Novas | 3891 a 3900 de 4285

<< Anterior Siguiente >>

31/01/2005
Mabel Rivera, Tamar Novas, Celso Bugallo e Filmax fanse con galardóns na gala dos Goya

A gala na que se entregaron os premios Goya tivo este ano un forte acento galego. Entre as catorce estatuas que levou “Mar adentro”, inspirada na vida de Ramón Sampedro, Mabel Rivera e Celso Bugallo conseguiron os premios ás mellores interpretacións de reparto feminina e masculina, respectivamente. Mentres, o seu compañeiro no filme Tamar Novas foi elixido actor revelación. Finalmente Julio Fernández, presidente da produtora Filmax, recolleu o premio ao mellor filme de animación por “P3K Pinocho 3000”.

Máis información en La Voz de Galicia; en El Correo Gallego; en La Opinión; no noso tema sobre esta edición e en AVG

. Amplía a nova>>

28/01/2005
A Academia Galega do Audiovisual leva ata Vigo a gala dos Mestre Mateo

Lugar: Centro Cultural Caixanova, Vigo. Data: 20 de marzo. A Academia Galega do Audiovisual vén de anunciar que a gala de entrega dos seus premios Mestre Mateo 04 se celebrará, por primeira vez, en Vigo. Non é a única novidade desta edición xa que serán os membros da Academia os que deberán decidir entre as 89 producións presentadas por 33 empresas e que optan ás 25 categorías dos galardóns.

Máis información no web da Academia Galega do Audiovisual

. Amplía a nova>>

26/01/2005
A galega Mara Collazo candidata ao Óscar pola maquillaxe de Mar Adentro

A historia de Ramón Sampedro chega a Hollywood pola porta grande. O filme dirixido por Alejandro Amenábar é candidato aos premios da academia por partida doble: como mellor filme estranxeiro e como mellor maquillaxe. Foi esta última a candidatura máis inesperada e que levará a unha galega, Mara Collazo, á alfombra vermella pola que se paseará o máis destacado da cinematografía mundial. Aínda que o nome de Mara non figura na web da academia americana é unha dos catro maquilladores de “Mar adentro” que contan co convite para asitir á gala que terá lugar o 27 de febreiro.

Máis información en La Voz de Galicia e sobre Mara Collazo na súa ficha en AVG

. Amplía a nova>>

24/01/2005
O Consello da Cultura divulga con carteis e unha serie documental a obra de arquitectos contemporáneos

Xosé Bar Boo, Alejandro de la Sota, Rafael Baltar Tojo, Cesar Portela e Iago Seara son algúns dos nomes que forman parte de “Arquitectos galegos”, unha colección de carteis cos que a Sección de Arquitectura do Consello da Cultura Galega pretende achegar o traballo dos arquitectos galegos contemporáneos. E para cumplir co seu obxectivo encargoulle a Eloi Lozando unha serie de trece documentais cos que afonda no patrimonio arquitectónico máis recente. A serie emitirase nos vindeiros meses en Televisión de Galicia.

Máis información no web do Consello da Cultura

. Amplía a nova>>

21/01/2005
Un filme de Patricia Ferreira fóra de concurso e unha coprodución galego-alemá compoñen a presenza galega na Berlinale

Galicia estará representada no Festival de Cine de Berlín a través de dúas producións. Mentres o filme “Para que non me esquezas” de Patricia Ferreira proxectarse fóra de concurso, a coprodución galego-alemá “One Day in Europe”, dirixida por Hannees Stör, competirá con outras dezanove películas na sección oficial. Mentres a primeira delas foi producida integramente por Continental, na segunda participa Filmanova.

Máis información en Galicia Hoxe e en La Voz de Galicia

. Amplía a nova>>

18/01/2005
Os membros da Academia Galega do Audiovisual decidirán os Mestre Mateo 2004

Profesionais, televisións, escolas, produtoras... todos os que realizaron unha produción audiovisual puideron presentarse aos “Mestre Mateo 04”. Así figuraban nas bases dun certame que decidirán os Membros da Academia Galega do Audiovisual. Os académicos substitúen así ao tradicional xurado que este ano incorporará aos criterios xa establecidos, o idioma orixinal da produción para decidir se é ou non galega. Polo demais, o número de candidaturas continúa a ser de 25, con cambios nos nomes das candidaturas (a mellor produción multimedia pasa a ser a mellor produción interactiva). Agora os académicos teñen ata o 15 para decidir aos candidatos entre os presentados, e ata o 8 de febreiro para escoller aos finalistas. Os vencedores saberanse o día 13 de marzo no transcurso dunha gala.

Máis información no web da Academia Galega do Audiovisual

. Amplía a nova>>

14/01/2005
Cine e mesas de debate centran a semana de cine arxentino que se celebra en Compostela

Logo de que Bos Aires acollera en decembro de 2003 unha “Semana de cine galego” chega o momento de darlle a volta. Isto será do 21 ao 23 de xaneiro cando se celebre a “Semana de cine Arxentino en Galicia”. A iniciativa, que se enmarca dentro do plan de internacionalización do audiovisual galego, acolle un ciclo de cine no que se proxectarán peliculas arxentinas non estreadas no noso país. Ademáis, productores e realizadores catalanes, arxentinos e galegos conversarán, en diferentes mesas redondas e encontros sectoriais, sobre as necesidades de coprodución. Unha actividade que coordina o Consorcio Audiovisual de Galicia.

Máis información no web do Consorcio

. Amplía a nova>>

14/01/2005
“A promesa” competirá no Festival de Cine Fantástico de Oporto

Do 27 de febreiro ata o 7 de Marzo Oporto acollerá unha nova edición do xa clásico Festival de Cine Fantástico. Onte, o director do festival avanzaba algunhas das novedades da que será a súa 25 edición. Entre elas destaca a presenza, en sección competitiva, da película do coruñés Héctor Carré “A promesa”.

Máis información no web do festival e a ficha de A Promesa

. Amplía a nova>>

12/01/2005
Jose Luís Guerín impartirá no CGAC un obradoiro de cine

O CGAC comeza o ano falando do cine de Jose Luís Guerrín. Por unha banda porque organiza un ciclo de cine que dirixe o profesor da USC, Luís Hueso e que se celebra desde o luns 17 ata o venres 21. E pola outra porque o propio realizador catalá estará aquí para impartir un taller de tipo práctico restrinxido a 20 persoas. Os que queiran asistir deberán enviar un currículo, preencher a solicitude e achegar un escrito xustificando as causas polas que queren facer o obradoiro.

Máis información no web do CGAC

. Amplía a nova>>

05/01/2005
A Xunta convoca as axudas á produción audiovisual en galego para o ano entrante

A Consellaría de Cultura destinará este ano máis de tres millóns novecentos mil e euros a subsidiar proxectos audiovisuais que se desenvolvan, cando menos parcialmente, no noso país. Segundo recolle o Diario Oficial do pasado venres trinta e un de decembro, os filmes terán que estar no noso idioma e deberán contar coa participación de produtoras galegas.

Máis información no web da Consellaría de Cultura

. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org