoia o desenvolvemento dunha aplicación informática para a xestión das producións audiovisuais

Avlink vai ser un invento de cine. Trátase dunha aplicación informática para levar ao día os datos económicos, a fase de preprodución, o control do laboratorio, un dosier de vendas ou xestionar a rodaxe e controlar as localización Un producto para maximizar a xestión das diferentes fases da creación audiovisual que desenvolve unha firma viguesa co apoio da Consellaría de Innovación. A aplicación vaise desenvolver

Máis información en El Correo Gallego

. Amplía a nova>>

21/12/2004
A Televisión Galega investirá cinco millón de euros na produción de cine en 2005

Dúas novas series, "Cuarto sen ascensor" e "Libro de familia", serán as novidades máis inmediatas da produción propia na Televisión de Galicia. Alén diso, o Xabarín convertirase na imaxe de marca da segunda canle autonómica. Estas novidades coñecíanse na presentación do Plan de Produción da entidade, que prevé investir cinco millóns de euros en novas creacións audiovisuais. No último ano aprobáronse trinta proxectos, dos que sete foron películas. Mentres, a Fundación Vía Galego e o colectivo Fala Ceibe do Bierzo acaban de iniciar unha campaña reclamando que a televisión autonómica preste atención á realidade do Bierzo.

Máis información sobre a campaña berciana en Galicia Hoxe

. Amplía a nova>>

21/12/2004
Peter Mullan, Daniel Brühl e Luís Tosar protagonizan a última longametraxe de Vaca Films

Avanzárono no Festival de Cine de Ourense e pouco a pouco imos sabendo máis dos seus proxectos. A produtora coruñesa Vaca Films acaba de confirmar que Peter Mullan (que ten participado en películas como “O meu nome é Joe” de Ken Loach), Daniel Brühl (que tivo o recoñecemento pola película “Good Bye Lennin”) e Luís Tosar traballarán xuntos na longametraxe “Cargo”. Trátase dun thriller psicolóxico que estará dirixido por Clive Gordon e cun guión de Paul Laberty (guionista de varias películas de Kean Loach).

Máis información nas fichas de Cargo e de ficha. Amplía a nova>>

21/12/2004
Un ciclo homenaxea en Ferrol a Figura de Andrés Dobarro

O mércores 22 de decembro ás 20:00 a galería Sargadelos de Ferrol acollerá unha mesa redonda para falar do músico Andrés Dobarro. Andrea Lapique, filla do cantante; Xavier Alcalá, que foi amigo e letrista; Nonito Pereira, crítico musical e o realizador Anxo Fernández serán os encargados de recordar ao artista aos quince anos do seu pasamento. É un dos actos de "Saudade de ti", nome co que unha comisión organizadora quere recuperar a efeméride.

Máis información neste web

. Amplía a nova>>

20/12/2004
A segunda canle da Televisión de Galicia especializarase no público novo e no cinema

A Televisión de Galicia terá a partir de finais do 2005 unha segunda canle. Na TVG 2 veremos contidos dedicados aos nenos e á xuventude, ao cinema en galego e en versión orixinal subtitulada. Esta segunda canle comezará a emitir con tecnoloxía dixital a finais do 2005 presentarase o 25 de xullo do vindeiro ano. Estas novidades fíxoas públicas Francisco Campos, director xeral da CRTVG, no transcurso da xornada de clausura do II Congreso Galego do Audiovisual.

Máis información en Galicia Hoxe

. Amplía a nova>>

17/12/2004
O Xabarín Club celebra os seus dez anos coa publicación dun disco e dun DVD que escolman a produción musical do programa

Son xa os volumes seis e sete, respectivamente da serie "A cantar con Xabarín". O veterano programa da galega, que está a facer este ano o seu décimo aniversario, pon a disposición do público, a través dos quioscos e conxuntamente con "La Voz de Galicia" un CD cos grandes éxitos musicais que xurdiron deste programa. Alén diso, un DVD presenta a totalidade dos vídeos musicais realizados no espazo, polo que pasaron a maior parte dos grupos galegos de pop rock de mediados dos anos noventa.

Máis información en La Voz de Galicia; o noso tema sobre o Xabarín

. Amplía a nova>>

17/12/2004
O audiovisual como reflexo da situación cultural centra a segunda xornada do II Congreso Galego do Audiovisual

O primeiro día o II Congreso do audiovisual centrouse na necesidade de resistir ante o embate cinematográfico e mercadotécnico americano. A xornada de hoxe amosará como facelo: producindo e distribuíndo un audiovisual que sirva de canle de expresión dos elementos identitarios. A preservación do patrimonio audiovisual, a súa recuperación para a posterior posta en valor son algúns dos temas que se abordarán nas sesións das comunicacións. Ademais, no denso programa hoxe tamén hai sitio para a presentación do "Libro branco do Audiovisual" e máis proxecións.

Máis información no web da Academia Galega do Audiovisual

. Amplía a nova>>

16/12/2004
116 artistas ourensás compoñen o primeiro museo virtual

O Centro Cultural da Deputación de Ourense, o Centro de Computación Gráfico Portugués, Vilanova de Cerveira e a Universidade Sur traballan xuntas da man para colgar a arte ourensá na rede. De momento o sitio web está en fase de probas, pero nel pódense ver até dez obras de 116 artistas ourensás. O museo virtual, o desenvolvemento de actividades culturais tanto individuais como conxuntas, así como o equipamento e dotación das novas tecnoloxías forman parte do programa europeo Interreg.

Consulta o Museo Virtual

. Amplía a nova>>

16/12/2004
As estratexias, as diferencias entre cinema e televisión e a exhibición dos últimos traballo abren o II Congreso do Audiovisual

Os guionistas, os escritores e maior liberdade para os actores son algúns dos puntos fortes que o cineasta Stephen Frears destacou na clase maxistral coa que inaugurou o II Congreso Galego do Audiovisual. Unha sesión na que recomendou que para vencer a presión do audiovisual americano cómpre “corazón e moita imaxinación”. As xornadas continuarán esta tarde coa proxección de producións galegas e con mesas de debate nas que se comparará o modelo audiovisual español con outros europeos (na produción e na exhibición), con comunicacións sobre os dereitos de propiedade dos actores e cun debate sobre perfís profesonais. Ademais, dentro do programa a Sala Capitol acollerá a presentación do videoxogo “O Templo”.

Máis información no web da Academia Galega do Audiovisual

. Amplía a nova>>

15/12/2004
Os produtores galegos únense para optar a unha das canles da televisión dixital terrestre

O anuncio de Xesús Pérez Varela da creación de 84 novas cadeas televisivas (catro autonómicas e o resto de carácter local) continúa suscitando reaccións. A última a dos produtores galegos que onte anunciaron que se asociarán coas entidades financeiras e contratarán os servizos de expertos na xestión das novas tecnoloxías para optar ás dúas canles autonómicas (dúas resérvanse para a TVG). O anuncio fíxoo Pancho Casal na clausura das xornadas I+P de exposición de proxectos organizados polo Clúster, no que se presentaron numerosos proxectos.

Máis información en La Voz de Galicia e en El Ideal Gallego

. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org